jueves, 17 de diciembre de 2009

A lenda do Fresco (2ª parte)

Despóis dun pequeniño descanso, e de que me chamaran cariñosamente vago (o cal non é mentira ningunha), creo que vai sendo hora de retomar a historia do Fresco. E alá vamos coa segunda parte, sempre basada na reportaxe de Xoan Xosé Pérez Labaca, publicada no Faro de Vigo. Teño que dicir que esta segunda parte decepcionoume bastante, esperaba moito máis. Vamos alá:

Cando se produxo o levantamento do exercito en África e do comenzo a guerra civil, foron a buscar ó Fresco a súa casa os socialistas e os do fronte populista de Ponteareas para que se incorporase á defensa da República. Aclamado por todos foi cara a Lavadores, como xefe de partida, pois a xente das esquerdas resistían por uns días os ataques dos militares, aguantando con barricadas nas rúas. Tomou parte activa ó asalto ó chalet dos Nuñez, que era a vivenda do industrial Estanislao Núñez. No asalto pereceu o sinalado industrial e grazas a intervención do Fresco dous fillos salvaron a vida. Hai outra versión que aporta o neto de Estanislao Núñez, que dí que é crenza familiar que seu avó foi morto por Fresco nun disparo na cabeza cando fuxía da súa casa na que se atopaba só.

Esta foi a primeira intervención, e prácticamente a última, de González Fresco xa que pouco despóis ó caer as resistencias en Vigo, decidíu botarse ó monte onde xa se refuxiaban outros fuxidos agrarios, socialistas, anarquistas, comunistas e galeguistas. A súa condición de fuxido non foi moi longa, pois durou dende xullo de 1936 ata os días do Nadal do mesmo ano, se ben a nova do seu pasamento non se soubo ata o día de Reis do ano 1937.

A propaganda republicana quixo converter a Fresco nun líder guerrilleiro, cando en contra do que dicía tal propaganda, este apenas participou nas accións que os fuxidos tiveron nos montes contra posicións militares ou paisanos relacionados co levantamento. Non foi nunca un gerrilleiro vencellado a uns mandos políticos comunistas. Tamén é certo que moitos dos fuxidos, para solventar a súa inocencia usaron o nome do Fresco como autor de feitos e accións armadas que eles mesmos realizaron. Polo que logo deixou escrito, el nunca foi partidario de certas prácticas violentas que cualificaba de criminais por parte dalgúns fuxidos. Opinión que manifestaba con moita frecuencia dicindo: "Non matedes! Non vos convirtades en asasinos. Non sexades coma eles".

Din que tratou de fuxir a Portugal e por iso recurriu a xentes que consideraba súas amizades. Dentro deses amigos figuraba un tal Peypoch, de Mondariz Balneario, co que tiña preparado un encontro. Pero este o que lle tiña preparada era unha emboscada, coa casa rodeada de falanxistas e gardas civís, pero Fresco avisado por algún confidente non compadeceu ó encontro. En Vigo chegaron a ofrecer importantes cantidades de cartos pola súa captura, tanto vivo como morto.

A nova da súa morte chrgou o día de Reis cando o atoparon morto no monte Galleiro. A súa muller, Nieves Souto, que seguía residindo na casa de Areas, foi levada para identificalo ó cementerio de Padróns e alí foi enterrado. Sobre como foi a súa morte, hai varias versións. Unha é que foi cribado por disparos da Falanxe da Garda Civil. Este feito é dubidoso, pois se fose así saberíase no momento, pois a morte do Fresco sería para eles obxectivo principal do que gabarían de inmediato. Outros responsabilizan a algún veciño que o traicionou. Tampouco se pode descartar que fose nunha loita entre os propios fuxidos pois non coincidían en moitas formas de pensar e de actuar.

Labaca remata o artículo dicindo, "O que si é verdade é que a historia deste home é unha historia da loucura e da senrazón dunha época na que, pola súa condición de deportista, tirador de primeira liña e home destacado tivo que, por medo propio e dos seus, botarse ó monte fuxindo polo feito de sobresaír naquela sociedade na que lle tocou vivir. Da historia do Fresco aínda se fala hoxe por estas terras. A vista dela, nós pedimos que non veñan nunca xamais tempos deses."

En fin, eu sei que aquí falta moito por contar que por uns motivos ou outros, Labaca non nos fala deles. Prometo enterarme (se a miña vagancia mo permite...) e se cadra algún día haberá unha terceira parte sobre a lenda do Fresco.

10 comentarios:

Cuspedepita dijo...

POis non estaría mal que sigas investigando porque a historia ten os seus misterios, coma ese que contas sobre a morte do Núñez que lle atribúe a familia e que polo que levo lido non cadra moito co resto da súa traxectoria persoal.

Cando eu era nena un deses personaxes misteriosos que nos daba medo (coma o home do saco) era un tal Recaredo. Anos despois descubrín que só era un de tantos que tivo que tirarse ao monte para protexer a súa vida.

Que pasedes un bo Nadal.

Apertas

paideleo dijo...

Eu penso que só o Fresco sabía a verdade.
Interesante tema de todas formas.

HADEX dijo...

Está ben sí.....moi interesante.

Bicosss

Ana dijo...

Mira que tardastes, xa case teño que comenzar pola primeira parte,jejeje

Son máxicas estes contos/lendas/verdades doutros tempos.

Bicos

Bo Nadal

Moraima dijo...

Coincido con Paideleo, tamén penso que o Fresco estaba enterado de todo!

BRABIDO dijo...

Moitas dubidas,non estamos falando de algo que aconteceo fai seculos,deberia ser mais concreto,quero decir mais exacto,polo que lin en aqueles tempos mais valia ser un don nadie e coa boquiña pechada.

Vemonos machiño,que xa quedan poucas noites pa rematar este ano,esperemos que a xerenta do local que frecuentamos se porte ben,e nos deleite con uns doces e uns grolos a sua salud.

abueloscrisytoño dijo...

Segue investigando se tiras do fío atoparás o final

¡Felices festas! desexámosche todo o mellor para este ano 2010.
A.Cris

Beni Lago dijo...

Bueno, sigo decindo o mesmo: habría que vivir na época para saber como foi realmente o conto, como ven dí o autor do artigo "hai varias versións". Como pasa con moitas biografías de persoaxes nacidos en tempos remotos, depende moito do punto de vista que teña o biógrafo a posteriori, e se me apuras un pouco, incluso da cor política. En fin, sexa como sexa, polo menos temos máis detalles para conforma-la nosa propia opinión. Non sei porqué pero despois de ler esta biografía e de pensar un pouco neste individuo xa non me cae tan ben; pero non pasa nada, despois de todo... mitos caense tódolos días. Polo menos (e grazas a foto do seu careto que descoñecía) o Fresco deixou de ser tan "anónimo" para min, o cal non sei se será moi bo. Tal e como ocorre nalgunhas películas... "gostame máis o libro".

A mamala.

Suso Lista dijo...

Efectivamente é moi interesante. Tempos que non deberían voltar. Que pases unhas boas festas. Aperta

Zeltia dijo...

digo igual ca suso.

e bicossssssssssss