viernes, 4 de junio de 2010

Corpus Christi 2010

Este fin de semana celébrase en Ponteareas a festividade do Corpus Christi. Como segundo ano ten a categoría de festa de interese internacional e isto unido ó Ano Santo, fai que se espera con moita espectación. Tamén se celebrou nestes días o III Congreso de internacional de arte efémera, o que asistiron numerosas representación de cidades que teñen como tradición a confección de alfombras florais.
Os municipios españois que participan neste congreso son os de Carrión de los Condes (Palencia); Arucas (Gran Canaria); La Orotava (Tenerife); Castropol (Asturias); Celanova (Ourense) e Caldes de Monbuí (Barcelona). En canto ás delegación estranxeiras participan neste Congreso de Arte Efémera os municipios de Arequipa (Perú); Huamantla (México); Tibet; Mühlenbach (Alemania); Kalsdorf (Alemania); Monçao (Portugal); Antigua (Guatemala); Kobe (Xapón) e Comuni di Noto-Siracusa (Sicilia, Italia). Choca ver sobre todo poboacións como a de Xapón ou do Tibet, se ben estas non teñen carácter relixioso.

Na páxina oficial de Ponteareas, pódense ver as imaxes en tempo real de tres rúas, supoño que se poderá seguir a confección das alfombras ó momento.

En fin, que así con estas levamos 15 días que non paran de asfaltar rúas, pintalas, novos pasos de peóns elevados (que isto é outra...). Visto así debería haber tres ou catro corpus ó ano...

Bueno, despóis dun mes de Maio en plan sabático, no que non me esmeren nada en publicar no blog, e iso que aconteceron cousas que xa contarei máis adiante, espero que este mes de Xuño se me dé por traballar un pouquiño máis.

Por último por hoxe, o que non coñeza a festa recoméndolle que se pode se acerque ata Ponteareas, tanto o sábado á noite como o domingo a mañán. Invítovos a que asistades, o da cervexa ou o viño, falámolo despóis...

3 comentarios:

Mer dijo...

Gracias polo link, xa que non podo ir algo andarei mirando de cando en vez a través da páxina oficial de Ponteareas.

E tí, xa nos contarás algo.

Unha aperta.

Raposo dijo...

Mágoa non me enterar antes, porque esta noite e o domingo xa os teño ocupados.
Outra vez será!!!

Paz Zeltia dijo...

A chamada "arte efímera" sempre me produciu un sentimento estraño. Parece que o artista debería buscar a permanencia da súa obra, e estas obras de arte que duran unhas horas, ás veces nin eso, resultanme impactantes. As alfombras florais son fascinantes. Nunca as admirei en Ponteareas, ainda que sí noutros sitios onde tamén hai esa tradición.
Espero que o pasedes moi ben e que o tempo non vos desluza a festa.
Grazas pola invitación, deste ano non será (eu ata que concretemos o das cervexas, nada)
Bicos de cores.