Mostrando las entradas para la consulta a pedra de moer ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas para la consulta a pedra de moer ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de septiembre de 2008

A pedra de moer

Xa hai algún tempo, puxemos unha entrada sobre os muiños. O traballo de recopilación de datos fixerao Beni (como se nota a falta dos seus traballos) e quedáralle moi completo, con fotos incluidas de un de aquí de Areas.

Sempre me imaxinen que xa nadie se adicaba a construir as pedras que usaban para moer o gran, pero o outro día levenme unha grata sorpresa. Viña por Villasobroso, e o caron da carretera vin estas duas pedras a medio facer. Comentenllo a Beni, e alá fomolos dous en misión periodística a facerlle unha entrevista ó seu autor.

Pepe, que así se chama o artifice desta laboura, xa é un home xubilado, adicouse toda a vida a picar e sentar pedra, é ven sendo o típico canteiro a antiga usanza, martelo e punteiro. Comentounos que despois de tantos anos picando e sentando pedra, logo de facer tantos muros, casas, e outros chollos, este encargo que lle fixo o Concello de Mondariz, para el é como un hobie. Recoñece que xa non tén a misma forza para darlle o martelo, pero o importante é a maña, saber buscarlle o andar a pedra, para que vaia rachando millor. O principio recibiunos un pouco desconfiado, pero pouco a pouco escomenzou a soltarse, a contarnos historias de como traballaban naqueles anos, como levaban as pedras en carros de bois, falounos de canastros que existen pola zona... Xa estaba na súa salsa, rememorando tempos antigos e encantado de que xente relativamente "nova" coma nós, se interesara polo seu traballo.


Esta pedra é para un muiño que están a preparar na parroquia de Queimadelos en Mondariz, según nos contou, cando estexa acabado, vanno poñer a traballar e a moer gran. Haberá que ir a miralo.

Invitados xa estamos por Pepe.