Hoxe é 31 de Marzo. Nun principio non deixa de ser un día normal, fin de mes e vispera do 1º de Abril, que como se adoita dicir "van os burros onde non deben ir", ou sexa coidadiño coas bromas. Pero aparte disto nesta data ó longo da historia sucederon algúns acontecimentos que vos paso a relatar:
1889 Inauguración da Torre Eiffel en París.
1948 Aprobación en Estados Unidos do chamado Plan Marshall.
1970 Despóis de 12 años, o satélite Explorer 1 entra na atmósfera terrestre.
1989 O Comité Central da OLP proclama a Yasir Arafat presidente de Palestina por unanimidade.
1991 Disolución do Pacto de Varsovia.
1992 Boris Yeltsin firma en Moscú o Tratado da Federación con 18 repúblicas rusas.
En canto a nacementos, estes son algúns casos dos que viñeron ó mundo nesa data:
1596 René Descartes, matemático francés.
1675 Papa Benedicto XIV
1948 Al Gore, vicepresidente de los EE.UU.
Se algo me chocou desta búsqueda, foron dous datos; o primeiro que o 31 de Marzo de 1969 remataba a "polémica" lúa de mel de Yoko Ono e John Lennon, que como motivo de protesta contra a guerra de Vietnan, e aproveitando o seu tirón mediático, estiveron unha semana nun hotel de Amsterdam, sin saír da habitación e rodeados de fotógrafos que acudían en masa a inmortalizar a causa.
O segundo caso, foi que ningunha páxina ou medio fai referencia a que o 31 de Marzo de 1969 víu a este mundo un servidor, ou sexa Carlos Sousa. E para que quede constancia deixo aquí unha fotiños de hai uns poucos de anos:
Esta primeira para que me vexades tal cual vin, a boneca sen comentarios,
Esta foi de cando me bautizaron, según me contaron foi nunha igrexia sin santos. De aí debe vir a miña tremenda devoción.
Nun parque co meu caldeiriño e a miña pala, que tempos,
E este sábado xogando o partido, que por certo gañamos (a veces pasa iso), dubo ser a última que me sacaron pertencendo aínda ó grupo dos trintañeros, agora seica xa formo parte dos cuarentóns:
Que lle vamos facer, eu síntome ben, agora terei que poñerme a meta de seguir xogando ata chegar ós cincuenta. Será posible? Miñas dúbidas teño.
martes, 31 de marzo de 2009
31 de Marzo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
22 comentarios:
¡Parabéns Carlos! :-)
Xa é 1° de abril en Galicia ;-)
Non che fagas problema: os medios non sempre reflicten as cousas importantes jajaja
Se ti es vello, qué podo dicir eu que cando ti naciches era un rapaz de nove anos...
Unha aperta.
Antón.
Ufff! que non é 1° de abril, é 31 de marzo, o teu día.
Perdoa o erro, é a idade... ;-)
Antón.
Moitas felicidades Carlos.... entón hoxe toca larpeirada, Caberánche tantas velas na tarta, jejeje... é broma, xa sabes que te quero moito.
Espero que dentro de vinte anos, cando o Areas F.S ascenda, e cando xa por fin saia o teu cumpreanos nos medios, polo feito de seres un blogueiro famoso vaiamos por fin a sacar esas fotos ó castro de troña.
Pois iso meu, acompáñote no sentimento (xa me caerán a min).
Un bico enorme. O regalo xo teño envolto, agora so falta poñerlle o laciño, jejeje.
Inda estou pensando eu como Yoko Ono... ... ...
Así que hoxe fas 40 aniños, pois ¡parabéns! e que veñan como mínimo outros tantos de camiño.
Apertas.
Espero que disfrutes dos cuarenta porque recordo que cando te coñecín me dixéches que ti non querías durar moito e que non te importaría morrer con 40 e poucos. Espero ,de todos modos, que non sexa así e poidas disfrutas de moitísimos máis. Invita a comer a familia que no fondo é quen te atura. Este ano non hai sms, asique confórmate con isto. Bicos e besos e a ghosar...
Espero que teñas un bo dia e que traballes pouco pa que che queden forzas pa noite de jarana,por que os 39+1 solo se cumplen unha vez.
teño unha duda na foto do bautismo ,¿son teus abos?
A mayoria cando somos rapaces queremos ser mayores pa ter libertade e mais ,e cando xa somos ,gustarianos volver a empezar pa poder cambiar alguas coisiñas,pero va ser que no.
