domingo, 29 de noviembre de 2009

O balón máis el.

Hoxe só se fala do partido Barça - Madrid. Nas televisións ten unha repercusión fora do normal, coma se fose ó final da Liga. Déronlle tanta importancia, que ata chegou a eclipsar o partido do Areas F.S. (clube no que como sabedes xogo). Ninguén deu o resultado, por outra banda mellor xa que unha derrota por 10 a 1, case mellor que pase desapercibida. Non sei senón estaremos tocando fondo, a partir de agora todo será mellorable (non sei donde escotei isto ultimamente...).

Pois xa que vai de fútbol, e non teño moito de que falarvos, lembreime destes dous vídeos que realizou meu fillo, e tennos subidos tanto no youtube como nun blog que ten, ou tiña, xa que o ten un pouco abandoado. O blog chámase "Las paranoias de Carli", e non o levaba tan mal. A ver se o volve a retomar (Agora seica anda líado no tuenti, ou algo así polo estilo...).

Este primeiro titúlao, "Los malabarismos de Carli". Atentos á música, de momento ten uns gustos moi agradables, non sei de quen lle viran...



Este segundo titúlase "Fallo técnico de Carli", non está mal, pero seica a alguén non lle gustou tanto cando viu o resultado, jeje.



O que queira fichalo, que sepa que primeiro ten que falar conmigo, logo xa veremos se nos interesa ir ó Barça ou o Madrid, eu preferiría o meu Celtiña, pero o pobre non me da máis que disgustos (outro que parece que toca fondo).

En fin, sobre o partido, como se adoita dicir "que gañe o mellor", por desgraza o mellor parece ser o Barcelona, pero... nunca se sabe.

15 comentarios:

Mer dijo...

E tanto que o fútbol eclipsou todo no día de hoxe. Con dicirche que hai tempo que os que me rodean prohibíronme taxantemente que me pusexe hoxe de parto.

E xa empezou o fútbol e non estou de parto, a pesar de que no máis fondo de mín, xa me gustaría, aínda que só fose por levar a contraria.

Unha aperta.

zeltia dijo...

ay, canto me rín!
que ben montado está o primeiro vídeo!
supoño que o que fai o mociño será moi dificil, (e que eu de futbol non entendo),
pero estou tan contaminada que ata eu estou pendente do partido do madrí barça;
e ata podo entendr que 10-1 é moito de noso señor
da gusto lerte ho, que levas ben as derrotas,
si ben que parece que non tanto os fallos técnicos do carli

bicos da coruña e bo futuro para o fútbol!

Thiago dijo...

jaja cari, que post tan divertido y tan lleno de amor filial o paternal, jaja Desde luego el chaval es un crack, cari, creo que este nos retira, además que esta mono, espera que se ponga cachas, le pones un tatuaje y a salir en el PAIS SEMANAl como los del Alcorcón, jajaja

Y claro tu eres ese que pasa por detrás con la cortadora del cesped, no? jajaja

Bezos


P.s. Y tu hijo lee tu blog, igual que tu lees el tuyo? jajaj 10-1 ya te vale, eh....

Creo que ha ganado el Barça uno a cero, asi que al menos este año no ha sido de verguenza...

BRABIDO dijo...

Xurote que salin da casa as 7:20 por que viu miña prima CHELO de Budiño,pa topar sitio en Ponteareas donde aparcar o troncomovil xa che contarei,insisto que non son de ninghun deles pero apostei nunha porra que gañaban os independientes 1-0 e guañei,eh xa te miro vir .só foron 20E.

Que presumas de fillo esta ben,pero que sepas que te vin xogar en un campeonato non fai moito tempo e lle das mil voltas,non e pa me que pagues unha cervexa machiño.

Creo que teño o telefon do Florentino,bo vale este non nin puta idea de pelotas,agora de pesetas non anda mal digoche isto xa que traballei pa el,porque o final o importante son os farelos,o non?.

MALOSERA

HADEX dijo...

Eu xa lle dixen a el que che podía facer rico tío, pódeche quitar de traballar.....hehehhe...ogallá!!

Bicosss aos dous!!

Beni Lago dijo...

Despois dalgún tempo xa sen comentarche nada e "sen presión de ningún tipo, jejeje", comentarei brevemente este post... xa sabes o que opino con respecto ó Madrid, debido a iso tan só teño que exclamar...¡Tooooommmmaaaaaaa! Aínda menos mal que non foron máis, de tódolos xeitos e segun o que eu vin e dos comentarios dos entendidos, non xogou de todo mal o cristiano e cia; dicen por ahí cun empate sería xusto; o meu parecer no segundo tempo poideronlle cair máis, en fin... tan sólo estades a dous puntos, que é o lugar que debedes ocupar.

O teu fillo é todo un crack, claro que deberá practica-lo toque de balón nun lugar máis axeitado, mais que nada pola supervivencia do patrimonio familiar.

Un saudiño, a partir de agora e con algo máis de tempo procurarei comentarche máis a miudo.

Eva G. Rei dijo...

"Bendita a rama que ao tronco tira"... menudo artistiña che saiu o rapaz. Xa verás como logo o fichan no Celta, que nos de fóra, nin falta que fai...
Mágoa que o segundo video non fose máis longo para escoitar o tema todo de Nirvana e para que seguise alí a maceta coa planta.

An dijo...

Non gosto do fubol, por certo, se queres pasa por paxaradas e bota un ollo a ver se tiveches sorte no sorteo. SAúdos e apertas

Moraima dijo...

Pois sí qe lle pega ben ó balón, e a puntería, inmellorable :P.

Saúdos ;)

fgul dijo...

hehehehehe A práctica faino todo eh?? Duro con el...

Raposo dijo...

Apunta maneiras o rapaz. Xa me dixo Valdano que lle quere facer unha proba!

abueloscrisytoño dijo...

Son uns vídeos divertidísimos, que siga practicando haber se lle fan un bo contrato ao estilo de Cristiano R. que non firme por nada menos.
A.Cris

Thiago dijo...

jaj Bueno, bueno, bueno, vuelve Beni y vuelve metiéndose con el madrid? muy mal eh, cari, muy mal, jajaja


Bezos. feliz cumple a ti tb. jaja

Ninsesabe dijo...

Por si che sirve de consolo, tamén eu sei o que é perder por 10-1.
Foi un día de inverno aló en Fisterra (aló van 45 anos pola borda) e recordo que xogamos no que antes fora un cemiterio, nun alto á beira do mar.
Os balóns caían ao mar, onde había chalanas recolléndoos...
Marcamos de penalty, e, aínda que non o creas, armouse unha boa cando o pitou o árbitro.
En canto ao teu Madrid e ao teu Celtiña, sinto decirche que por aí andan...(zin acritú, como diría Alfonso Guerra). Ainda que eu faría mellor en estar caladiño, sendo coma son do Athletic de Bilbao...

Chousa da Alcandra dijo...

Chego tarde a esta cita;pero non para ver as virguerías que fai o rapaz co balón.
E xa ves que o Celta vai camiño de erguer a cabeza, xa que hoxe (sábado) gañou en terras catalanas. A ver se pouco a pouco vai saín do pozo.

Apertas