domingo, 1 de marzo de 2009

Sorteo das rosquillas e licor café

Por fin din feito o sorteo do trasteo galego. Foi cun día de retraso, xa que os sábados non teño moito tempo de andar no ordenador. Entre que se durme un pouquiño máis, que algo hai que facer na casa sobre todo con estes días de sol, que houbo que reflexionar un pouco, que escoiten a Chousa na radio de Cornellá, que logo fun xogar (como case sempre perdemos) e que despóis fomos tomar algo, póis acabouseme o sábado e metidos no domingo deixenno para agora ó mediodía.

Fixen un pequeno vídeo caseiro, tedes que perder un minutiño para ver quen foi o afortunado que se levará as rosquillas e o licor café. Como podedes apreciar o video é toda unha obra de arte,jeje.

Xa me porei en contacto co ganador. Ós que non ganaron se algun día pasan por Ponteareas e me avisan non teño inconveniente en invitalo.

Grazas por participar.


12 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

¡Felicidades Artabria! uy uy que sorte está tendo esta cativa: rosquillas, licor café, queixo de ulloa e pan de antas...
xa que a min me tocou a sua tortilla de betanzos, habemos facer unha tortilla ben boa entre as duas!

Un sorteo moi bonitiño coa meniña e a moza.

Deambulando con Artabria dijo...

Buenooooooooo!!!!!!!!!Isto si que é ter sorte, moitísimas grazas. O sorteo estupendo, con esa man inocente..........

Como xa dixen por ahí, podíamos xuntarnos todos e facer unha pequena reunión, menuda enchenga iamos pillar.

paideleo dijo...

Semella que todos fixemos o vídeo coas mans inocentes dos fillos sacando os papeliños.
Noraboa para Artabria, logho !.

Antón de Muros dijo...

Parabéns para a ganadora (vexo que tivo sorte en varios sorteos) :-)

Gustoume moito o vídeo.

Grazas polo convite, mais a verdade, Carlos, non sei cándo poderei pasar por Ponteareas... xa sabes que estou mooooi lonxe :-(

Unha aperta.

Antón.

Thiago dijo...

jaja Bueno, no me ha tocado, pero me ha encantado verte en familia, con tu mujer y tu hija (que wapas las dos) tan implicadas en tu blog, jajaja la idea ha sido chulisima y se te oye a ti por ahi detrás, jajaa Genial

bueno, felicidades pa Artabria. me tendré que buscar otra rosquilla que comer, jajaja

Bezos.

vintxuca dijo...

que ricoooo artabria, que sorte tiveches.
A man inocente o mellor do video. Anos fai que non paso por Ponteareas, nunha ocasión estiven na Picaraña.

Cuspedepita dijo...

Parabéns para Artabria !! Non hai ningunha dúbida que é unha muller con sorte ! :-)))

Carlos Sousa dijo...

Parabéns para Artabria, que xa lle tocaron polo menos dous.

Logo entón parece ser que vos gustou o video? A verdade que non saíu moi "pofesional" que digamos, pero non estivo tan mal.

Xa vedes, a man inocente si que era, como di o pai de Leo, os que temos pequenos na casa botamos man deles. E a presentadora, pois que dicir...

Zeltia, coidadiño coa tortilla, que pola pintada da para moito.

Antón, un vuelo charter así nun momentiño é listo, aproveita o verán que logo se che acaba.

Thiago, me da a min que rosquillas para comer non che han de faltar, jaja.

Vintxuca, así que estiveches na Picaraña? Non sería na noite da festa, que se vai a durmir en tendas ó monte e se collen unha trompiñas de coidado, non? Nos antes íamos a pé.

Ti o dixeches Cuspedepita, eche unha muller con sorte

Lúa dijo...

Pois moitas felicidades pra Artabria!! que enchenta se va a pegar!!!bicos.

vermella dijo...

viña ver si tiña premio pero saio igual cun sorriso polo video,sorte que ten Artabria,eso que eu agora mismiño vou por un chupi de LK para afogar as penas..........
saúdos.

Raposo dijo...

Vaia, quedeime sen rosquillas. Noraboa para Artabria.
O meu sorteo fareino esta noite (e que andiven algo liado estes días).
Apertas.

Anónimo dijo...

Noraboa a Artabria....E grazas polos teus parabéns polo do Athletic. A verdade é que son merecidos e necesarios, porque poucas veces nos toca...