lunes, 15 de febrero de 2010

Crónica dun venres axetreado

Este venres pasado pódese dicir que foi bastante axetreado e complicadillo. Coma case sempre comenza as oito da mañán co pitido do despertador, despóis dun par de voltiñas, ducha para espabilar, toca ir ó choio. "A ver se o día non se complica", pois non, coma case sempre ultimamente éche unha xornada de traballo bastante tranquila, o único problema é que tócame saír máis tarde ó mediodía, unha horiña xusta para ir xantar e buscar a miña filla a escola. Alá saía co seu disfraz de hipi (nos dándolle ideas xa...). Non viña moi contenta e queixóuseme de que unha compañeira de escola era unha chivata, que non lle deixaba andar cos puzles dos maiores. Xa empezamos cos celos, pensei eu.



Pola tarde, volta ó curre para saír ás seis, xa que tiñamos a festa de Carnaval para os rapaces dos institutos de Ponteareas, na discoteca Bonaparte. Un éxito, non houbo ningún problema para a cantidade de mozos e mozas que alí había. Mi madriña!! Como se adoita dicir, "agora tíranse os páxaros ás escopetas", que cambio coa miña época... Aí é cando un se da conta de que os anos pasan...

Como eramos bastantes pais, sobre as oito, fixen unha escapada para poder asistir a presentación, do xa comentado libro, "55 mentiras sobre a lingua galega". Claro, cheguei un "pouquiño" tarde e tiven que poñerme de pe ó fondo da sala. Tiña a palabra Benito Romero, e perdinme moito da súa exposición, que ía sobre a evolución do galego no tempo e como o castelán sempre intentou deixalo de lado; tanto en tempos antiguos, como no pasado recente que chegou a prohibirse, como agora que nolo intentan "racionalizar". Rematou con varias citas de Castelao moi acordes ó momento. Antes de que nos sacasen a foto ós asistentes cun melindre na man (producto típico de Ponteareas, xunto coas rosquillas), saudoume o Paideleo, e nos puxemos de leria . Acercámonos a comprar o libro, e sorpresa, xa o agotaran. Tamén é mala sorte (Para máis mal, o sábado recorrín tódalas librerías e non o atopei, seica lles chega esta semana).. Tomamos un viño e seguimos lareando un chisco, pouquiño para meu gusto, pero tiña que voltar para a festa, que xa me estarían botando de menos. Sempre é un pracer coñecer a amigos virtuais.

Esta é a foto dos compoñentes da mesa, foto roubada do blog do xa amigo real Paideleo:



Volvín para a discoteca, non me botaran moito de menos. Toca seguir controlando a situación e esperar que rematase a festa. O pincha anuncia que está a piques de rematar e escoitase un abucheo xeral. Nisto soa U2, chocoume un pouco xa que é música que non se adoita poñer, e aí ven meu fillo a dicirme que a pedira el. Estamos apañados, a quen se parecerá...

Despóis acerqueime ata Areas a charlar un pouco cos colegas e ver de botar unhas risas, costume que non se pode perder. Xa que estamos no carnaval, prestáronnos un par de disfraces a Beni máis a min, e así posamos con esta pinta:


Podo asegurarvos que o chinés máis o tirolés lévanse moi ben, e o pasaron xenial.

De volta para casa, unha paradiña en Ponteareas para escoitar ó grupo "O capitán Furilo". Tamén cheguei tarde, co tempo xusto de escoitar dous temas, o último aquel xa famoso que promocionaron no Xabarín Clube da Tvg. Lembrádevos do programa? Pois daquela estes chamábanse "O caimán do río Tea", como xa comentara Brabido no seu blog.

Esta é a canción en cuestión, agora xa teñen uns aniños máis e algún tamén un quiliño de máis:



Bueno, este foi o meu venres sen desperdicio. O sábado e domingo, resérvomo, senón xa sabedes moito...

Que pasedes un bó entroido

16 comentarios:

Beni Lago dijo...

Dou fe de que o pasamos ben. Un claro exemplo de como nun momentiño se pode organizar unha farra. A verdade e que agora, fixándome na foto, e véndoche os dediños "asín" levantados, tes cara de chinés, eu non podo decir que teña cara de tirolés, xa que non sei o aspecto que teñen os tiroleses, jejeje. En fin, haberá que aproveitar o que resta do carnaval, que non é moito, e despois xa se sabe... ven a restrictiva cuaresma; eu penso seguir comendo carne, iso sí, non a penso tragar, se non sería pecado, jejeje.

Un saudiño, meu.

BRABIDO dijo...

Tiranse os piscos as escopetas,moito cambiou machiño,U2 non era de esperar menos.

Ti tranqui que os celos pasan en todalas edades,moi guapa Aniña.

Non estaba polo condado e perdin a presentacion e miolo coñecer a PAIDELEO,outra vez sera,espero que saia nas librerias.

