martes, 19 de enero de 2010

Oferta

As veces rebuscando aparecen ofertas moi boas, que non hai que deixar escapar. Outras veces aparecen algunhas desconcertantes. Chocoume cando vin esta oferta nun catálogo que nos envían ó choio de material de oficina e outros. A empresa é destas que parece ser que dan os duros a catro pesetas, iso na teoría, na práctica sen comentarios.



A oferta, como vedes na foto, consiste en mercar tres lotes de papel hixiénico e regalan... Tachán!!... "unha máquina de facer perritos quentes!!!." Veña, todos a chamar e jastar papel, que o regaliño vale a pena...

Eu pregúntome, que terá que ver o papel hixiénico coa maquiniña esa. Non sei, non sei... Ollo como se usa, jeje.

Perdoádeme a vulgaridade, pero resultoume máis que curioso.

11 comentarios:

Thiago dijo...

jajaj la verdad es que no se explica, cari. Lo normal es que al comprar la máquina te regalara 3 paquetes de Servilletas, pero es que con estas cosas chinas nunca se saben..

El caso es que alguno no se coma el papel y se meta las salchichas jajajajaa

Bezos, y gracias por tu felicitación.

Felicitaste a Beni de mis partes?

BRABIDO dijo...

Pois eche ben facil compañeiro,a mais perritos mais papel ja ja ja ja.
O importante e vender que pola zona estase poñendo a cousa jodida,ata entran nos locales a cara descuberta,sendo da zona claro.

HADEX dijo...

JA, ja,ja,ja,ja.........la leche......ja ja ja ja ja.......

Deambulando con Artabria dijo...

Curioso si que é.....

Paz Zeltia dijo...

home carlos, eu non reparara no curioso do "qué" regalan,
se non no feito de que agora che regalan sempre algo que normalmente non precisas para nada, e vas e por riba picas.
pero téñote que felicitar polo bó ollo que tiveches ó facer a observación,
fixéchesme rir!

e grazas pola aclaración do post ese antigo. e por entender que as impulsivas é o que temos! (glups)

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Da que pensar; da moito que pensar.
Graciñas por pasar por casa.

abueloscrisytoño dijo...

Se vén cos perritos quentes incluídos ¡coidado! Poida que necesites máis papel
Saudos
A.cris

Antón de Muros dijo...

Todo ten que ver con todo... ;-)

Unha aperta.

Antón.

xenevra dijo...

Tentarei non pensar non vaia ser que algún teña antollo dun "cachorro" quente (que dirían en lisboa) e...
Non, non pensarei hoxe niso.
jajajajajajaja

Maribel-bel dijo...

XA me dirás, porque cando logo veñen de volta cos regaliños, ás veces non sabes se sirven para algo. E atento o papel, que seguro que como ten regalo, será do máis abrasivo. jajaa. Bicos

matrioska_verde dijo...

deume tal risa que empecei a toser como unha tola pois ando un tanto acatarrada...

e que é todo para nota:

precio loco no papel hixiénico... divertidisimo, oe... ademais se chama "bonitodía"... a verdade é que ben pensado ten seu aquel porque cando un "c..." ou "vota un pís", oe, queda dun agustiño que non vexas.

e o do perrito... ahí si que non lle encontro eu o ¿por qué?...

será simplemente para chamar a atención do comprador... eso sí que se consigue

biquiños,