miércoles, 31 de marzo de 2010

31 de Marzo de 1992

Como me dixo un amigo que xa só me faltaba facer un post sobre o meu coche, pois aquí estou a facerlle caso, que eu son moi mandadiño.

O coche en cuestión é este "forito" que vedes na foto. Tal día coma hoxe, o 31 de Marzo de 1992, un servidor ía buscalo ó concesionario. Despóis de andar cun Fura xa de terceira ou cuarta man, coller este era toda unha gozada. Menudo cambio, como subía Puxeiros (cando se podía pasar de 80) comparado co Fura... Con poucos meses, un viaxiño á Expo de Sevilla, e alí o primeiro toque, ainda por riba déronme por detrás, e como "jode" iso. Ollo, que nadie interprete mal, que xa vos vexo...

Pois así entre "ires e venires" aquí está coa maioría de idade recién cumprida, case nada 18 aniños conmigo. Agora non fai falla dicir que xa non sube Puxeiros a mesma velocidade, nin ten o peito que tiña antes, nin fai aquel sonido tan peculiar senón máis ben chatarrero, que perde aceite (novamente absterse comentarios); pero os anos non perdoan. A ver se aínda me dura uns aniños máis, que a situación non está para moitos cambios.

Curiosamente cumpre anos o mesmo día que este que vos conta aquí diversas chorradas, se ben eu veño cumprindo algúns máis, diremos que 41, e como o ano pasado, de momento segue sen recollerse na google o 31 de Marzo de 1969 como data do meu nacemento. Cada vez quédame menos para facerme famoso, jeje.

22 comentarios:

BRABIDO dijo...

Ostias de cor branco? eu pensie que era jris ja ja ja ja,pois xa vai sendo con tempo de cambiar de troncomovil que o presi que temos da moitas axudas.

Xa teras disfrutado del de carallo,e tempo de xubilalo antes dos 67 XD.

Ou importante e que te leve o traballo ou o ...

Vamos SOUSA cambia de forito ti si que podes.

E como todo na vida ........................

Unknown dijo...

Parabéns!!!!!!
Preciosas as fotos de pequeñin.Vale e de maior ,ejejeje

O coche sigue furrulando, mi má como debes cuidalo. En mis máns xa non estaría tan impoluto,jajajajja

Bicos e disfruta do teu día, quizás un día salgas no Google...nunca se sabe,eh?

Anónimo dijo...

na foto parece que está mais novo do que realmente está, si o mirasedes en vivo non pensariades o mesmo.

MOITAS FELICIDADES.Un biquiño.

Carlos Sousa dijo...

Pois si Brabido, ás veces ata parece de cor gris, pero cando lle dou unha lavada resáltalle ese branco, parece que rexuvenece, é como cando a min me toca afeitarme, jeje.
Se fora polos meus cuidados Ana, estaba apañado, a sorte que teño é que é como un ferrote, senón donde ía xa.
Pois sí anónimo, na foto parece máis novo, pero podo asegurarte que non fai nin medio ano que a fixen, recién lavadiño, claro.

Thiago dijo...

jaja así que entonces hoy estamos de doblecumpleaños, no? Pues muchas felicidades...

mira que el coche tenga esos años tiene sus ventajas, y es que al que siempre viste igual algún dia le llega la moda, y me he percatado de que se vuelven a llevar los coches blancos, jaja,.

Eso si, ya que lo dices me voy a abster de comentar que hablando de "perder aceite" y que "te dieron por detrás" mas podría ser el coche de otro que no voy a nombar (pero al que le mando un arrumako) que el tuyo, ajajaj

Y, no es por nada, cari, pero ya va siendo hora de que compres otro, que ahora si vais los cuatro por ahí adelante, no hay sitio ni para las PSP dos nenos, jaja


Bezos.

Zeltia dijo...

noraboa polo cumpleanos Carlos!!
e polo coche!
iso é que o coidaches ben!

eu sempre tiven coches de segunda man, algúns con "moitísima personalidade"
quiteilles moitísimo partido, e grazas a eles teño ben anècdotas que contar, e pasei momentos divertidos.

Espero que hoxe che fagan tarta para os teus noviños 41 anos, que nin siquera chegaches a metade da vida, mira ainda cantas cousas che quedan por facer!
disfruta moito da familia, da feta e do que o día che ofreza (aparte da chuvia!)

bicos!