Do chines e mailo outro,sin comentarios.

Vemonos

paideleo dijo...

Si que tiveches un venres liado, si. Eagora que te coñezo persoalmente penso que che acairía máis un disfraz do oeste máis ca de chinés.
Polo emprego da foto non hai problema; como se colles todas !. Eu penso que o que sae na rede é para mirar e copiar se é preciso. Eu tamén collo algunha foto por aí e non pasa nada.

Thiago dijo...

jaja vaya pintas, ¡qué dos!. Desde luego si que ha sido un dia movidito, cari, casi me ha dado agobio.

Al final, en contra de lo que se dice es mas estresante vivir en un pueblo pequeño que en madrid. En Madrid solo se puede hacer una cosa cada vez, jajaja SEría impensable pasar aqui un dia como tu lo has contado


Bueno, cari, muchos bezos y al tirolés, que le den por el revés, jajajaa


Bezos.

Ana dijo...

Jejeje que guapos!!!
Veo que te apuntaste un día de los míos, sin respirar.
Pena que nos conseguiréis o libro, sei canto os gustaría telo.

Bicos

HADEX dijo...

Ai CarliñoS!!! Pero que ben o pasas, tío!!! Por certo, a neniña está preciosa!!!!

Aldabra dijo...

non paraches, que ben aproveitado, home.

a tua filla é moi guapiña, o disfraz de hipi sempre lle queda moi ben ás nenas, é que é moi romántico

biquiños,

vintxuca dijo...

Canta actividade para un so día .... non remataches esgotado?????

Raposo dijo...

Pois si que tiveches un día entretenido, como todos sexan asi non sei de onde sacas tempo para o internete, he, he!!!

Eva G. Rei dijo...

Preciosa foto a da túa princesiña de hippy.
E falando de fotos, hoxe saía no suplemento do Condado do Faro de Vigho a foto dos asistentes á presentación de "55 mentiras" en Ponteareas, co melindre na man, e recoñecín a Paideleo. Non sei se ti es o que está a carón.
Parabéns pola túa actividade.

zeltia dijo...

non sabía que o día tivese tantas horas!
un estrés, tío, pero seguro que remataches o día cunha sensación de ter vivido moito.
agradezo especialmente a foto da nena (si qué é bonita coma unha princesiña de conto -bueeeno, vale, coma unha hippy de conto-
e a vosa facendo o paiaso!

gústame ver como a xente se involucra... na vida.

zeltia dijo...

por certo, ainda non teñen colgada na páxina de prolingua a vosa presentación,
pero poñerana, porque alí van aparecendo todas
¡agora con vídeos onde escoitar tamén as palabras dos prolingüeiros que estiveron nas mesas.

Carlos Sousa dijo...

Despóis dunha semaniña tamén axetreada e líada, contestovos un pouco:

Beni, eu tampouco sei que pinta teñen os tiroleses, máis ben foi por que nolo dixeron, para min tes máis pinta de espantallo, jeje. E coidado coa carne, que é débil...

Brabido, mellor que non estiveras e que non fagas ningún comentario, que senón todo se sabe, e un pouco de misterio non está mal.

Paideleo, un disfraz do oeste? Seica teño pinta de pistoleiro, ou máis ben de andar a cabalo? A ver se un día tomamos un viño con máis calma.

Thiago, home, isto non é Madrid, nin sei como vivides alí. Eu sempre estou ocupado nalgo, e se non estou xa me ocupo de conseguilo. Boa rima ó final para o "tirolés", pena que na foto non saen eses grititos típicos dos tiroleses, iso si que foi unha risa...

Ana, guapos? Non sabes o que dubiden en subir a foto...

Hadex, faise o que se pode, se algo me gusta é pasalo ben, aínda que poida ser extresante. Para pasalo mal sobran momentos.

Vintxuca, un pouquiño agotado, quizás si, pero houbo que recuperar, que logo viu o sábado, con partidos pola mañan de meu fillo, pola tarde meu, logo na tele, buff! e logo máis risas...

Raposo, home, todos non son así, e non sempre teño o tempo que quero para o internete.

Eva, xa vin a foto no Faro, e si, son o que está a carón de Paideleo. A ver se a consigo.

Zeltia, non é cuestión de que teña moitas horas, é cuestión de aproveitalas. Tampouco é que fixera nada do outro mundo. E si, a ver se dan colgado a presentación de Ponteareas.

Unha aperta a todos/as.

Mer dijo...

Jo.er, mira que o pasades ben, eh?

Anónimo dijo...

carlos como che rinde o dia cos colegas bueno e a noite tamen hata te atreves co entroido si no veo no lo creo agora que chega a semana santa que de procesions ja ja je ji

Anónimo dijo...

carlos como che rinde o dia cos colegas bueno e a noite tamen hata te atreves co entroido si no veo no lo creo agora que chega a semana santa que de procesions ja ja je ji