viernes, 8 de enero de 2010

Carta ós Reis Magos

Xa remataron estas festas e como di máis dun, non era sen tempo. A única pena que me queda de que remataran, é que conlevou que remataran tamén as vacacións, tanto agardalas e ó final... visto e non visto. O peor de todo é que tiña que facer tantas cousas, e como pasa sempre, non fixen case ningunha. Entre papatorias, festas, tundas á cama e demáis, fóiseme o tempo todo. Ata nin moitas ganas de poñerme diante do ordenador, e así, case que teño isto un pouco abandonado. E iso que entre o alumeado de Nadal e a cabalgata de reis, dábame que falar, tanto para ben como para mal (outro ano será).

Como se adoita dicir, foron fechas de facer balance, supoño que cada un o faría. Eu, pola miña parte, non é que me poida queixar moito, todo foi máis ou menos por donde tiña que ir, non houbo reveses particulares e aínda temos de todo para seguir tirando unha temporadiña máis. En resumen, un ano normal tirando a bó.

E claro, coma seguín de vagoneta ata agora, nin me lembrei de escribirlle a carta ós tres monarcas eses que andiveron toda a noite de casa en casa, repartindo ilusións. Na miña tamén pararon, e algo deixaron aínda que a maior parte leváronna os pequenos, que dende logo son os que o merecen. O resto, non deixa de ser un materialismo e consumismo puro. Non sería mellor, chegar un día e porque si, regalerlle algo ás persoas que aprecias? Para min, penso que si (que non estou dicindo que eu o faga, jeje), pero claro, vamos por donde nos marca esta sociedade creada por nós.

Despóis destas pequenas divagacións e tonterías, e pnsando que tampouco me portei tan mal, vou alá coa carta, que se cadra aínda non chegaron a Oriente e me escoitan un pouquiño. Penso que non vou pedir moito:

"Para o Clube Areas F.S. (ese pedazo de equipazo...), que poida mellorar un pouco na clasificación, non é nada urxente nin moi necesario, xa que para nós o importante é participar... O que si me gustaría é que poidésemos rematar a tempada ben económicamente, que parece que nos vai custar un pouco. Debaixo das pedras xa nin cartos aparecen e a cousa está "fodida de carallo". Axudádeme un pouquiño, que me parece que total vai a ser o último ano do clube (non me gustaría, pero un cánsase coa falta de apoio).

Para este blog (este pedazo de blog...), pois que me veña un pouco máis de inspiración para seguir publicando, e tempo e ganas para ir tirar unhas fotiños pola zona, que aínda quedan moitas marabillas que mostrar. Ah! tamén vos pido que inspiredes ó Beni, que sempre me di que vai escribir algo e ó final pasa o de sempre, que se me despista (ou fai o despistado).

Para a familia, pois o mellor sempre que o merecen de sobra por aturarme.

Laboralmente, pois que polo menos siga habendo o que houbo este ano, que me parece que se está complicando a cousa, e xa algún rumor oín por aí. Esperemos que quede nun reumor.

Para non ser moi egoista, vou pedir algo para os demáis tamén. Botarlle unha man ó meu Celtiña para que non vaixe a Segunda B, e se poidera gañar a copa, tampouco me queixaría.
Que o Barcelona non gañe 6 títulos, por favor, nooo!!!. Non quero aturar máis a algúns vacilóns (entre eles Beni, jeje, ata niso me falla).
Que o Cultural Areas siga a facer este papelón na Terceira División, toda unha hazaña para unha aldea coma esta.

E como non, para todos vos amigos reais e virtuáis, que se vos cumpra o que pedistes e sexa un ano cheo de alegrías.

Teño máis cousas en mente, pero xa volo pediren cando non se entere nadie, que hai moito curioso por aquí e logo todo se sabe... Veña, facede un esforciño, que tampouco vos pido tanto."

En fin, aínda con retraso, feliz 2010

8 comentarios:

BRABIDO dijo...

Como ben sabe usted señor Sousa,eu disfruto 365 dias o ano,estas fechas pa min,creo que xo dixen,son pa facer ceas e mais ceas.

Por certo o fin de semana pasado fun a LA LUNA,e unha discoteque pasando Pontevedra,non te podes imaxinar a cantidade de xente que encontrei coñecida.

"Tundas a cama e demais"ja ja ja ja.

Pides pouco pa ti,non?.

Que se cuplan teus desexos e se non xa sabes,sempre nos queda O ...

Deambulando con Artabria dijo...

Feliz ano, seguímonos lendo no 2010...

Cuspedepita dijo...

Eu non sei se os Magos estarán polo labor de volveren ao oeste tan axiña con esta neve...pero, como dis que non é urxente! :-)
En fin, que sexan xenerosos que ti tamén o es pedindo ;-)

Apertas

HADEX dijo...

Grazas polos teus desexos...que teñades un bo ano todos vós. Moitísimos bicos!!

Paz Zeltia dijo...

semellas un chisco vagonetas,
dígocho eu que levo o premio todos os anos :-)
ata para pidir, que é gratis,
te controlas jajaja
véseche un home feliz, xa sabes!
así que, remate o clube, remate o blog,
la vida pasa felizmente, si hay amor!

Beni Lago dijo...

Pois sí, o certo e que estou un pouco vagoneta en canto a escribir se refire, xa sabes que o meu vai por épocas, e agora cando acendo o ordenador e para cousas máis técnicas e non tan lúdicas; cada vez estoume facendo máis pragmático... ó mellor cando cambie a lúa...

Aínda que comparto algúns dos teus desexos, o certo e que algunha das cousas que nomeas para min non son prioritarias. Non vou a desvelar o que quero para min se non non se me cumpliría. O meu desexo de corazón para tí e que sexas moi feliz neste ano (xa ves que sigo co meu pragmatismo, xa que este desexo englóbaos a todos); o mesmo quero para tódol@s visitantes/as deste blog.

...Bueno sí che vou a desvelar dous dos meus desexos:

Gostaríame discotir menos cos amigos e tamén me gostaria escribir un ... ¡Qué digo un! ... polo menos dous posts este ano, jejeje.

A mamala.

paideleo dijo...

Pois son bos desexos !.

Thiago dijo...

jaja cari, eres único, hacer la carta cuando ya ha pasado la Epifanía, jaja

Bueno, ojalá se te cumpla todo, hombre, y para la inspiración del blog, ya podias estar haciendo algunas fotos de la nevada, no? que seguro que con lo bonito que está y el buen gusto que tienes tu para las fotos y esos videos que haces te quedarian preciosas..


Y estoy de acuerdo en lo del Barça pq ya "cheira"... Y lo peor es que aún no están contentos, parece que son el unico equipo del mundo, que nadie ganó nunca nada mas que ellos... sale la gente por la tele protestando y diciendo que "si llega a ser el Real Madrid..." Pero qué querrán? que nos pongamos de rodillas, que nos azotemos con una camiseta blaugrana? Por dios, si ya todo el mundo dice que juegan mejor que nadie en la historia, qué mas quieren? Pero lo peor es ese presidente que tienen que ha hecho bueno eso que se decia siempre que el Barça jugaba por Europa: "Dos equipos extranjeros", que se independicen, hombre, y que juegue la liga con el Casledefels y el Palafruguel... Nunca están contentos.

Y dile a Beni, que si es del Barça ya no me caso con él, hale. Y que Messi será muy bueno, pero es mas feo que picio, jajajaaj

Bezos.