jueves, 24 de diciembre de 2009

O Nadal e a nai que o pariu.

En fin..., é posible que algún lector crente se ofenda co que vou decir; pero polo menos na parroquia de Areas cando unha tía queda preñada de alguén que non é o seu marido (por moi espírito santo que se faga chamar o interfecto), aínda que veña disfrazado de pomba e ó cornudo do seu marido lle de igual; polo "bajinis" e en "petit-comité" a catologarían de algo que non vou a nomear para non ferir sensibilidades.

Atolado mundo (e hipócrita) é este, onde os pais que se queixan de que os seus fillos estean obrigados na escola a ver a imaxe dun "hippie" torturado nunha cruz de madeira, sexan os mesmos que tódolos 25 de decembro bican no xeonllo ó protagonista da mesma imaxe 33 anos máis novo, namentras aceptan de bo grado o sorriso cómplice da súa beata sogra antes de comulgar.

Diante do "arbolito" dos collóns e do Belén (co boi, a vaca, o anxeliño pendurado do fío de seda, o cornudo, a parturenta, os patiños, o cagón de rigor e as súas graciosas maxestades); pómonos ata o cu de langostinos, turrón e anguriñas (que non son angulas, pero casi).

Esa é a parte boa; a mala é que o can se caga na cociña, as luces chispeantes do arbol xa non chispean tanto como o tío que vén de tomala cos amigos, a avoa alporízase porque os netos xa non lle dan tantos bicos como antes, a nai séntese acalorada de tanto cociñar e ó pai saíronlle as cores ó ver como o avó tamén se cagou na cociña.

Nesta época de tanto falso laicismo busquei algunha efemérides que poidésemos celebrar, pero inconscientemente tódalas que se me ocorren teñen que ver cun santo (bendita educación); namentras propoño celebrar nun futuro o día en que a "Rahîn", un mozo iraquí huerfano por culpa do petroleo, o deixen de apedrear por ser homosexual, levar o pelo longo e querer xogar coa "Play-Station".

Si, xa o sei..., saíume a miña vea cínica; pero afortunadamente tamén contamos con celebracións un tanto paganas como a das doce uvas, da cal eu tamén participo (sen recorrer á comodidade de "Cofrusa" que ata veñen sen pepitas) e que consiste básicamente en ver a cara de gilipollas que poñen os que te rodean, namentras van abastecendo os seus carrillos con aire moi trascendental a toque de campá.

Ás doce e un segundo (por mor das mareas) deste ano, logo de pornos roupa de gala, limpar a merda da cociña, confundirnos nas badaladas por culpa do carrillón e reducir drásticamente a vaixela dos domingos, saímos á rúa a tirar petardos e a celebrar os bos propósitos que decidimos realizar no flamante 2009.

De tódolos xeitos e a pesares do atragantón, viva o bico de despois, o abrazo ós amigos, a mancha de champán, os bailes descontrolados, o "polvo" que pensabas botar, o "polvo" que ó final botaches, os "arrumakos" espontaneos, as panxoliñas desafinadas, as risas sinceras, a luz do amencer ó saír do local onde estiveches lucindo a teu carísima vestimenta, a luz do amencer se saes en pelotas, "Rahîn" porque decidiu non cortarse o cabelo, este hipócrita tocapelotas e tódolos que coma min miran ó futuro con optimismo.

Desbordo de espírito navideño, así que (sen muérdago nin nada) quero darlle un bico: en primeiro lugar a Carlos por entenderme (aínda sen entender), a súa familia por entendelo, a ti que xa sabes por aquilo que non conto, ós visitantes deste blog (e ás visitantas tamén, jejeje), a tódolos que brindaron conmigo e ós reis magos porque bastante teñen co que teñen.

En serio.... que lle dean polo cu á crise, comprarvos unhas luceciñas novas para a árbore, e iros preparando para albisca-las primeiras luces do 2010 en pelotas, como teño pensado facer eu.

Este post foi colocado orixinalmelme neste mesmo blog por Beni, o 1 de xaneiro deste ano que esta a rematar. Si, Beni é aquel socio meu que me meteu nisto e agora leva unha temporada facendo o remolón. Como queira que sempre estou pedíndolle que escriba algo, e non me fai moito caso, pois eu mesmo decidín volver a publicar esta entrada del, que é unha das últimas que escribira e paréceme memorable. Non sei moi ben en que estado se atoparía cando o escribiu daquela, pero é a realidade mesma, aínda que o noso amigo Manolo enfadarase todo con el.

Boas festas a todos.

15 comentarios:

HADEX dijo...

Ja ja ja......Boas festas para todos vós, logo. Un bicazo desde Lugo!!!

Raposo dijo...

A cuestión é: amenceu en pelotas a primeiros de ano ou non?
Boas festas!

Moraima dijo...

creo que non hai moito máis que dicir... Unha aperta, e que esta noite sexa do mellor posible... ;)

Beni Lago dijo...

