domingo, 8 de marzo de 2009

Fai máis ou menos un ano

Se vedes no arquivo deste blog, veredes que foi aberto no 2006. Foi un pequeno experimento, que me creou Beni (todo un experto na informática) para que falase do noso equipo o Areas Fútbol Sala. Claro o invento viume grande e en dúas ou tres semanas deixenno de lado.

Foi precisamente o 6 de marzo de fai un ano, cando decidimos retomalo agora a medias entre os dous e tentar que tivera continuidade. Acordamos seguir falando algo do fútbol sala, pero sobre todo centrarnos en actividades e sitios na nosa parroquia Areas, e do noso Concello Ponteareas, pero sen deixar de publicar calquera cousa que nos parecese ocurrente ou orixinal. E niso estamos nestes momentos.

En total foron 170 post que deron para moito, dende aquel primeiro que publicara Beni, sobre o conxuro da queimada, que escomenzaba así:

"Como se pode adiviñar polo escudo do "Areas Fútbol Sala" somos bastante aficionados a farra, e sobra decir que soemos facer de cando en vez algunha cea; o que me trae a memoria "a queimada", a bebida alcohólica típica de Galicia para despois dunha boa comida quecer a gorxa. Moi pouca xente sabe o conxuro, así que me parece boa idea transcribilo:

MOUCHOS, CORUXAS,
SAPOS E BRUXAS
DEMOS, TRASNOS E DIAÑOS
ESPRITOS DAS NEVOADAS VEIGAS...
"

Pasando por aquelas famosas pontes de paso, tamén da súa creación, que ían tanto de unha ponte enxebre, perigosa, ou tolerante, ata unha ponte de pracer, esta última xerou boas risas.

Intentamos non deixar de plasmar os actos que pasaban na parroquia como festas, feiras, papatorias, etc. e penso que máis ou menos o logramos, aínda que nos quedan moitas cousas pendentes, que xa irán caíndo. Así tamén nos aseguramos a continuidade durante (espero) polo menos un aniño máis.

Que me deixa de ledicia este invento? Pois todo positivo, por un lado descubrir esta pequena vena periodística que tiña escondida e que me leva a mostrar o que me interesa, por outro poder coñecer as opinións doutras xentes que tamén usan os seus blogs para o mesmo, e sobre todo saber que alguén te le e lle interesa o que fas.

Teño algo que agradecer? Pois claro, a Beni por suposto, sei que non lle gusta que lle boten flores, pero gracias a él isto existe, el segue empeñado en que este blog sexa soamente meu, pero para min segue pertencendo ós dous, e sei que vai seguir colaborando conmigo. Pero se teño que agradecer a alguén, sobre todo é ós que me ledes e comentades, sen vos o millor xa estaría aburrido.

Neste ano, collín a costumbre de andar coa miña cámara enriba e estar atento a calquera situación que poidera plasmar, deixovos aquí algunhas fotos que temos publicado e me gustaron especialmente.





15 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Carlos:

Parabéns polo ano do blog.
(refírome á segunda etapa do blog)

Eu síntome nomeado na primeira entrada que fixo Beni: cando o conxuro di:

"SE É VERDADE QUE TENDES MÁIS PODER CA HUMANA XENTE,
AQUÍ E AGORA
FACEDE QUE OS ESPRITOS DOS AMIGOS QUE ESTÁN FÓRA
PARTICIPEN CON NÓS DESTA QUEIMADA"

Eu son un dos galegos que vive a milleiros de quilómetros da terra ;-)

Unha forte aperta e por moitos anos máis :-)

Antón.

HADEX dijo...

Moitas felicidades!!! E que sigades deleitándonos coas vosas aventuras e esas fotos tan fermosas....Bicossss

Mer dijo...

Parabéns por este primeiro ano e que cheguen moitos máis.

Saudiños.

Cuspedepita dijo...

Parabéns por este primeiro ano!
Non sei a vos, pero eu tiña as miñas dúbidas cando comecei, de que algún día Cuspe cumpriría un ano, e xa ves...aquí andamos tamén.

Apertas

Thiago dijo...

jaaj muy bonito post lleno de amistad y nostalgia.

Un año que estoy orgulloso de conoceros a ambos y aunque sea tu propio blog, para mi siempre sereis un equipo, y no precisamente el de Areas F.c.jajaj Sois la pareja heterosexual mas gay que conozco, jaajjaaj

Me encantan estas fotos traenme lembranzas da miña Galiza, satisfacen miña couta de galeguidade emigrante..

Graciñas por estar ahi e bicos pa os dous. Bezos.

(Decir que perdoneis mie gastrapo de nuevo jajaja Pero cada vez se menos gallego, que horror).

Barreira dijo...

Felicidades polo aniversario e gracias polo chisquiño que me toca a min.
Está claro que esta é unha nova forma de relacionarse e que cada vez vai a ir a mais. Persoalmente prefiro tratar coa xente en persoa pero para min este é un medio mais. Xuntanzas de blogueiros, memes galegos, etc. permitennos interactuar e que todo isto non sexa tan frio.
Gracias a vos por estar ahí e mais por seguir adiante.
Saudos.

Carmen Martínez Torrón dijo...

Felicidades por tu aniversario!
Un besiño,
Carmen.

Deambulando con Artabria dijo...

Pois espero que nos sigamos lendo dentro doutro ano, as fotos son estupendas....Parabéns (por ambas as dúas cousas)

Suso Lista dijo...

Parabéns. E que cumplas moitos mais. Apertas

paideleo dijo...

Pois parabéns !.
Muito do que sentes parece que o sinto eu porque no blogo podo falar sobre o que quero e hai xente detrás que parece que lle importa e lle gusta e iso anima a calquera.
As fotos son mui boas así que non esquezas a cámara nunca.

Alkaest dijo...

¡Moitas felicidades rapaciños! Que sea por muchos años, el acompañarnos y deleitarnos con las cosas de vuestra tierra, grandes y pequeñas, personales o generales.
Y que la meigas buenas, que haberlas aylas, os guarden de todo mal informático (y del otro).

Salud y fraternidad.

Raposo dijo...

Parabens e non afloxes, que hai que seguir dando caña!

Lúa dijo...

Parabens!!! espero que sigades moitisimo tempo mais!!! as fotos son incribeis!!!bicos.

Carlos Sousa dijo...

Grazas a todos polas felicitacións.

De momento estou orgulloso do blog, e me encanta saber que estades aí seguindoo. Moi bo invento este para coñecer opinións e lugares. Dádesme ánimos para seguir coa cámara ó lombo, e mostrarvos máis situacións, paisaxes, queixas... o que xurda.

Anónimo dijo...

Parabens, Carlos..., faise camiño o andar...Un ano e sigues con gañas de mais...Mirandote preguntome qué cal será o teu secreto pa perseverar...Eu escaralleime no segundo día...Ajoteime..., ti si que vales.Adiante:melloras co tempo.