domingo, 18 de octubre de 2009

Luis Pardo

Nestes días de encerro pasados de loita, antes de pecharnos no Concello, e cando estábamos a espera nas escaleiras a que nos deixasen entrar no pleno extraordinario, lémbrome cando Xoan Carnero (o meu amigo fotógrafo que me prestou as fotos) dicía aquilo de, "aquí falta Luis Pardo, se estivese aquí non nos tiñan así a espera na escaleira..." E así empezou a contar anécdotas de cando se subiron ó tellado e encerraronse no Instituto Pedra de Auga, da famosa polémica e "embestida" por parte dos antidisturbios no conflicto da rotonda de canedo, "levamos ostias por tódolos lados, como cargaban e bufaban aqueles bichos, pero aínda lles demos que facer..." conta Xoan sobre este último episodio.

A raíz disto, entereime que Luis foi un dos primeiros en loitar polo novo Instituto. Xa fai bastantes anos con motivos da saturación e precariedade do centro Pedra de Auga, foi un dos que mobilizou ós pais para que intentasen melloralo e sobre todo para que se lograse a construcción dun centro novo. A súa loita foi bastante intensa, pero ó final acadaron o obxetivo. O centro estaba en pe, aínda que faltaba o que faltaba. Na rotonda de Canedo pasou outro tanto, e cando estaban a manifestarse e tiñan as obras paradas, unha patrulla de antidisturbios que andaba pola zona, tomouna a porrazos con eles como se fosen terroristas, cando soamentes eran un puñado de veciños protestanto. Luis andaba polo medio.

Pois agora si que se pode dicir que falta Luis Pardo. Esa lacra que nos acompaña por todolos lados foi quen de vencelo e en dous meses derrotou a ese loitador que non foran capaces de vencer tantos elementos en contra. Non o coñecía particularmente, pero sei que se non fose pola enfermedade estaría con nós arropándonos no conflicto pasado do IES do Barral. Era un loitador nato e como tal aí estaría ó pe do cañón, gran mobilizador de masas que non se casaba con ninguén. Por iso era admirado e tamén tiña detractores, pero sempre loitaba pola causa, tendo que enfrentarse a quen fora.

Dende o meu humilde blog deséxolle que siga igual alá onde esté, máis dun estará temblando coa que se lle aveciña. E a familia que teña moito ánimo, e sobre todo a miña amiga Marta que terá que dalos, sei que será capaz de facelo que calidad humana sóbralle.

Na foto vese no centro con boina, estes bicharracos (estilo robocops) non foron capaces de doblalo:

12 comentarios:

BRABIDO dijo...

NON CHEGEI A COÑECELO PERO POLO QUE ESCRIBES MORREU COAS BOTAS POSTAS.

D.E.P

paideleo dijo...

Non sei polo que pero sempre dá a impresión de que morren os millores: os héroes do pobo.

Unknown dijo...

Onte mesmo li a notícia no Faro de Vigo. Non sabia quen era, hasta leer a esquela, mas que esquela era un pequeno homenaxe.

Como di Paideleo, os bons sempre marchan primeiro.


Bicos

Thiago dijo...

Muy buena semblanza cari... el ya no está para leerte, pero espero que su familia este orgullosa. Estos gestos parecen poco, pero son ejemplo para otro... Pq somos muchos los que protestamos desde nuestros blogs, pero hombres de acción siempre son pocos...

Recoge su antorcha, cari. BEzos.

Deambulando con Artabria dijo...

Bonita homenaxe lle fixeches!!

paidovento dijo...

Mágoa da súa morte, xente así bótase en falta. Mágoa tamén que non fixesen caso e construísen igual a rotonda, e despois de bater sen dor en xente de ben.

Paz Zeltia dijo...

vaia!
o motivo que che animou a escribir esta entrada no blog e ben triste.
todos estamos espostos a ese franco tirador que é o cancro, ten querencia por certas edades, pero non se libran tampouco os novos...
e cando de súpeto,
unha persoa loitadora,
que non se amilanaba,
non é quen de loitar
e é vencido,
un sinte que é unha inxusticia tremenda.
un debía morrer cando o desexara...

pois xa sabes, meu amigo,
a recoller o testigo!

Barreira dijo...

Que en paz descanse, porque aqui descansaba pouco.
Saudos.

Eva G. Rei dijo...

É unha mágoa pero sempre marchan os mellores.
As perdas da xente querida deben servirnos para non esquecer e para lembralos sempre polas cousas que fixeron. No caso deste home son tantas que abonda con lembrar só unha: o novo IES do Barral.

Anónimo dijo...

Hola que tal, soy Angel Sanz , Si le interesa poner anuncios de texto en tus blogs.
Puedes ganar hasta 50 euros por cada blog o web.

Nuestra empresa le asegura enviarle sus pagos de diferentes maneras: Transferencia bancaria,wester union,paypal,moneygram. Los pagos son mensuales.

Usted solamente debe colocar los enlaces en los post de su blog y listo ya comenzara a ganar dinero.
Cualquier interesado enviarnos sus blogs, para poder revisarlos. Este es uno bueno

Un Saludo cordial.
Angel Sanz
tel : (+34) 691 533 734 // Valencia,ESPAÑA Prefijo de España (34)

Para mas información puedes contactarme por correo o chat:

angelsanz.comercial@hotmail.com

Puedes contactar por facebook si quieres :

angelsanz.comercial@hotmail.com


Tambien tenemos un sistema de referidos , que ganas una comision mensual
Por cada sitio/blog recibira una comision hasta de 7.5 euros mensuales.

abueloscrisytoño dijo...

A foto fala por se soa e... parece un home moi novo.

Thiago dijo...

Cari, ya veo que vuelves a estar ahí, la 100% jaja pendiente de las novedades, eh... Preguntale a tu hijo que es un ipod, a ver si él te lo sabe decir, jajaa

Bezos.