miércoles, 14 de octubre de 2009

Fútbol solidario

A Escola de fútbol do Condado, no seu afán de recaudar cartos para a presente tempada, tiña en mente organizar un partido contra o Cultural Areas, que como xa tiña contado, milita na Terceira División Nacional. Para intentar que tivese gran expectación e darlle un toque distinto puxéronse en contacto coa Cruz Roxa (a verdade que non sei se se pode dicir Cruz Vermella) para ver se podían facer ó mesmo tempo algo benéfico. Esta remitiulles a Ong "Paremos la pobreza infantil", que non puxo ningún impedimento para celebrar o partido, a condición viría sendo que a recaudación da taquilla fose para eles. Para máis gancho, o partido sería entre o citado Cultural Areas e unha selección dos equipos da comarca do Condado (O Condado, Xuvenil de Ponteareas, Lirens, Progresista de Fornelos, Alpinista de Padróns, Xinzo, ect.).

Pois o partido celebrouse este luns pasado, festivo do Pilar e ó final todo saiu perfecto, e sobre todo, todos contentos, a Escola do Condado recaudou a súa parte en cantina e rifas (o día axudaba moito, que facía un calor...) e a recaudación para a Ong rondou os 500 Euros. Non é que fora unha inmensa cantidade, pero unha axuda sempre é unha axuda. O precio da entrada era de dous euros por persoa, nada comparado cos precios que se manexan no fútbol hoxe en día.

O dito, non é que fose unha acción (por parte dos equipos participantes) merecedora dun premio pero vendo o último premio Nobel da Paz concedido, non sei...

10 comentarios:

paideleo dijo...

Eu por unha causa así sería capaz de xogar ao fútbol.
Uns cantos partidos máis e o Nobel está asegurado, ha, ha !.

Raposo dijo...

Pois ben está o que ben acaba.
Apertas.

Eva G. Rei dijo...

De telo sabido antes aínda me animaba a ir ao partido (e iso que non son nada futboleira), que unha causa así ben vale a pena.
Parabéns pola vosa actividade e compromiso.
Por certo, mira este enlace:
http://www.cruzvermella.org/web/noticias.php?i18n=1
Imos avanzando tamén co galego...

Ana dijo...

Boa idea, de paso que xuntáis cartos pro club, axudáis unha boa causa.

Bicos

Thiago dijo...

Ah, pensé que había ido Casilla que es muy solidario... Cari, bueno 500 euros no es mucho, pero si lo hicieran en todas partes... muchos quinientos euros podrían suponer una bonita cantidad...

Eso si, compararlo con lo de Obama no sé.... Yo creo que lo del Nobel tampoco está mal. Yo reté a que me dijeran quien lo merecía más y en mi blog nadie me dio un solo nombre.... Ayer mismo Elvira LIndo decía que tendría que hacer OBAMA si no cumplia la expectativas... ¿devolverlo? Y yo veo ahi racismo, pq ¿pq tendría que hacer nada? alguien alguna vez lo ha devuelto? Pues eso. Puede que sea un Nobel precipitado, pero tal y como están las cosas es un premio a la Esperanza, que ya es mucho...

Bezos.

Y gracias por el consejo lingüísitico, jajaja.

Manuel L. Rodrigues dijo...

Carlos e Beni. Tedes unha encomenda no meu blogue. Aceptades a brincadeira??

Artabria dijo...

Pois moi ben feito, aínda que a entrada puido ser máis cara.....pero igual corriades o risco de que non fose tanta xente.....

O próximo Nobel da Paz vai para Ponteareas, fixo!

zeltia dijo...

sempre está ben conxugar diversión e solidaridade
todos gañamos.

Barreira dijo...

Con pequenas cousas fanse grandes hazañas.
A polo premio Nóbel do 2010. O de economia xa está collido. Disque é para ZP.
Saudos.

brabido dijo...

O resultado destes encontros non son o mais importante,pero non esta mal decilo C AREAS:3 SELECCION DA COMARCA :0.Espero que tivesen boa recaudacion.

Vemonos no .......