Maribel-bel dijo...

Entre os golpiños por atrás, a perda de aceite e a data de nacemento (69) fichexes un post algo erótico-festivo eh. É hora de cambialo e subir con outro rum-rum. Bicos e felicidades os dous.

Antón de Muros dijo...

Parabéns, Carlos :-)

Deixo unha aperta para ti e un saúdo para o Ford ;-)

Antón.

paideleo dijo...

Pois feliz cumpre a ambos os dous !.
Eu tamén tiven un Ford con matrícula 0069 !.

HADEX dijo...

Ja ja ja....feliciades pois, amigo!!!!

paidovento dijo...

Parabéns polo cumpre e polo coche! O certo é que tiveches bo gusto e daquela debías fardar cantidá!

Chousa da Alcandra dijo...

Eu suscribo o que di Maribel, por máis advertencias que nos fixeches...non te libras da mención ó "asunto" jajaja.

Feliz cumpleanos para ti e tamén para o forito.

vintxuca dijo...

Felicidades para ti e para o foriño...eu tamén tiven un toledo herdado, que durou case 20 aniños, ó final as luces non se apagaban así que ó chegar, quitáballe os fusibles e os metía no bolso, ía currar e a volta enchufaba outra vez os fusibles e para casa!!!!
Aínda así deume moitísima pena trocalo polo novo, canto carinho lle tiven eu ó coche no que aprendín a conducir!!!!!!
Ós anos non pasan en balde, beijinhos!

Eva G. Rei dijo...

Parabéns polo teu aniversario e o do "forito": debeches coidalo moi ben cando segue a ter esa planta (parece novo do trinque!). Meu pai tamén tivo un, que herdei eu, de segunda ou terceira man. Ía coma un foguete!
Cóidate para seguir tendo a idade do coche e tan ben levada.
Apertas.

xenevra dijo...

Pois eu tampouco farei referencias aos asuntos esotéricos para non convertelos en exotéricos (que nada tería que ver con sexo-téricos, que nin vén no dicionario). Eu quitando o primeiro, que foi un R5, o resto foron todos foritos, ata hoxe. Por certo, onte en Betanzos déroncheme un golpiño na porta traseira, como me doeu!!! Sobre todo qu enon deixen referencia, grrrrrr.

Felicidades rapazote do 69!!!

Mer dijo...

Antes de nada parabéns, porque acaba de ser o teu cumpreanos.

Por outra banda, xa che durou o ford de carallo, e parece que o tés impecable. Nós tamén temos un dos coches coa maioría de idade cumprida e de momento pásanos a itv a primeira e todo. É que as cousas de antes facíanse para que durasen.

Unha aperta.

sinagoga dijo...

Parece que lavaches o coche para o acasión. Si ese coche falara... Non se che ocurra cambialo , perderías unha gran parte da túa vida. A seguir disfrutando

matrioska_verde dijo...

encontro hoxe este post un pouco verde ¿non?

primeiro conque che diron por detrás, logo que alguén perde aceite ¿o coche ou ti?... e xa por último dís que eres do 69...

home, que hai que ter un pouquiños máis de recato que acabamos de saír da semana santa...

; - ))

nótase que lle tes ó coche moito cariño polo tanto para mín ten o post ben merecido.

biquiños.

matrioska_verde dijo...

olvidouseme coas prisas.

moitas felicidades aínda que señan un pouco atrasadiñas.

mais vale tarde que nunca, como dí o outro (non sei que era).

bicos.

abueloscrisytoño dijo...

Felicidades polo aniversario eu tamén estou contenta co blog pero é difícil facer tantas cousas á vez
Tes un coche moi ben coidado un pouco máis e xa é unha xoia de museo cóidao.
E para ti felicidades por cumprir tantos anos... xa chegarás á miña.
Gustoume moito ver as fotos de neno.

A.Cris

Pau dijo...

Si os nosos coches falaran cantas cousas contarían.

Paz Zeltia dijo...

Pois a ver se lle conta algunha, home, e lle da tema para un post jajaja
¿que che pasa, andas reconcentrado, que non tés gana de falar?

(un bico, espero que todo vaia ben)