viernes, 13 de marzo de 2009

Dobre moral

Estes días é tema de actualidade entre a xente de Areas o conflicto que teñen algúns veciños coa empresa Ganomagoga. Xa saíu na prensa e na TV Galega. O tema é o seguinte:

Esta empresa de calderería industrial, que é a que fabrica eses eólicos tan feos que se miran nos montes galegos, instalouse en Areas en 1989 en dúas naves que xa existían. Co aumento da producción, ampliaron as instalacións construíndo outras dúas "meganaves" alá polo 2002. Está situada a beira da N-120, unha zona que se ben non é un polígono industrial en sí, é onde se ubican gran parte das empresas que temos en Areas.

O tira e afloxa, trátase da contaminación acústica, que según "algúns" veciños produce. Ante a gran demanda de traballo que ten, esta funciona a tres turnos, sendo o de noite o máis conflictivo. Din que non lles permitir durmir ou descansar como lle tería que corresponder a calquera persoa. A solución, supoño que sería unha insonorización correcta nas zonas de traballo onde realizan máis ruido.

Reitero o de "algúns", porque falando por aquí, moitos din que non é tan molesto. Os afectados non están de acordo con esa solución e solicitán o derribo das dúas naves que orixinan os problemas, naves que por certo non están legais o cen por cen.

Conclusión, ata aí todo correcto, os veciños esixindo durmir tranquilos e o empresario loitando para seguir producindo na zona (se ben ten que legalizar o que lle falta). Pero hai outro problema, este para min un pouco máis doloroso:

Poderíamos falar dunha dobre moral. Os que máis protestan foron os causantes de que esta empresa estea funcionando en Areas, eles foron os que lle venderon os terrenos para facer a ampliación, e como se adoita dicir non os venderon por catro pesos, abriron a boca e pediron o que lles deu a gana, sabendo da súa producción e forma de traballo.

Nos tempos que corren, logo de pechar grandes empresas aquí, como Avigán e outras con grandes problemas para subsistir, so faltaría que pechara Ganomagoga que da traballo a unha pouca de xente.

Paréceme triste que alguén primeiro se enriqueza por un motivo e logo se queixe das consecuencias.

ACTUALIZACIÓN


Cambiei a foto da cabeceira por esta que lle collín o meu amigo Brabido, veciño meu de aquí de Areas, que comenzou este mes cun blog. A raíz das discrepancias que xeraron este post, él tamén puxo un no seu. Se queredes, entrade e comparade. Calquera das dúas versións poden ser creíbles, aínda que a miña opinión ía por outro lado. A todo isto, ánimo Brabido, que isto é como o comer e o rascar. Ó empezar custa parar.

12 comentarios:

vintxuca dijo...

Se causa molestias, non deberían de pechala, terían que tomar algunha medida para solucionar o problema e máis medidas para preveer problemas futuros, pero tal e como están as cousas e co pouco emprego que hai, seguro que esa empresa da vida a Ponteareas cos postos de traballo que ofrece, é unha pena que esa xente quede sen traballo...o que pasa é que as solucións costan cartos e esa é a pescadilla que morde a cola...

Barreira dijo...

Polo que dis o verdadeiro problema, e dicir, o que nunca se di, parece que non é o ruido. Porque para deixar de facer ruido non fai falla tirar unhas naves. Como ben dis, hai outras alternativas non tan gravosas antes desa.
Supoño que agora o vento non sopra a favor desas persoas e por iso fan ruido. Porque os que fan ruido son eles e non a empresa.
En fin, non quero pensar que viviran cerca dun aeroporto logo. Haberia que demolelo??.
Saudos.

Mer dijo...

A ver, foron eles os que venderos os terreos á empresa para beneficiarse, sen ter en conta que lle podería causar perxuízo a outros veciños, pero claro, coma agora os perxudicados son eles querán dalgún xeito recuperar os terreos, porque se a empresa marcha, malvenderaos, tal e como está a situación e si os venderos por 1000 agora ao mellor pódenos recuperar por 800, jeje, non son listos nin nada

Anónimo dijo...

OLLOS QUE NON VEN ,CORAZON QUE NON SINTE .En primer lugar non todos os veciños venderon,2-as naves ¿estan legales ou ilegales? O de non estan o cen por cen,quere decir que u ayuntamiento pasa de todo tio? o non sei, xa mo diras eu vivo a us 300m e teño casas por diante, si escuito de noite que e cando ahi mas tranquilidade hai de dia un pouco ,no meu caso si puderia vivir con ese ruido,AVIGAN que eu sepa no na cerraron os veciños, un dos problemas ou situacions de perigo e cando sacan a carretera eses eucaliptos tan feos que plantan no monte, de 30m ,que cortan a N120 donde,cando e sin protecion civil e iso esta prohibido teñen que ter un carril de aceleracion pra incorporarse a N120 .e mais cousas....esta entrada de dobre moral,moi pero que moi blanda.pesanche os anos ou on estaras ti metido tamen. . . . pena da foto de outra posicion donde se miren as navichas ..xa esta ben por oxe

Carlos Sousa dijo...

