domingo, 22 de marzo de 2009

Pontes de paso 13 - Ponte de San Roque ou dos Remedios

Xa facía tempo que tíñamos aparcada a un lado a sección de pontes de paso. Con motivo da ponte de San Xosé, que fixo que tivera catro días libres, aproveitamos para dar unhas voltas e tirar unhas fotos por aí. Sobre todo centrámonos nas pontes, praias e paraxes que temos a beira do río Tea.

E claro, xa estábamos tardando en falar da ponte que inspirou a Beni en darlle nome o noso blog. Daquela pensou como título algo así como "Dende Areas para o mundo", pero por non parecer cursi ou repetitivo, quedou en "Dende Areas cara a Ponte" por aquilo de que falábamos dende a nosa parroquia para o resto e esta ponte é a que unía antigamente (moi antigamente) Areas con Ponteareas.

Esta ponte ten tamén unha praia fluvial que foi degradándose co tempo, agora luce un letreiro que dí que a auga non é apta para o baño. A xente síguese bañando, en menos cantidade pero aínda o fai, supoño que o cartel será máis por prevención que por ameaza en sí. A auga tampouco se ve tan revolta.

Como nota negativa (parece que sempre lle estou a buscar o lado malo as cousas), está o pedazo de muro de hormigón que contruíron nunha beira do río. Sempre o acordo así, esta obra dubo facerse na década dos 60 ou 70. Supoño que sería aproveitandose das influencias co poder, un empresario da zona construíu un restaurante-baile "El otro mundo del Tea" (máis coñecido como o baile do Rato), e fixo un relleno na mesma beira, onde ubicou semexante mole, sen que daquela lle dixeran nada.



Cando era pequeno, aparte de ir a bañarme alí de vez en cando, recordo cando se celébraba a festividade de San Roque e celebraban distintos xogos ou cucañas. Adoitaba rematar nesta ponte o descenso en piragua do río Tea, pero sobre todo o que máis expectación tiña era o "pau de sebo". Isto consistía nun pau de varios metros de longo por riba do río e untado de sebo. O que chegara ó final era o gañador. Os batacazos eran garantidos e as risas seguras. Tamén facían unha fogueira grande no medio do río o día de San Xoan.

Según me enterei esta ponte anda cercana ós mil anos, e non tivo que sufrir enchentes nin nada. Nun inverno tan complicado como este, non medrou tanto, o máximo dubo ser o que mostra a seguinte foto:



Nada comparado cos enchentes que había antes. Proba disto é esta foto que topei no baúl dos recordos:

16 comentarios:

Barreira dijo...

As enchentas de antes eran moito maiores que agora.
Pero as pontes antigas, coma a da foto, aguantaron e aguantan rios de auga, nunca mellor dito.
En fin. Os paraxes á beira dos rios en Galicia non deixan indiferentes a ninguén. Tan so estropeados por certas obras ou empresas que xurden nas suas beiras que vaia por Deus. En que pensará algunha xente cando fai cousas desas.
Saudos.

Antón de Muros dijo...

Ola, Carlos.

Gustoume a entrada e as fotos.

Eu penso o mesmo que Barreira: os ríos de Galicia coas súas pontes son moi fermosos :-)

Unha aperta.

Antón.

paideleo dijo...

Vaia; coincidimos en foto e todo.
No do bautizo non sei que dicirche. Sabía o da outra ponte de Moreiras e tamén da ponte romana da Ramallosa. Estaba totalmente convencido de que a ponte dos Remedios tamén valía para os bautizos prenatais ( daí o nome dos Remedios ).
Lembro que falaras do bautizo do teu compañeiro de blogo e tamén lemro a foto da árbore esculpida cos teus fillos alí.
Estiven por Mondariz de seudoguía duns amigos do Morrazo.

Anónimo dijo...

Non sabia eu que a ponte chegara a dividir AREAS con PONTEAREAS,mirando ven u nome tamen dice algo PONTE-AREAS,E o muro da DISCO ou SALA DE FESTAS,que moitas borracheiras pillei daquela porque os cartos rendian oxe non che dan ni pa poñerte contento,ese muro segun teño entendido cando o fixeron desviaron o cauce do rio e por iso agora inhundase o outro lado donde ai casas,como si rebotara,como ven dis era xente de poder que oxe no na temos ja ja ja ja ja ja ,.A playa esta antes da vila supoño que se podra dar uns chapuzons pero despois de ponteaeas eu pensario,Tamen teño que dicir que fai xa bastantes anos se podia pasar co coche pola ponte agora xa no,eu sigo pensando que foi a guarda civi pa que non lle escaparan os controles de alcohol je je je je je je ja .

Anónimo dijo...

o anonimo son eu o brabidiño non podo poñer o nome non sen por que xa me esplicaras

Thiago dijo...

Ya ves, en unos sitios pasa al revés, que se inunda y se desbordan rios que nunca lo habían hecho antes....

El otro día en mi excursión tb. vi un puente romana en un sitio que se llama Talamanca, me acordé de vuestro puente... En el vuestro se ven todavía la antigua calzada romana?

Bezos e recordos ao Beni

Suso Lista dijo...

Bonito lugar, que aínda o será mais cando esamole desapareza. Apertas

HADEX dijo...

Que fermosas as pontes.....hai pouco asistín a unhas conferencias sobre a presenza do demo na tradición oral....a maior parte das pontes do mundo, están supostamente edificadas polo diaño a cambio de algo, un neno, unha alma.....

BRABIDO dijo...

Recordo que esta ponte ,xa fai case que tres decadas,servialle de techo a unha muller mayor que sempre que ma encontraba andaba puxando por unhas caixas de fruta (madeira),moita pena me daba... ¡¡¡¡OS ANOS NON PASAN, VOAN !!!

Lúa dijo...

menuda enchenta!!!fermosa ponte...bicos.

Mer dijo...

Precisamente coincidiches tí e máis paideleo no tipo de entrada e a foto da ponte que puideches facer noutra ponte, na de San Xosé

Qué ben que tivemos este tempo fermoso para poder saír a seguir admirando o noso país

Unha aperta

Thiago dijo...

Cari. tengo que decirte que ¡YO no me subí a pintar eso, ehhhh! muero antes, jaajaj Y es que ademá es para mi un misterio como pudieron hacerlo.

Bueno, pues nada, No hay un refrán asi alusivo al puente de los Remedios... A mi eso de "los Remedios" (que tb. hay una iglesia en Betanzos) siempre me recuerda al chiste del pescador que le quería poner a su barca "Qué reme Jesucristo" pero como no le dejaron le puso a su barca: "Que reme-dios" jajaja

Bezos.

fgul dijo...

pois o sitio si que é bonito. Agardo que agora non se asolague

LM dijo...

que pena que nom se sigam festejando os feriados como antes... fiquei com a intriga... como é que se fazia para prender a fogueira no sam joam no meio do rio?
beijos

vintxuca dijo...

Como me soa o da cucaña, na vila onde vivín eu tamén hai esa tradición e sobre o rio eume xa chegando ó mar, xusto ó lado da ponte de pedra poñen un barquiño co pao cheo de sebo e ó final unha bandeira.
Pero...non pasa ahí que o final sempre a levan os mesmos??? polo menos na miña vila, a bandeira todos os anos, a colle o mesmo rapaz.
Bikos e saudos.
Aledome de atopar máis cousas en común con vos.

Thiago dijo...

Yo si que me voy a enfadar contigo que llevas una semana sin publicar nada... ¿estás mas ocupado o qué? Sin embargo el Beni ha cogido carrerilla y ahora no para, jaaj

Bezos, cari