viernes, 27 de febrero de 2009

A víspera da reflexión

Hoxe venres ven sendo a víspera desa xornada tan rarota que lle chaman xornada de reflexión, non me imaxino a naide que dedique o sábado a reflexionar a que partido vai votar, o que máis e o que menos, xa debe ter claro cal vai ser o seu voto. Indecisos? unha palabra moi usada, pero penso que non ten moito sentido neste caso.

O caso é que hoxe tamén ven sendo a víspera dos famosos sorteos que vamos facer os trasteadores. Que rapidiño pasou este mes, verdade? Pois mañán celebrareino, teño que falar co meu socio de goberno, uff, vaia despiste, co meu socio de blog (en que estaría eu pensando) e a ver como o facemos. Quédame pena que aínda temos a nave do Bingo precintada pola policía, senón sería un bo sitio, pois o artiluxio ese para sacar as bolas vai con aire. Quedaría moi chulón, e poder gravalo coa camara, aínda que fose coa fotográfica. Se non pode ser, recurriren a meter os numeriños nunha bolsa e que unha man inocente saque un número, entón xa terei que bucar a outro, que Beni de inocente, non sei...

Os números asignados para os que se apuntaron no sorteo das rosquillas e licor café foron os seguintes:

Nº 1, Suso Lista
Nº 2, Chousa de Alcandra
Nº 3, Lúa
Nº 4, Paideleo
Nº 5, Zeltia
Nº 6, LM
Nº 7, Manuel L. Rodrigues
Nº 8, Barreira
Nº 9, Thiago
Nº 10, Senda
Nº 11, Raposo
Nº 12, Paco Penas
Nº 13, Vintxuca
Nº 14, Vermella
Nº 15, Alexandra
Nº 16, Mer
Nº 17, Artabria
Nº 18, Fada das letras
Nº 19, Jorge Vicente
Nº 20, Moncho País
Nº 21, A lareira de Santiso
Nº 22, Nin se sabe
Nº 23, Cuspedepita
Nº 24, Couxil
Nº 25, Hadex
Nº 26, Quenindiola


Quen de verdade pasou traballiño con este meme, foi o blog de L&M, nel están recopilados todolos productos que se sortean. Outra cousa non haberá pero variedade, hum!!! de todolos sabores, e viño si que non falta. Habería que xuntar todos e facer unha festiña, sei que é difícil, pero non sería mala idea. Eu claro apunteime (ou polo menos intenteino) a todos, aínda que coa miña mala sorte nos xogos, non sei se me tocará algo.

Sorte a todos.

E voume correndiño, que está Rajoi de mitín en Ponteareas e non quero perdelo, (jeje, nin de coña, que aínda me rouban a carteira).

8 comentarios:

Beni Lago dijo...

Aquí en Areas o voto xa está decidido catro anos antes; xa todo o mundo sabe de que pe coxea o veciño, jejeje.

Con respecto o noso sorteo, xa miraremos como facer; o importante e que o gañador lle van chegar as rosquillas, e de paso comeremos nos outro paquete para celebralo. Solo rosquillas, de licor café nada que nos alcohol non tomamos, jejeje.

Un saudo socio.

Thiago dijo...

jaja Bueno, tienes razón, la verdad es que malo sería que la gente tenga que reflexionar el último día.... Será para que los candidatos descansen un poco antes de las elecciones. nuse.

Y de las rosquillas, ya me contarás el sorteo, que emoción, ajajaj ya me están apeteciendo y el nueve es un numero muy suertedo, jaj

Chousa da Alcandra dijo...

Pois eu tampouco che son moi agraciado nos sorteos (a non ser que sexa unha labazada, que me toca seguro!).

Concordo contigo no traballo e na excelente idea de L&M nesta proposta.

Sabes que hoxe, a iso das 18:00 horas, haberá unha entrevista en Radio Cornellà sobre o asunto do noso sorteo? (Xa sabes, galegos por todo o mundo!). Está previsto que interveña eu tamén, e -se podo- farei en directo o meu sorteo.

Unha aperta!

alexandraonelight dijo...

Amigo, quando puderes, vai ao meu blogue. Há lá uma surpresa!!! :0)
Abraço de cá,
Alexandra

Zeltia dijo...

Ei!, que os deberes están sen facer!
aquí hai unha muller impaciente por saber se come rosquillas ou non come rosquillas!

:)

No meu sorteo non tivestes sorte!

Lúa dijo...

hehehehehe, que pasará hoxe????bicossssss

An dijo...

interesante meme que me perdín, no meu blog teño o do libro en galego.se queres pasate e deixa un comentario na entrada, o sorteo é o dia 30. Saúdos

Anónimo dijo...

Urxencia algúns de Sam Blas non collemos internet se podedes poñer unha antena mellor.Espero que ma fagades caso.