martes, 12 de enero de 2010

Calendario Pontearas 2010. O Corpus Christi noutro tempo



Despóis do éxito do calendario do 2009 que estaba dedicado ós monumentos e lugares de interés de Ponteareas, o Concello decidiu seguir coa idea, titulando o deste ano como "O Corpus Christi noutro tempo". No seu contido, os diferentes meses do ano veñen acompañados de fotos antigas desta festa. Algunhas remóntanse ó ano 1912. Aínda que pareza mentira, a foto da portada do calendario é da estrada nacional ó seu paso por Pontereas. Choca ver a tranquilidade que alí existía, cando hoxe en día, en horas punta, é capaz de ternos un cuarto de hora (ou máis) en caravana para cruzala.

Para min, a idea é formidable. Ben sei que non cheguén a vivir na época de ningunha destas fotos, pero parécenme moi fermosas. A algún veciño produciranlle moita nostalxia.

Esta é unha pequena mostra: (Podedes picar nas fotos para vélas mellor)


Rúa Real ou o que hoxe chamamos Nacional 120, ó seu paso por Ponteareas no ano 1912


Cruce entre a Rúa Real e a Rúa dos Ferreiros nos mediados dos 50. Este era o cruce antigo a Salvaterra que pasaba polo centro do pobo.


Praza de Bugallal nos anos 50. Ó Fondo a parada de aqueles míticos autobuses.


Xardíns da Xiralda, detrás do Concello. Isto non existe hoxe en día nin por asomo.


Praza Maior no ano 1949. Esta despóis de varias reformas perdeu todo o seu esplendor. Hoxe en día é unha praza espaciosa, pero moi modernista, nada que ver. Peor aínda foi cando lle chamaban Praza do Generalísimo, ou "praza do cabezón" debido a un monumento que alí tiña erixido este personaxe.


Parada da Procesión na Praza Maior


Paso da Procesión pola Rúa de Oriente no ano 1959

A diferencia daquela vila comparada coa de agora é máis que considerable. Daquela, o noso pobo aínda non fora sometido á cantidade de burradas que se fixeron nos últimos anos, pero non vale a pena entrar en polémicas. Quedaremonos con que non volten a pasar, e se fagan as cousas cun pouco máis de xeito.

Desta volta, senón me fallo outra vez, procurarei tomar unhas fotos dende a perspectiva máis parecida a estas, para que comparedes os cambios.

18 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

a mín gústame moitísimo ver fotos de outros tempos, especialmente se son sitios coñecidos por mín, e notar o s cambios que se produciron; non só nos edificios, as prazas, etc., se non polos coches, as xentes, todos os indicios que amosan, sin vivila, un modo de vida moi diferente,
son como ventanas para axexar por elas cara outro mundo, do que ainda quedan restos, como eses flash back das películas.
son algo que me engaiolan.
eu non coñezo ponteareas (pasei pero non me lembro) así que a idea de facer as fotos desde a actualidade nos mesmos sitios paréceme moi boa.
veña, ponte a elo!
;-)

Thiago dijo...

Ah, esa si que es una buena idea, cari... las fotos del antes y del después... jaja a ves como te quedan...

en una de ellas en la del cruce parece que se ve una escalerita, igual le interesa a Stultifer, jajaja

YO todas las navidades me traigo tb. el calendario que hace el Ayto. de A coruña para madrid, por aquello de la morriña, jaja


Bezos

garganta profunda dijo...

Moito cambiou o noso pobo o longo dos anos.¡¡¡

Interesante referencia o Calendario do Concello.

Saudos, meu rei

paideleo dijo...

Fermoso,si señor.
Teño que preguntar se hai calendarios do concello de Vilaguindastre este ano.
Estou esperandopolas fotos comparativas. Sempre aparecen curiosidades e historias.

fgul dijo...

como me gustan estas fotos antigas. Estouche, tamén eu, facendo unha compilación de Noia...

Teño que penduralas no blog...

Beni Lago dijo...

Este ano aínda non consegín unha copia do calendario, tendréi que pasar polo concello e arranxar unha.

Góstanme sobre todo a "afoto" da portada; tamén está moi lograda a dos xardíns da xiralda, mágoa que non exista algo así na actualidade (hasta donde eu sei aínda non se deu a burbulla dos plataneiros, jejeje).