¡Cómo pasa o tempo, carallo!, xa vai facer un ano desta entrada... Pois si Carlos, coma ti ven sabes a min estas datas "nin fu, nin fa", máis ben "fa", pois cada vez resúltanme máis cansinas as frases tópicas e a hipocresía da xente sobre todo o día de hoxe. ¡Que non se me enfade ninguén!... respeto moito as familias que deciden xuntarse todos na noite de hoxe coa intención de ter unha velada agradable, e ademáis o consiguen. Pero tanto na noite de hoxe como en calquera outra; sempre resulta agradable estar coa persoa/as que queremos, ou a que fai tempo que non miramos; e se a noite de hoxe é a excusa para poder facelo... pois perfecto.

... Carlos, perdoa pola miña "remolonería", prométoche que non tardarei en poñer outro post (un por ano non está mal, ¿non?, jejeje); quen sabe, ó mellor acontece algunha "anéstota" (como diría quen eu e máis ti sabemos)este fin de ano que se poida contar.

En serio, ti sólo te bastas para leva-lo blog tan ben como o estás facendo.

Un día tes que contar o das partidas de chinchón e quen aínda non perdeu nunca en todos estes anos, jejeje.

Unha aperta a ti, a túa familia e os "teus" lectores que sodes o suficientemente intelixentes para intentar ser felices, non só esta noite se non as trescentas e pico restantes.

Non comades moito marisco que está caro.

Beni Lago dijo...

P.C. Dixen chinchón, quería decir chinchi-monei (en que estaría eu pensando); ves, isto pásame por non relee-los comentarios que fago...¡Ai cabeciña, cabeciña!...

BRABIDO dijo...

Pois vou intentar pasar po ano novo primeiro no xacusi e despois no cuarto donde moitos ae e nadie se mira.

A min nin me gusta nin me disgusta,eche un mes mais ou e que estou todo ano igual,onte por casualidade fumos de cena de seis en perigo de estincion(o mellorciño de cada barrio) só a un lle gustaba o nadal.
O que me jode coa navidade ou sin ela e que un ano mais enriba do corpo,e xa se van notando machiño,para adelante que la vida es corta.

EA QUE VIVILO

VEK dijo...

Esta chovendo fai frio, as colas son interminables,todo coches e xentes con presas....noite boa???? Un saudo Carlos ,Beni e a todos os que compartimos algo neste blog....

Deambulando con Artabria dijo...

Que se lle vai facer.......felices festas, tan felices como se poidan....

Thiago dijo...

jajaa cuando leí lo de los arrumakos ya me sonó a Benisssssssss, jaja miralo hombre, cuando aparece el día de nochebuena...


pero será mamón... no se acuerda de todos los problemas que tuvo con la iglesia, sobre todo con el Wifi? jajaja A que viene ahora el dia de Nochebuena, eh? A rompernos el corazón por su ausencia?

Ay que malo es....

En fin, caris, felices fiestas, que queda asi como mas neutro jajaja

Bezosn a todos.

Cuspedepita dijo...

Pois nada, neniños, que vos sexa leve logo ;-) jajaja

Apertas

paideleo dijo...

Ao final o importante é pasalo ben cos que te arrodean.

Zeltia dijo...

a min pareceme ben que a xente que lle apetece se xunte para comer beber falar e rir.
e se a noite boa é unha excusa, benvida sea a noite boa...
pero POR QUÉ A NAVIDADE DURA 15 DIAASSSS

Chousa da Alcandra dijo...

Eu non direi o mesmo que dixen na anterior publicación (aínda que sigo pensando que co único que se molla un por san Silvestre é con pingas de cava e algunha que outra uva esmagada). Direi, por aquelo de innovar, que xa que a cousa vai de lucerío...a poñer a ghafas de sol e caipirinha para adiante!!!.

Apertas de Antas en día dos Inocentes

Maribel-bel dijo...

Nun día afestado de problemas(case todos menos os hormonais) provocaches unha risa fina, sentida e acabai lendo o post a xente da oficiña. Bicazos de "nadal perfecto".

matrioska_verde dijo...

a verdade é que aínda estou a rír... porque coincido de pleno con Beni respecto da navidade e toda esta trangallada... xa non coincido con él en canto das uvas de Cofrusa porque mira tí que eu son as que pelo as uvas e lles saco as pepas e claro, lévame moito tempo, casi si me descuido teño que ir comezando... cosnte que como as uvas porque si non miña nai non durmirá tranquila o resto do ano e non quero facerlle eso á pobriña...

e tampouco penso esperar o 2010 en bolas, non porque non sexa o que desexe si non porque os meus pais non lles había facer gracia... pero en canto a miña filla marche de festa e meus pais marchen para a sua casa, será o primeiro que faga... e despois xa veremos o que se non ocurre de facer a Congo e mais a mín... porque algo se nos ha de ocurrir, dígocho en confianza.

biquiños e feliz ano novo.

p.d.: falando desto xa me pusen algo nervosa.