O FEITO PEITO
PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA
Cando poidas mandame un sms pa concretar lugar e maila hora pa mandarlle uns cubatiñas,bueno, xa falei de mais,oxe e dia de cobro por tanto se queres unha papatoria,como dice o beni, eu apuntome
FELICIDADES CUARENTON .ja ja ja ja
Pois ambos estamos de celebración hoxe :-)
O 31 de Marzo de 1984, fai xusto 25anos, un día de moita choiva, casei eu... Un día importante tamén !! ;-)
Parabéns para ti!
Pois que cumpras moitos mais. E nós que estemos aqui para velos.
Por certo, a igrexa sen santos tampouco era de todo así. Había por alí un pequeno santiño que lle estaban botando auga pola cabeza abaixo.
Saudos.
Pois moitas felicidades!!
Feliz cumpleaños! 40 anos é unha edade a hostia de boa, lástima que todo o mundo cando os cumpre fica deprimido pensando que é vello, ja-ja-ja ¡non sabedes o que vos ben porriba!
disfrútaos
que aínda podes subir as escaleiras de dúas en dúas, correr detrás da pelota, e resistir máis dun asalto -tí xa me entendes-
Las fotos muy bonitas.
Expresan lo que fuiste, lo que eres y algún día otras, expresarán lo que serás.
Feliz cumpleaños!!!!!!
Parabéns!!!! Que cumpras polo menos outros tantos máis.....Millón de bicossss
Parabéns repoliño novo. Eu cumplo o día 2 de abril, pasadomañan, os 47, e estou caralludo,je je. E que cumplas moitos mais
Parabéns !. Case celebramos o cumpreanos o mesmo día. Anque eu lévoche tres anos de vantaxe.
A conservarse tan deportivo.
Moitos parabéns!!
...a verdade é que estabas un pouco pequeno ao lado da boneca, si
jaaj que cabron cari, me dices en mi blgo que estuviste tomando unos vasiños con Beni, pero no me dices el motivo y si no me lo dice él, igual no me paso hoy y no te puedo felicitar, jajaj Bueno,de hecho fue ayer y hoy ya es día 1. Pero en la blogosfera como somos tan internacionales, igual en sudamerica aun es ayer y en Madrid es mañana, ajaj
En fin, cari muchas felicidades, la verdad es que se te ve igualiño que ayer, no se che nota nada.E o importante e que ainda funciones, jaajaj ¿Pq dices que no vas a llegar a los 50? jaja vaya tontería, y además lo celebraremos jutos con otro post como este, jajaa
Bezos, cari y felicidades.
menuda boneca, non tiñas medo???? ate os setenta xogaras!!!bicos!
Parabens!!!!
Un desnudo integral: ti non sei si non quererás sair nas revistas do corazón.
Lamentable esa omisión nos medios da túa data de nacemento.
E por certo, fai uns anos un equipo de futbol de Lugo da segunda rexional fichou a un xogador de 67 anos. Asi que toma nota que aínda che queda moito.
E contestando a túa pregunta, decirche que estes ultimos 15 días estiven fora por un problema familiar e tiven desatendido esto dos blogs.
Apertas e a seguir dando patadas futboleiras.
Moitas felicidades e eras un bebé ben bonitiño...
bicos.
Garciñas polos parabens.
Foi unha pena, pudemos haber quedado todos para tomar unhas copiñas, ó final so se apuntaron Beni e Brabido (non sei se non sería porque lles quedaba de paso)e non estivo nada mal. O mércores foi un día un poquiño máis complicado.
Respecto a pregunta de Brabido, na pía bautismal aparte de min e do cura, saen o meu padriño que era de Silleda e topábase nese momento na emigración en Francia como nos. A muller non pudo vir e foi miña avoa no seu sitio.
Como notas curiosas, hai que me chama "santiño", hai quen "guapiño", que mal que cambiara o conto, xa que de guapiño e de santiño débeme quedar pouco.
Da boneca, medo non tería ou supoño pero era un pouco espantosa. E a prensa do corazón se non me chamou daquela para o desnudo integral, agora xa non aspiro a nada.
Dentro doutros cuarenta outra vez. Un saúdo a todos.
Cari, eres muy mono de peke y tenias un buen paketa ya, jajaaja
Feliz finde. Bezos.
Publicar un comentario