Algúns non sabredes, pero fai xa bastante tempo falara das exhumacións que se estaban a realizar aquí en Areas. Daquela foran momentos emotivos para moita xente, a parroquia estivo bastante pendiente eses días do que acontecía. Ó final a Memoria Histórica do 36 conseguiran atopar ós cinco homes que estaban a buscar no adrio da Igrexa de Areas. Hoxe ano e medio máis tarde, despóis de levar ós restos dos corpos a Navarra para a súa correcta identificación, por fin se lle fixo entrega deles ós seus familiares.
Foi un acto sinxelo, pero emotivo. Angel, Presidente da Memoria Histórica de Ponteareas fíxolle unha honenaxe e leu as seguintes verbas:
Gustaríamos de compartir convosco a importancia moral, histórica, emocional e xurídico deste acto.
Sabíamos que foran inxustamente asesinados hai 73 anos e enterrados ás agochadas aquí, no adro da igrexa de Areas, de onde foron exhumados hai 2 anos para ser identificados.
Sabíamos que era unha historia sen duelo, unha historia de silencio e dor.
Sabíamos que eran labregos, cidadáns desa República de traballadoras e traballadores que vivían nunha sociedade aberta, libre e xusta.
Sabíamos que eran labregos, cinco labregos:
SATURNINO VILA QUIROGA.
SERAFÍN RODRÍGUEZ ALONSO
JOSÉ RAMÍREZ VILA
JOSÉ RODRÍGUEZ CARRERA
MANUEL PÉREZ VILA
Hoxe 25 de Outubro de 2009 facémoslle entrega a estes 25 labregos da ROSA POLA MEMORIA. Agora que chega o día da última víaxe, que están a piques de marchar de Areas por fin a O Porriño, a súa terra, entregámoslle a Rosa pola Memoria.
Así, lixeirños de equipaxe, case desnudos, cheos de Nosa Terra regresan a casa,
QUE A TERRA GALEGA, AGORA SÍ, LLES SEXA LEVE.
Logo dos aplausos sonou o antigo himno do Reino de Galicia, e fíxoselle entrega ós familiares das urnas coa cinzas e da Rosa pola Memoria, co cal moitos chegaron a emocionarse.
Con isto acaba un capítulo que nunca debeu de existir. Noutras partes aínda andan ás voltas para conseguir recuperar a eses familiares brutalmente asesinados e enterrados en fosas comúns. Aquí polo menos, iso conseguíuse e xa teñen ós seus parentes con eles.
domingo, 25 de octubre de 2009
Emotivo final para algo que non debeu de existir
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
23 comentarios:
Xa poden descansar en paz.
PRAADIANTE
¿como algo tan normal ,como querer ter os teus seres queridos cerca ,donde levarlles flores pode ser motivo de discrepancia?....sexamos humans
Imaxino o descanso e a alegría que levará a familia.
Certo, xa foron recibidos no Porriño, cuyo Concello, na cabeza de Raul Frances, brindou toda clase de apoyo, non así o de Ponteareas, que nin acto de presencia fixo..., alá eles. Areas cumpleu co a sua tarefa, axudar os familiares en todo o proceso, e emocionarse con eles no seu regreso a casa, donde sempre deberon estar. Nora boa Carlos po lo post. Ricoesanto
Emocionante, que despues de tantos años, hayan podido descansar.
Imagino que fue un acto muy emotivo.
Besos
Buf é arrepiante....a verdade é que hai que verse nesas circunstancias para comprendelo de todo.....Alégrome por eles...
Bicos para ti.
Que descansen en paz. Merecido e emocionante recibimento.
Oxalá nunca pase outra vez.
E díficil non emocionarse ante actos asi.
Apertas os familiares e a todos os que colaboraron para devolver eses corpos as súas familias.
A loita é un río, coas bágoas construimos pasados, presente e futuros. Síntome triste, cado vexo a cara dos mártires da "puta" política. Bicos
Es una actitud muy natural la de las familias que quieren tener identificados y situados los restos de sus antepasados, gente que, ademas, lucharon contra la injusticia y fueron asesinados por un regimen que luego aun encima los culpabilizó durante decadas.
Estos sencillos homenajes son, al menos, una justa y pequeña compensación, por eso me duele tanto la barbaridad que se está haciendo con el Juez Garzón. Que será un juez estrella, pero para mi es el hombre de este país que mejor entiende el sentimiento colectivo de un pueblo.
Bezos.
Por fin poden descansar en paz, eles e as súas familias. As guerras non deberían de existir.......
Con este feito pode pecharse un capítulo triste da historia aínda bastante recente. A ferida causada deixou unha pegada imborrable, pero é de xustiza que cadaquén poida enterrar aos seus e procurar pasar a páxina triste daqueles días.
Apertas
Emoción, iso é o que sentín vendo esta homenaxe.
Saudos A.Cris
eu deixara un comentario aquí!
a saber a onde foi parar.
viña a dicirche que,
ainda que se dí que hai que deixar ós mortos en paz,
eles, non poden deixarnos a nós,
porque teñen que lembrarnos o terror
do que todos somos capaces.
que ¡está xente viva ainda que veu todo iso!
non e pasado, é presente para algúns.
Moita xente foi asasinada e nunca foi axustizada. Todo isto pareceme ben, pero sería ainda mellor se compensaramos ás familias como se merecen.
Saudos.
Xa ves Manolo, o alcalde de Ponteareas nin tan siquera se dignou aparecer, o mellor será polas siglas do partido, que non llo permiten, ou ata pode ser porque non lle interesa. Unha pena.
Grazas a todos polos comentarios, sei que é un tema sangrante, pero que mellor forma que recordalo con noticias como estas, e non como outras que aínda están a sonar por aí.
Maribel-bel, benvida a este recuncho, pásate cando queiras.
Un saúdo a todos.
Moi bo o post. Hai cousas que non deben esquecerse e aprender delas para evitalas.
como diría Judy Garland "se está mejor en casa que en ningún sitio"
Agora de volta na Galiza xa queda todo no seu lugar. Apertas!
que paxa, cari? es verdad que hace mucho que no sabía de ti... y del Beni, ya no digamos,jajaja
Esta mas ocupado este año, o qué?
Bezos.
preciosa homenaxe na vila e neste rincón teu para os cinco,coma ben dis un capítulo que non debeu existir.
saúdos.
non terás a gripe!,
(que xa vai moito que non actualizas o blog)
Machiño que tes pensado da tua cibervida, saqualle mais horas o que sabemos é ponte a teclear que seguro que tes moito que escribir.
Cousas boas eh,que estamos xa no nadal je je je,o carallo outro ano nas costas,pero bó,que nos quiten o bailado,non?
Saúdos cabronazo
nunca é tarde...
Publicar un comentario