miércoles, 17 de marzo de 2010

Marabillas de Galicia

Teño algúns amigos que sempre me andan a bombardear con correos electrónicos, de cachondeo, curiosidades, etc. algúns deles formidables. Entre eles destacaría este que nos mostra paraxes e monumentos de Galicia, cunha lixeira explicación ó pé de cada foto.

Como xa aprendín a subir archivos "pps", e como me dixo alguén no post anterior que son un mestre compartindo, pois aquí volo deixo para que o disfrutedes. Seguramente algúns xa o coñeceredes, pero neste caso permitinme o luxo de poñerlle música, e como no, de Luar na lubre.

Para velo a pantalla completa picade no icono da marxe inferior dereita, o que semella unha pantalla de diapositivas. O vídeo ten un problemilla, o mellor non da moito tempo a ler o texto, pero sempre se pode arranxar picando na pausa, co conseguinte problemilla de que a música tamén se para. Pero bueno, aínda non son perfecto...



O seu autor é un tal "titosvigo", e o pero que lle poño é que o fixera en castelán.

23 comentarios:

BRABIDO dijo...

Eu tamen teño amig@s que teñen o correo por decir que o teñen,debe ser pa recibir as facturas.

Son che ben bonitas,mira que temos marabillas na nosa terra e non coñecemos nin a mitade.

Dille a "eses" que te bombardean que non estan os tempos pa regalar as cousas


Esta ves tocache pagar a ti

Ana dijo...

Encauntoume, tanto que roboche o powerpoint e o publico tamén.
Graciñas por daro a conocer.

Biquiños

Ana dijo...

Paso de novo, xa o publiquei, mais estou preocupada por si non gustache que robarache-o.

Estou segura que escribin un montón de erros en galego,verdad...

Bicos

Aldabra dijo...

aínda faltan moitos lugares pero sí que están os que merecen estar... reivindico os que me quedan máis cerquiña: fragas do Eume (ás que lles adiquei un día un post), Redes, Teixido, Meírás e a Frouxeira (para mín unha das praias máis bonitas de Galicia, pola sua bravura)

biquiños,

Thiago dijo...

Pues está precioso, aunque al ampliar pierde algo de calidad (Galicia calidade, jaja). Y desde luego aprendes unas cosas bárbaras, ahora tengo que investigar yo eso, cari, que me interesa, jaajaja

Hay algunos sitios que ya conozco, claro: Valdoviño, Coruña, Santiago, Tuy, Verdes, Laxe, Mera, Ares, etc... pero conozco poco la zona de Ourense, y voy a tener que hacer una excursión, sin duda.

Bezos.

HADEX dijo...

Qué chuli!!!!!

xenevra dijo...

Preciosidade de imaxes e de música. Non, non parei para lelo (fiúuuu)

Agora ben, eu quero saber como se soben pps aos blogues :(

Raposo dijo...

Está moi ben, tanto as fotos como a música(deixamos aparte o tema do castelán, claro).
Apertas.

Thiago dijo...

He intentado hacer como tú, poner una presentacion en PowerPoint, pero no me queda como a tí, no me salen abajo todos los botones y no se me mueve sola, ajaj

Bezos.

Mer dijo...

Bueno, teño que dicir que estiven en casi todas estas marabillas, menos en Fragas do Eume, algún Mosteiro por ahí e o Pazo de Oca ( que estiven para ir visitalo un cento de veces e ao final non foi ningunha, a ver se non pasa desta primaveira-verán)
O power point chulísimo e a música de Luar da Lubre, perfecta.
Marcho, que acaba de empezar Cifras e Letras, e ben que me gusta.
Unha aperta.

Eva G. Rei dijo...

As fotos son moi fermosas, pero aínda é mellor a música que lle puxeches: parece feita para a ocasión.
Para min é un "pero" grande que os textos estean en castelán, pero que castelanice os topónimos paréceme moito peor. Sintoo, pero eu así non o divulgaría.
Chamoume moito a atención que puxese os Muíños do Barosa (que non son tan coñecidos coma outros); o lugar tamén é coñecido como "A Maquieira", que vén da "maquía", a parte da moenda que a xente que ía moer pagaba aos propietarios. Non puiden evitar reparar na foto, isto está no concello de Barro e a miña familia é dalí. Paga a pena visitalos, e se un ten "peito" bañarse nas pozas, que levan a auga fresca, fresca, fresca...

