Os memes son unha forma de darse a coñecer entre blogs. Normalmente xa non se lles soe facer moito caso e somos reacios a facelos, pero neste caso cumprénse varios motivos que me animan:
O primeiro, é que quen mo envía é unha nova amiga blogueira, Zeltia, e iso sempre é de agradecer, un novo blog o cal visitar.
E o segundo e máis importante, é que tratase duns sorteos de productos da nosa terra. Cada blog que fai o meme sortea algo especial ou recoñecido da súa zona, os que queiran participar so teñen que poñer un comentario no post e agardar ó día 28 para ver si hai sorte. Por último escoller a tres blogueiros para que fagan o mesmo, se queren.
A iniciativa deste meme xurdíu do bló de L&M, e se picades nel podedes ver todolos productos que se sortean o día 28, cos seus respectivos enlaces ós sorteos.
No meu caso resultoume difícil a elección, Ponteareas é unha zona de músicos e compositores, coñecida pola súas alfombras de flores, por aquel ciclista campeón da Volta, Alvaro Pino (si, o da vespino como decía Antón Reixa) e tamén mundialmente coñecida polo equipo de fútbol sala o Areas F.S ó cal eu pertenzo. Pero claro, iso todo non se pode sortear, bueno nin todo nin parte. Entón busquei na gastronomía da zona. Aquí fanse dúas festas, a do bacalao e a do polo a brasa, pero ningunha das dúas son típicas senón máis ben de recente creación. Ó final lémbreime das rosquillas, producto moi famoso antigamente e que se relaciona con Ponteareas, as rosquilleiras ían a vendelas por feiras e festas dos pobos colíndantes. De feito existen varias confiterías na vila, unha fundada en 1875, que foi onde merquei estes paquetes.
Voulle engadir unha botelliña de licor café caseiro, para acompañalas no postre con uns chupitos. Dicir que as rosquillas tamén están moi ricas molladas en viño tinto, cada un é libre de tomalas como queira.
Agora ven o paso de seleccionar tres blogueiros, este é o peor paso, case todos os que coñezo están seleccionados, a ver se queda alguén libre, alá vou:
-Suso lista, xa o escoiten dicindo que se estaba zafando, agora non ten excusa, e uns percebiños non caían nada mal.
- Mer, non o dixo, pero tamén se está zafando.
-Manuel L. Rodrigues, sempre haberá algo que sortear das terras de Noia.
Bueno, sodes libres de querer facelo ou non, pero anímovos a todos a participar no sorteo, que uns dulces nestes momentos non veñen nada mal. Sorte.
jueves, 12 de febrero de 2009
Meme do traste galego
Etiquetas:
Comer e Beber,
O Bahúl
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
33 comentarios:
Sintoo pero xa chegas tarde, xavan ir eses percebes entre Vermella e mais eu. Pensei quesafaba, pero...Saúdos
Si señor! i eu xa estou apuntado para o sorteo deles no bló de Vermella!!!.
E veño buscar número para as tuas rosquillas con licor café.
Pasácheste ti pola Chousa para coller número no meu sorteo do Pan de Antas con Queixo da Ulloa?. Pois correeeeee
mmmm, que rico premio!!!!bicos.
Non probei esas rosquillas desa confitería así que me vas dando número. A min gústame mollalas en viño tinto pero o licor café tamén se agradece.
Pois sí, as rosquilleiras non son estampas do pasado que por ahí andan de verbena en verbena coas suas rosquillas (claro que agora non van de negro co pano á cabeza, nin as rosquillas nunha ristra ensartadas, ¿ou si?)
Eu quero que me deas número para elas!
E moitas gracias por aceptar a invitación do meme. un bico pegañento de azucre das rosquillas.
eu também quero! eu também! mira que aprendi coisas! nunca se me ocorreria molhar uma rosquilha em vinho! e do licor café que dizer...?
beijos
pois, aquí apúntome eu, tanto para o sorteo como no compromiso de facer o meme cos mellores productos agropecuarios de Noia.
Un saúdo.
Apuntame para as roscas esas que teñen unha pinta moi boa.
Saudos.
jaja que bonita iniciativa, te imaginas que esto funcione? mandaremos torrijas al peru y los mejicanos nos enviaran enchiladas, jaajajaja Solo pienso como llegarán las rosquillas a Madrid ¿desfeitas?
Es una iniciativa turística genial, cari, con ideas asi pa que habrá nacido Fraga...¿pa fundar los paradores? no jodas, jajaja
xa tardaba en aparecer o LK, eu apúntome, por suposto!!
Pois apúntame que co viño as rosquillas baixan ben e despois uns chupitos de LK e padiante.
