martes, 10 de agosto de 2010

A modo de complemento

Ben, xa que o último post de Carlos fai referencia o 25 aniversario da Cultural (o cal non poiden asistir), eu tamén quero poñer o meu graniño de Area subindo unhas "afotos" que conservo nunha carpetiña no portatil. (Tranquilo Carlos, non vou a subir aquela na que ensino o cu, ainda que por outra banda o meu cu xa é bastante coñecido na bisbarra; ...que nadie pense mal, o que acontece é que teño feito algún "calvo" que outro, jejeje ...xa sei o que estás pensando... ¡Nin se che ocurra, vamos!).





Prométovos que o que estou liando non é un pitillo da risa (eu non fumo desas cousas, jejeje), é tabaco de liar do que trae o selo da tabacalera e todo... sae máis barato e últimamente "la cona-mia" non está como para botar foguetes

Xa que estou con fotos, tamén vos quero presentar a meu primo pequerracho que se chama "Artai"... bueno, en realidade é fillo de meu primo (o melenudo que sae na foto) e máis da sua parella que é a moza que está o lado do feo calvo ese (un servidor)... é incrible a sensación de ter unha criatura tan fraxil nas mans, non sabía nin como collela. Espero que a Veki non lle importe que colgue esta foto (non, seguro que lle fará ilusión).

Así tamén de paso fago feliz ó cura que estaba desexando que todos vírades como a pesares de estar na igrexa, non se derrubou nin nada (velaquí a proba).

6 comentarios:

abueloscrisytoño dijo...

Amigo Sousa esa foto co neno di moito de ti, vese tenrura no teu xesto, tes o perfil perfecto para ser o mago da lotería de Nadal. Bicos.

E contestando ao teu comentario no meu blog... pois si Carlos Sousa ese garrafón ten un choio de macramé feito por un mariñeiro, de moito coidado.
Avoa Cris

Thiago dijo...

Pero cari, tú primo es de la rama peluda y tú de la pelada? Que injusto es el mundo, a el le sobra la mitad y a tí te falta alguno, jaja.

Desde luego que hacía tiempo que no subías un post, hombre, el caso es que al principio no me daba cuenta de que eras tú y ya me extrañaba a mí que Carlos dijera que tenía un culo muy conocido por toda la comarca adelante, jaajaj

En fin, que se te da bien tener nenos en brazos, cari, jajaa


Bezos.

Carlos Sousa dijo...

Bien Beni, moi ben complementado, coas "afotos" e todo... Sorte que non puxeches esa que dis, que vergoña...

Noraboa Veki, así me gusta, que siga buscando relevo para o equipo de fútbol sala, xa temos uns poucos de compoñentes para o futuro.

Paz Zeltia dijo...

Pero que ben o pasades! E non presumas de feo, que cun bebé no colo está todo o mundo guapísimo.

vintxuca dijo...

Pois si...que ben o pasades...e facedes ben que non vai ser todo traballar...beijinhos e apertas!

Mer dijo...

qué bebeciño máís cativo, ains, é boa verdade que tan pequechos non sabe un como collelos

nós tamén bautizamos onte a Laura e a igrexa segue no seu sitio, enteiriña