Aquí estou dijo...

hai que ampliar a cultura musical galega. Coñeces o cuarteto caramuxo????, pois tenche unha música fermosa, para escoitar e por de fondo en calquer presentación. Busca e verás.... CUARTETO CARAMUXO

xenevra dijo...

Pois eu xa fun dereitiña escoitar o Cuarteto Caramuxo e recoñezo que gostei deles.
Grazas a esta que está aquí por ampliar a miña cultura.
Unha aperta a ambos

Thiago dijo...

Bueno, cari, efectivamente, gracia a tus indicaciones el slide me quedó mucho mejor y como debe ser, curiosamente ya has sido mi maestro para dos cosas -aunque ahora no me acuerdo cuál fue la otra- pero te agradezco mucho tus ayudas-creativas para blogs.

Yo creo que luego nadie le da a lo de empezar un slide, pero bueno, a mi me gustan, y este tuyo, además, me trajo una gran morriña de mi Galicia natal, recuerdos de sitios que ya vi y ganas de conocer otros que no conozco todavía...

Así que gracias otra vez y bezos.

zeltia dijo...

a presentación está moi chula,
e bueno, ainda que estivera en inglés,
anímanos moito máis ós que ainda andamos falando fifty fifty galego-castelán o sentido do humor e o rirse de nós, como eses ditos que andan por aí:
"no te me andes por el medio fedellando que no me dejas hacer nada" e non as reprimendas.
:-)
o grupo que recomenda xenevra gustoume: sorprende o seu son, o folk con ese aire de jazz...

un saudo, carlos, vexo que xa encontraches o meu novo sitio! (bueno de novo non ten mais ca o entorno)

xenevra dijo...

Eissssssssss zeltia que o grupo eu descubrino aquí, no blogue. Xustiño no comentario anterior ao meu dun/dunha que aquí estaba ;). A miña cultura non é tan boa... máis quixera.

Carlos Sousa dijo...

Graciñas polos eloxios. A Ana por publicalo no seu blog, a "aquí estou" por darme a coñecer ó Cuarteto Caramuxo, que sei que che toca na familia, ten seguro que na próxima presentación que faga ei usar a súa música. A ver se ma pasas e a Xenevra por pasarme o enlace.

Pero que sitios fermosos que temos, e non coñezo nin a mitade, sorte que ten Mer que só lle quedan un par deles por coñecer.

Un saudiño a todos. A ver se actualizo este fin de semana, que ando falto de ideas, será o tempo este que temos? Non sei...

Logio dijo...

Boas fotos e boa música.
Pasa bo fin de semana.

Logio dijo...

Boas fotos e boa música.
Pasa bo fin de semana.

zeltia dijo...

bueno, xenevra, pero se non chega a ser porque tí puxeches o enlace, eu non ía velo :-) comodona que é unha, pero un enlace aí á man, elle dificil de obvialo á miña curiosidade...
;-)
así que carlos primeiro por ser seu o sitio, o an´`onimo de segundo por facer algo de publicidade, e ti por traballador9iña e curiosona.
se isto é todo un fio...

Thiago dijo...

Pues si, cari.. aquí estoy por las coruñas, jaaj Ya estamos un poco más cerca, eh... Falando a misma lingua e respirando o mesmo aire, jajaja

Bezos.

vintxuca dijo...

Digo como Aldabra... que faltan as fragas do Eume, a vila dos meus pais e que eu considero vila adoptiva... pero Galiza é marabilhosa, Fisterra, Sobrado, Ourense, A Corunha, Allariz...tenho que recoñecer que co bonito que é Lugo quédame moitísimo por ver nesa provincia. Grazas pola viaxe, unha aperta!!!!!

Anónimo dijo...

Sorry for my bad english. Thank you so much for your good post. Your post helped me in my college assignment, If you can provide me more details please email me.