Eh, se fai falta pagamos os portes a medias, Canarias queda máis lonxe que Africa, jaja
Eu tamén chje invito a pasar polo meu meme.
Apertas.
Primeira entrega dos números para o sorteo
SUSO LISTA; Nº 1
CHOUSA DE ALCANDRA; Nº2
LÚA; Nº3
PAIDELEO; Nº4
ZELTIA; Nº 5
LM; Nº6
MANUEL L. RODRIGUES; Nº7
BARREIRA; Nº8
THIAGO; Nº9
SENDA; Nº10
RAPOSO; Nº 11
PACO PENAS; Nº 12
Veña, aínda queda tempo para apuntarse, sorte a todos.
Si señor...boa elección!!
Pois co larpeiriña que son non quedo sin número para as rosquillas e se tocan tomareinas con cascarilla e por riba o licor café,tes o número 09 para os percebes.
saúdos.
Sim, uns docinhos vêm sempre a calhar, e com um belo licor ainda melhor! Aqui venho pedir o meu número, e entretanto já tens o teu, para o Vinho Verde, no meu blogue.
Outro abraço de cá,
Alexandra
Eu que andaba ás agachadas, silenciosa para que ninguén me nominara, de tódolos xeitos gracias por acordarte de mín... bueno, a ver qué se me ocorre.
Eu tamén participo, todavía se pode apuntar, non?
Segunda solta de números para o sorteo
VINTXUCA; Nº 13 (bo número)
VERMELLA; Nº 14 (e iso que fas o meme a medias con Suso)
ALEXANDRA...; Nº 15 (un abrazo de acá tamén)
MER; Nº 16 (Neste meme me parece que non se zafa ninguén, xa pasarei a ver que sorteas)
ARTABRIA; Nº 17 (Pois claro que aínda se pode, ata o 28. Se sorteas algo avisa)
jaaj ¿como va el meme? Te advierto que vosotros tb. empezais a tener muchos comentarios eh..
Gracias por vustra comprensión y apoyo. Supongo que estar de examenes, además, me agobió un poco... Tanto buscar comentarios y luego no puedes respodnerlos a todos, jaja
Bezos a los dos.
Olá amigo Carlos, já estás no meu sorteio, agora quero também um numero para o teu, as rosquillas têm um aspecto optimo! Beijos desde Portugal, Arlete Piedade
Seguintes números para o sorteo
FADA DAS LETRAS, correspondeche o número 18, sorte.
Thiago, non podo voltar a darche número, xa tes o 9.
carlos, e eu também queria um docinho!!!!
um grande abraço desde portugal
jorge vicente
p.s.
o teu número no meu blog é o 6
Arredemo! Esas rosquilliñas téñenche unha pinta bárbara! E con esa botelliña de licor café fan unha sobremesa redonda. Xa só falta a boa compaña. Eu tamén quero númaro.
Un saúdo!
Ponteareas é moi ghrande!
Que bendita ocasión para coñecer o teu blog! E así tamén aproveito para pedirche un numeriño, que debezo por esas rosquillas.
Apertas!
Eu tamén quero probar esas rosquillas. E si ti queres unha segunda opción a uns percebes do Roncudo (aparte dos de Susiño) entra no meu curruncho...
Eu tamén quero ! :-)
Saudiños
Seguinte solta de números para o sorteo
JORGE VICENTE: Nº 19 (Tamén un abrazo dende Areas)
MONCHO PAÍS: Tes o número 20, se che toca a boa compaña aparece logo.
A LAREIRA DE SANTISO: Nº 21, o mesmo che digo, bendita ocasión.
NIN SE SABE: Nº 22, as segundas opcións non hai que deixalas escapar, vou a polos percebes.
CUSPEDEPITA: Nº 23, un saudiño.
Veña!! que se acaban
Ola Carlos:
Claro que quero un Nº para o teu sorteo. Din que as rosquillas son boas as da vosa zona, pero seica as de Gondomar gánanlle en sona (sinto polo pareado, pero non é máis ca un intento de rima sen ánimo de ofensa). Se nos tocan teremos que comprobar cales son as de mellor gusto, se é que alguén se anima a participar dende alí.
Ai Carliños!!! Graciñas pola invitación!! Agardo número logo!!
COUXIL: Nº 24 Boa rima, a ver que contas na radio.
HADEX: Nº 25 Faltábasme ti, agora creo que xa estades todos.
Sorte
hei, eu tamén queríache un numeriño...
Graciñas!
QUENINDIOLA: Nº 26, entraches xustiño na víspera.
Sorte
Publicar un comentario