Vamos a ver Brabido, a foto non tiven ocasión de sacar unha, esta collinna da noticia que saía na prensa.
Segundo, xa dixen que as naves estaban ilegáis, o que teñen que facer é legalizalas, cústelle o que lle custe.
Terceiro, vives a 300 mts. sei de xente que vive a menos é non se entera, non quita iso que a miña opinión sexa a de que insonaricen a nave.
Cuarto, eu non dixen que Avigan a cerraran os veciños.
Quinto, méteme máis medo na carretera cando sae un coche deses chamado sin carné, que cando sae un camión cun eólico deses, que fai a maniobria caghando ostias, por poñer un exemplo.
E sexto, sabes de sobra que non estou metido en nada diso, iso é o que máis me fastidia do teu comentario. Coñecesme ben e sabes que simplemente estou dando unha opinión, que penso que por outro lado compartes.

E sobre a dobre moral, non hai nada que xustificar, neste caso existe e punto.

En definitiva, eu aquí non estou vendendo nada, simplemente estou a explicar (sempre dende o meu punto de vista) unha situación que non entendo.

O dito, un aperta a todos.

Anónimo dijo...

Oxe e outro dia,referente o punto quinto que eu sepa eses ferraris poden circular pola carretera. Unha opcion ( penso eu)pa facilitar a incorporacion a N120 dos transportes especiais seria darlle unha salida hacia vigo,o do ruido ,insonarizar o lugar donde fan eses traballos,a nave vai ser dificil, e a poder ser facelos de dia ,e de noite outros traballos,legalizalas custe o que custe por diñeiro non creo que sexa,o que pasa fai uns anos que e dificil legalizarse,supoño que os ayuntamientos teñen outras cousas mais importantes que solucionar puestos de traballos. E dos que se queixan das consecuencias,igual pensaron que como muito se construirian unhas naves parecidas as habidas,e non as torres gemelas. Se dentro de uns meses pudera volver a traballar pois non descarto ganomagoga .Sobre o de ,si estas metido, sen de sobra que non machiño.

Anónimo dijo...

Despois de falar contigo e de entrar en..., xa no me acordo, en Bramido..., non sei que decir. A legalidade e para todos, que a manteñan (ti tamen o decias). A partir de ahi que se fale... Supoño que o concello algo tera que decir. Eu non vexo tanto problema..., solo alguns auros para solucionalo e legalizalo todo e acabar con este rollo.E que a xente siga traballando...

Thiago dijo...

Bueno, cari, si que parece un poco hipocríta, pero si lo piensas no tanto... P.e. yo tengo una Armeria y te vendo a ti una pistola que me lo permite la ley, pero vas tu y despues de pagarme, me matas....¿no es logico que proteste? jajajaja O te vendo un piso y luego tu vas y pones un fumadero de opio, no? Tendré que protestar. Pues igual

Una cosa es vender terrenos para una industria y otra que la empresa no cumpla con las medidad de higiene y protección y sea molesta, no?. Creo yo.

Lo que yo no veo bien es que trabajen hasta por las noches a tres turnos, no se, que amplie o coja mas personal. Eso hacia la citroen en Vigo y ahora que vienen mal dadas, se ponen a despedir a la gente...

Bezos.

LM dijo...

o trabalho hoje nom sobra e nom se pode tirar a pedra e esconder a mam... há formas de melhorar a convivencia entre todos e imagino que falando se pode resolver o tema. hoje em dia as coisas também estam complicadas para os empresarios e logo tiramonos dos cabelos e asistimos a manifestazons contra as regulazons de emprego mas deveria existir um termo meio.
beijos

Thiago dijo...

Ya veo que el tema ha levantado ampollas. Es curioso que hablas de la crisis o del hambre en el mundo y a nadie parece preocuparle, pero si hablas de que el vecino pone la música alta, en seguida se levanta la polémica, Y es que todos estamos mas preocupados por las pequeñas cosas del vecindario que por los grandes problemas mundiales...

Bueno, espero que se arregle al gusto de todos (aunque eso ya sabemos que es dificil, jaaja).

Bezos

Raposo dijo...

Si hai irregularidades haberá que corrixilas, o do ruido gastando uns cartiños resólvese.
O da doble moral eso si que non ten arranxo. Existe e existirá sempre.

Senda dijo...

pois non o perdas: http://www.ticketmaster.es/artist/860453?tm_link=edp_Artist_Image

que a envexa é moi mala ;)

bicos