domingo, 12 de septiembre de 2010

Unha curiosidade dos anuncios

Tivemos esta semana pola parroquia comentarios sobre un anuncio que saía na prensa, na sección de "anuncios breves". A verdade que o anuncio era chocante e bastante propicio a xerar iso, ou sexa comentarios. Era o seguinte:





Non sei que pensaría a tal Lorena esa, pero tiña que estar bastante mosqueada para chegar a eses extremos. A min non me deu por chamar, máis que nada porque a ver que faría eu cunha CBR 600, pero algún chamou e o que se topou foi co teléfono apagado. Chegamos a conclusión de que non regalaba nada, pero o marido fastidiado si que quedaba.

Tres días despóis aparece este outro anuncio:





Pois sería unha broma de mal gusto, pero eu creo que foi máis unha acción sen pensala moito, dunha muller despechada; co conseguinte gasto dos seis ou sete anuncios que tería que pagar ó Faro de Vigo.

Hai xente pa tó!! Supoño que cambiará de número de móbil...

19 comentarios:

zeltia dijo...

jajaja, pois eu penso que ésta mailo marido andan á greña,
e que foi o propio marido que o puxo para fodela ;D
¿que non?
mira que os homes sodes moi vengativos! jajaja

bueno, e no tocante "o meme" que lanzas para min soa,
xa che fixen os deberes...
Resulta que teño a resposta preparada dende hai 5 anos,
xusto
AQUÍ

zeltia dijo...

Vaia! sae o enlace que che puxen nista mesma caixa pequeniña, un engorro para ler

deixoche a url directamente e fai un copy pega na barra de direccións

http://zeltia.zoomblog.com/archivo/2005/08/08/motivos-para-empezar-un-blog.html

paideleo dijo...

Vaia historia !.
Supoño que será parecido ao que acostuman escribir nas portas dos cuartos de baño: o nome dunha muller e un número de teléfono dicindo que fai " algo " de gratis.

Logio dijo...

Ten que ser coña, non pode ser tan tola.

Raposo dijo...

Pois eu vou chamar de tódolos xeitos, non vaia a ser que o final si que os regale!!!

BK dijo...

Dende logo a broma non lle debeu de saír moi barata, aínda que estou pensando en facer o mesmo, pero neste caso, co ordenador, jejeje

Ana dijo...

Curioso,eh!
AS mulleres somos moi malas, mais esta ademais bobalicona,ajajaja

Polo menos que vendera a CBR e o Mini Cooper, e xá non digo mais, si era unha broma os cartos gastados...

Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

E se puxeron o teléfono doutra persoa para tocarlle o/a C....??

(Joder, que mal pensado son!!!)

Chousa da Alcandra dijo...

Non dei aturado!!!. Chamei, pero non respostaron.

(Joder, que cotilla son!!!)

Aldabra dijo...

porque o contas ti no teu blog que é un blog moi serio e moi documentado porque si non non o podería creer... ¡pero que cousas!
hai que ser tontiña porque ó marido o fastidiaría pero regalar por regalar, non lle encontro sentido.
¡que ganas de perder cartos no anuncio!

biquiños,

BRABIDO dijo...

A como se chame,disque Lorena, deuselle por facer esta "broma" outras non andan con "bromas".

Pasar da alegria e felicidade lease "amor" a depresion e odio e moi facil,e todo depende do momento que te colla e da persoa,asi pasan as cousas que pasan

Mer dijo...

miña nai querida!! jaja, pois eu penso que o 2º anuncio o puxo o seu home, jaja, ou ela se dou conta que de hai outras maneiras mellores de fastidialo

Casía dijo...

¡jajajajajajjaja!!!1 vaya mosqueo, menudo arrebato

Jose Ramon Santana Vazquez dijo...

...traigo
sangre
de
la
tarde
herida
en
la
mano
y
una
vela
de
mi
corazón
para
invitarte
y
darte
este
alma
que
viene
para
compartir
contigo
tu
bello
blog
con
un
ramillete
de
oro
y
claveles
dentro...


desde mis
HORAS ROTAS
Y AULA DE PAZ


TE SIGO TU BLOG




CON saludos de la luna al
reflejarse en el mar de la
poesía...


AFECTUOSAMENTE
SALUDOS CARLOS

ESPERO SEAN DE VUESTRO AGRADO EL POST POETIZADO DE CACHORRO, FANTASMA DE LA OPERA, BLADE RUUNER Y CHOCOLATE.

José
Ramón...

Thiago dijo...

Cari, ayer me acordé de ti en mi blog, pero ya veo que no andas mucho por aquí..

bueno, es igual, os seguiré echando de menos, jaa Bezs

zeltia dijo...

outro blogue para o anaquel?

bicoooosss

Stultifer dijo...

Era normal que tuviera truco...

Maribel-bel dijo...

Aínda así non deixa de ser divertido, orixinal e de bon gusto jajaja. Bicos

FERNANDO SANCHO dijo...

Vaia bromas!
Creo que o mellor e que fagan as paces. A saber que é o próximo que vai por a venda!!
Grazas.