Vendo a praza maior naqueles tempos non é difícil imaxinar como vivían as xentes da vila; ó mellor pasaban fame, pero ó parecer "con moita tranquilidade".

Nos, como sabemos a situación de todas estas rúas hoxe en día, somos conscientes dos cambios; pero pareceme boa idea que empregues a túa modernísima compacta (de 4x, jejeje) para amosa-las diferenzas.

A mamala.

Beni Lago dijo...

... Agora que vexo máis detídamente a foto da rúa Real, estoume lembrando da película "Bienvenido Mister Marxall"; por ter, ten hasta a bandeira nacional... tan só lle falta unha "fuente con chorrito", como decía repetídamente no filme o gran Pepe Isbert.

BRABIDO dijo...

Vouche a ser sincero a min gustame mais agora,pa retratos pode ser, vexo moita pobreza non quero decir que seamos ricos pero ae mais igualdade, polo que dice miña nae recordanlle tempos de moita fame a demais da aquela non habia Ue,blu bar,la base,goya,parrulo,O M--,o bo que tamen non habia controles de alcholemia je je je.

A unica que non me dou feito e a dos ferreiros,a n120 tamen lle chamamos a dia de hoxe calle de abaixo

Hoxe tocame cenar no soriano chuleton de boi a la pedra,da quela epoca non creo que pudera asi que a vivir o presente e o futuro machiño.

abueloscrisytoño dijo...

É unha idea moi bonita e a de recordos que lles traerán aos avós esas fermosas fotos.
Grazas polo que me toca ao pedir aos Reyes que atendan os meus desexos nunca vén mal unha recomendación. Creo que funcionou, os resultados para min foron bos.
Saúdos A.Cris

Mer dijo...

Moi chulas as fotos, que boa iniciativa.
Bicos.

Mer dijo...

ah, e o prometido é débeda, voltarei a ver a diferencia entre o antes e o despois

matrioska_verde dijo...

encántanme este tipo de calendarios, a verdade, moito mais que os de tíos/tías en pelotas... son moito máis elegantes e educativos.... je je je.

disque as comparacións son odiosas, ¿non sí?

e bó recordar os tempos e as paixases pasadas.

en canto a túa pregunta, como xa te tivera dito, en canto se foron os invitados... xa sabes como sigue a historia...

foi un bó comenzo de ano.

biquiños,
e volta cando queiras.

Thiago dijo...

¡¡¡jaja que se jodan, cari!!!! que se jodan, Estan tocados? tu que piensas? que pensaban que iban a ganar siempre toda la vida... Ahora dicen que faltó la suerte de "otros días" ... y las ayuditas del arbitro, jajajaa

No te jode, ya pensaban en otras seis copas. yo me meo.

Bezos.

vintxuca dijo...

Preciosas fotos en branco e negro...así da gusto vir de visita :) unha aperta!!!!!!!

Chousa da Alcandra dijo...

A iniciativa é caralluda. En Antas fíxose un calendario no 2008 que recollía imaxes dos colectivos culturais e deportivos do Concello. A banda de Música, a Coral, o equipo de fútbol...Aínda hoxe hai que paga un pastón pola foto do mes de decembro, no que saía un grupo de música tradicional...jajajaja

Apertas

Thiago dijo...

Buenos dias, cari... jaja MALO SERÁ? jaja pero eso no es el slogan de los supermercados GADIS? JAJAJA Seguro que si, me acuerdo haberlos visto por Coruña, jaja

GADIS... ¡MALO SERA! JAJAJA

Bezos

Suso Lista dijo...

Tiñan moito mais encanto antes as vilas, pero tamén mais necesidade as xentes que vivian nelas. Preciosas e chocantes fotos. Aperta forte

Eva G. Rei dijo...

Fermosas fotos, Carlos. Sobre todo a da praza maior con tantas árbores: nunca tal cousa vira.
Paréceme moi boa idea que fagas fotos dende unha perspectiva o máis parecida posible á das fotos antigas; así poderanse apreciar as diferencias e algúns exemplos de "feismo".
Por certo, se topas algunha foto da rúa Reveriano Soutullo, pero ao final de todo, xusto onde estaba o vello instituto, agradézoche que a poñas. Alí vivín moitos anos e fixen moitos outros as alfombras "da Castiñeira". De seguro que antes habería moitos castiñeiros...