miércoles, 14 de mayo de 2008

Divas

"Como decíamos onte..."; esta sería unha boa frase para escomenzar este post despois de algún tempo xa sin publicar nada.

Como xa sabedes este é un blog donde ademáis de posts relacionados coa parroquia, de vez en cando dásenos por subir outro tipo de entradas que o noso entender resultan interesantes. Nesta ocasión quero mostrarvos un vídeo que me enviaron, que a mín persoalmente me encanta, xa que son moi cinéfilo. Faime recordar un vídeo-clip de Michael Jackson de hai algúns anos.

O vídeo en cuestión fai un percorrido polo mundo das actrices de Hollywood de onte, de hoxe e de sempre, cos fotogramas "enganchados" dun modo moi particular. Non me podo resistir a publica-lo, espero que vos guste tanto como a min:

4 comentarios:

oko dijo...

quedo, sen dúbida, con marlene dietrich
ben, bueno, tamén con lillian gish

si que é interesante

O Raposo dijo...

Un fermoso recorrido pola beleza feminina do séptimo arte. Ay, Marilyn!!
Apertas.

Beni Lago dijo...

oko, benvido "aqueste" blog. A mín, salvo un par de excepcións gostanme todas (refírome as estrelas deste video, jejeje.) Tódalas "piniculas" protagonizadas por estas divas son moi recomendables.

Raposo, xa te estás facendo coma da familia, carallo. Alégrame que sigas vindo por estes lares... non sei porqué me da a min que debes de ser un tipo estupendo. Unha aperta para ti tamén.

Un saudiño ós dous dende este lado da ponte.

Anónimo dijo...

Acabo de entrar e xa estou notando a man dos artistas. A música de chelo acompaña moi ben ás marabillosas imaxes. Que resultado teríamos se saísen Beni e Carlos?
Neme.