sábado, 7 de febrero de 2009

Actualización da crónica

Teño que actualizar o post anterior por dous motivos.
O primeiro ven sendo polo cruceiro de Angoares, pois a cruz xa apareceu, un pouco misteriosamente. Según a explicación oficial que comenta a xente, é que sempre estivo no concello, máis ben no museo e que se a botaron en falta foi porque non se fixaron ben. Pero eu sei dunha boa fonte que non foi así. Unha persoa anónima arrepentida non foi capaz de aguantala presión e foi quen de devolvela, ou comunicar onde estaba. O nome non saíu a luz xa que esa declaración fixoa basándose no segredo de confesión e o parroco axudou a recuperala, loxicamente sen comunicar o seu nome. Eu pensei que isto só pasaba nas películas, pero parece ser que non.

O segundo motivo vai sobre os carteis da campaña electoral.
Como vedes na foto xa están todos.



Como contara anteriormente, o axente 009 ocupara case todalas farolas do pobo, Torito (como dí Chousa) tivo que ocupar as que quedaban valeiras e Quin habitou as mesmas que 009 pero pola outra cara da farola, ó final colocou tantos carteis como él.

Os slogans teñen a súa importancia. Un di "dálle máis forza", e claro o aire soplou, os dous que compartían farola (un mirando cara a Vigo e o outro cara a Cañiza) mesturáronse e quedaron no mesmo lateral da farola. Causoume graza e tiven que tirar a foto, o slogan que queda visible ven sendo "A túa forza move este..."

Que move? Pois está claro que o que move é o cartel. Que lle está contestando a Torito? Este presencia a escena cunha sonrisa preocupante, mentras os outros dous miranse cara a cara tamén cun sorriso. Será isto un preludio dun pacto entre o BNG e o PP. Imposible, non? Pois en Ponteareas nunhas municipais pasou algo polo estilo.

Que acabe canto antes, e cando pase o que teña que pasar, que se molesten tamén en retirar a propaganda, a ver se son capaces.

13 comentarios:

Zeltia dijo...

farteime de rir! ainda argallastes cos carteis, as caras e os slogans.
moi bo, moi bo!

HADEX dijo...

Eso eso, que os retiren cando acaben.....basta xa de emporcallar!! (en tódolos aspectos!!)


Bicos!

Lúa dijo...

hehehehehehehe, son pesadiños istes......bicos.

Antón de Muros dijo...

Atopaches humor na guerra dos carteis :-)

Unha aperta.

Antón.

Thiago dijo...

jaaj lo de la devolución del pelouro tuvo mucha gracia, cari, jaaj está genial. ¡No la vieron! jaja

Y lo de la posibilidad de un pacto PP con BNG pues nunca digas nunca jamás, ya el PP una vez intentó la pinza con IU, te acuerdas del sorpazzo o algo asi, creo que se llamaba y eso empezó a ser el declive de IU, pues la gente no comprendió que se uniera al PP para destrozar a los socialistas, pensaban quedarse con los votantes y les salió el tiro por la culata. Desde entonces no levantan cabeza.

Hay errores que se pagan para una generación entera.

Bezos.

Suso Lista dijo...

O do cruceiro,pasou en Corme tal cual; tamén aparecío na cas do cura. Apertas

paideleo dijo...

Podían retiralos antes de empezar xa.
Agora colleron a moda de non mirar de frente e non me gusta nada.

Raposo dijo...

Unha preguntiña: ¿xa empapelaron de propaganda a marquesina que puxeron o outro día?

Mer dijo...

Pois reitero o dito no post anterior, espero que retiren e reciclen todo este lixo que están facendo.

A predicar co exemplo.

LM dijo...

pois como siga soplando assim nom sei se chegaram as eleizons...
beijos

Barreira dijo...

Ainda que os leve o aire non pasa nada, porque na campaña xa veñen outros carteis novos.
Outros carteis que digan:
-Chegou o momento de votar
-Dalle con forza ao teu voto
-O teu voto move as poleas do engranaxe político.
Saudos

Manuel L. Rodrigues dijo...

home, o do cruceiro é unha mágoa. Habería que concienciar ben á xentiña sobre a conservación do patrimonio.

No das cartaces, e a ver se lle sacou unha foto, aquí puxeron ao Feijoó cos pes para riba (xd).

Unha aperta

Thiago dijo...

Cari, llueve en Galicia? En Madrid caen chuzos de punta....! Pero por Génova, ya sabes dónde el PP.

Oye, que le pasa al del Wifi? Moito anunciar a sua volta pero ni flores, jajaja

Bezos.