As festas do Corpus deste ano xa chegaron ó seu fin. Quédanos disfrutar deste luns que é festivo en Ponteareas e teño que recoñecer que fai boa falta. O cansancio acumulado íase notando. En xeral, as festas nesta edición penso que foron todo un éxito, tivo unha gran asistencia de público e o tempo acompañou de marabilla, tanto pola noite coma pola mañán.
Volvo a recordar que é a segunda vez que ten a categoría de interese turístico internacional e isto notouse ó ser a sede para celebrar o III Congreso internacional de arte efímera. Polo tanto, nesta edición da festa, aparte das xa tradicionais alfombras das rúas feitas polos nosos veciños, tamén se confeccionaron alfombras por parte dos participantes neste Congreso. Aí púdose apreciar as distintas formas de confección, sobre todo nos materias usados por estas xentes. A estas diferencias de materiais xa estabamos acostumados pola Vila da Orotava de Tenerife, esta vila leva xa un par de décadas asistindo a Ponteareas a confeccionar ó seu mural. Teñen a costume de usar sobre todo terra do Teide, esta costume fixo que as nosas alfombras fosen copiando a idea, polo que agora xa nos so se usan frores, se non tamén polvillos ou fiuncho triturado, co que teñen máis realismo os debuxos en sí.
Agora ben, o mural da Orotava sempre é expectacular:
Este ano usáronse moito os motivos referentes ó Ano Santo e ó camiño de Santiago, tales como a figura do peregrino, o botafumeiro, ou a cuncha.
Entre os novos alfombristas que acudiron nesta edición, houbo de todo, pero podería destacar tres, a alfombra de Arucas de Gran Canarias, que estaba realizada por sales de cores:
A da Federació Catalana d´ entitats Caltifaires de Caldes Montbui-Barcelona, que combinaba a Sagrada Familia e unha danza da Sardana:
Pero sobre todo a do pobo de Huamantla de México. Esta parecía unha auténtica pintura, moi lograda:
Donde se coloca o cruceiro nunha recreación do monte dos Olivos, tense por tradición colocar uns lagartos arnais, este ano non eran moi grandes pero tiñan moita animación, tanta coma algúns dos compoñentes que ali estaban a mostralos e que nun momento tamen usaba o "monte" para descansar e recuperar as forzas ou recuperar o "equilibrio..."
Logo do paso da procesión e pola tarde tivo lugar o pase de carrozas para os máis pequenos e pola noite o concerto de Amaia Montero, do cal me reservo a miña opinión. Tirada de foguetes de cores e remate de festa cunha orquesta na Praza. O dito, hoxe a recuperar que mañán é día de escola.
Por último, un vídeo para poder apreciar as distintas alfombras, tanto durante a súa construcción como xa realizadas. Espero que vos guste.
lunes, 7 de junio de 2010
Reportaxe do Corpus 2010
Etiquetas:
Cultura Galega,
Festas e tradicións,
Vídeos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
18 comentarios:
jaja olasss Carlos, pues si que debes estar ocupado, que antes te veía todos los días sin faltar uno,jaja
Que raro lo del Corpus, aquí fue el Jueves y la gente se fue de puente a pesar de la crisis,jaaj
y joder, vaya lujo de alfombras florales, la mexicana genial, aunque el motivo es un poco clásico en la imagenería mexicana, no?
y bueno, con lo que has puesto de Amaia ya está todo dicho, ajaj
La familia bien? y el mamarraxo qué? jajaja
Bezos
o que son as cousas, mira ti... cerquiña de donde eu vivo, en Narón, nun sitio que se chama Ares (ó mellor coñeces o nome e incluso o lugar) tamén fan alfombra de flores e eu nunca as vín alí... a única vez que vían as alfombras foi en Ponteareas... e parecéronme unha verdadeira pasada... moito traballo e moita creatividade.
biquiños e noraboa polo éxito.
Unha preciosa tradición a que tedes aí, Carlos. Da gusto ver nas fotos participando ata os rapaces na confección das alfombras. Admirable, todo. Alédame que vola declarasen festa de interés turístico INTERnacional. Ahí es ná!
Á presentación moi currada, como xa nos tés afeitos.
e sí, carlos viches que sorte vou tendo? a min que nunca me toca nada! ¿tí participaras no concurso tamén?
Voltarei a ver se consigo ver o video... Debe ser a rede que vai lenta hoxe..
Alégrome que as cousas saíran ben. As alfombras moi chulas.Grazas pola reportaxe.
Este domingo vin unha en Boiro, tamén estaba feita con sales de cores.
Apertas.
Tardaches en actualizar o blog, pero volviches con forza. Moi currado o post das festas, realmente son espectaculares as alfombras. Xa hai tempo que non vou velas, e iso que me pillan ben preto; a ver se o ano que vén...
Me alegra haber vuelto, pq la primera vez no he visto el vídeo (bueno, vídeo vídeo no, jaaj sucesión de fotos animadas con música, ajaj). Pero ahí se aprecia mejor todo y se ve como se van haciendo, Es tu niña alguna de las niñas fotografiadas?
en fin, lo que no deja de hacerme gracia es que las alfombras de flores ocupen toda la calle y la gente tenga que ir por las aceras acordonadas, para que luego diga la Reina que la fiesta del Orgullo gay es un lio para Madrid pq corta el tráfico,´¡no te jode mayo con sus flores! jajaja
Bezos.
As cores, o rebumbio da xente, todo é moi alegre e fermoso. Un saúdo
Tenche que ver co meu... jajaja, ¡precioso! Moi currado, sí señor, quedouche moi ben Carlos Sousa
Eu non puiden nin ver todas as alfombras, contrariedades domésticas, invitados.... Gustoume moito esta reportaxe, apreciase moi ben o ambiente, a festa, o traballo, toda a xente involucrada...
Un saúdo veciño
Unha fermosa tradición moito traballo e paciencia.
Saúdos cordiais.
Avoa Cris
Que pasa logo cos lagartos?
Boa reportaxe si señor....preciosas alfombras....é que paciencia.
Eu igual que Aldabra, vin esa tradición en Ares, preto da vila dos meus pais.Saúdos!!!!
Eu fun un par de ocasións pero teño que recoñecer que tanta multitude acaba por agobiarme.
Prefiro mirar as alfombras en fotos ou en reportaxes coma o teu.
Preciosas alfombras!! Foi un día completo aínda que o concerto non fose demasiado bo, jejejje.
P.D. Por certo, non repito en Viana, esta vez non deixo a provincia e quedome en Carnota.
Volvín a "deambular" pola rede, pero con outro nome.
Moi chulas, as de sal non me gustan tanto, é coma traicionar a tradición.
Se hai tanta xente e tanto agobio como di paideleo penso que non ei ir moito por alí nestas datas.
Nunca estiven no Corpus de Ponteareas. Espero que algún ano poida acudir a esa cita obrigada. Tedes unha tradición ben fermosa.
Apertas
Nunca estiven no Corpus de Ponteareas. Espero que algún ano poida acudir a esa cita obrigada. Tedes unha tradición ben fermosa.
Apertas
Publicar un comentario