martes, 3 de agosto de 2010

XXV Aniversario Casa Cultural de Areas

Case nada! 25 anos foron os que cumpriu a "Casa Cultural, Artística e Deportiva de Areas". Se ben é certo que a data exacta é a do 15 de Agosto, foi este domingo pasado cando o celebraron e o fixeron por todo o alto. Coma sempre, nestes casos, non puido faltar a misa parroquial coa homilía do párroco Manuel e constantes recordos ós socios falecidos nestes anos e sobre todo para o primeiro presidente Alvaro Carrera. (Esta parte contáronma, que non "puiden" asistir). A misa foi cantada pola coral Santa María de Areas (Como di Nemesio, un dos seus compoñentes, a mellor coral de Areas, en parte por ser a que hai).

Logo actuacións do Grupo de gaitas e baile de Areas, e das pandereteiras Tolerías, tamén de Areas, que soportaron o calor estoicamente. E dou fe que si facía, que a esa hora do "vermucito" apretaba ben. E para rematar a festa, unha comida campestre no torreiro da igrexa á sombra dunha carpa, non era a sombra dunha carballeira pero aliviaba algo o calor, polo menos ata que chegaron os "chupitos". A comida foi a base de polbo á feira e carne ó caldeiro, e polo que me dixo Julito (que non se perde unha papatoria) había a esgalla, era como o miragre da multiplicación dos peixes...
E para rematar o típico nestes casos, discursos varios do presidente actual, personaxes e políticos asistentes (destes había un feixe deles, non sei por qué...) e máis recordos ós fundadores, e agradecementos ós colaboradores que fan posible que siga funcionando. Se algo botei en falta, foi unha exposición de fotos dos actos que se viñeron facendo nestes anos. Non sei, non é con ánimo de criticar, pero penso que valería moito para recordar esta traxectoria, que 25 anos non se cumpren tódolos días.

Centrándome un pouco na institución en sí, como o seu nome indica "Casa Cultural, Artística e Deportiva de Areas", podo dicir que no referente ó cultural e artístico goza de boa saúde (sempre dentro duns marxes). Hoxe en día efectúanse distintas actividades, como os citados grupos de baile, de pandereteiras e a coral, un grupo playbak, distintos tipos de cursillos, charlas coloquiais e actuacións. No mes de Novembro adoita celebrarse o Mes Cultural. Bótase en falta algún grupo xa desaparecido como o grupo de teatro que o compoñían varios amigos meus. Tamén a directiva organiza a cada vez máis famosa Festa do polo á brasa, que se vai celebrar agora neste mes.

E non meu plan de buscar "peros", teño que buscarllo no tema deportivo. Aquí a saúde, xa non e que sexa mala, máis ben é que non hai ningunha. Hai moitos anos aínda se organizara algún torneo de Fútbol sala, pero agora o deporte que se practica nesta casa como vos mostro nestas dúas fotos, limítase a unhas timbas de tute e fubolín (Na do fubolín, aparecemos Beni máis eu, concentrados vésenos...) Por outra parte, estes deportes practícanse na cantina, a sala máis frecuentada da casa



Habería que considerar a opción de cambiarlle o nome polo de "Casa Cultural, Artística e Gastronómica de Areas". Resultaría máis axeitado, jeje.

Dende aquí quero darlle os meus parabéns, e que sigan a funcionar para chegar ó 50 aniversario.

8 comentarios:

Mer dijo...

O das gaiteiras ao sol sóame moito, miñas pobres, tería que existir un traxe para o verán, mesmo só cos pololos e a blusa irían ben.

Parabéns logo a este centro cultural e que cumpra moitos máis.

Thiago dijo...

Así que el Beni y tú ya estáis para el futbolín? Ay dios... jaja De aquí al Hogar del Jubileta, jajaa ¿Dónde están aquellos jabatos que se partían el culo (bueno, esto no es una ironía para beni, eh, jaajj) en aquellos partidazos de fútbol sala y que llegaron a ser míticos en Areas?

Se me ha metido una area en un hojo, pues estou chorando por eles...


Bezos, jaaja.

Aldabra dijo...

non faltou de nada na festa, si que volo montades ben.

respecto o que dís do deporte... estamos en crise, home, ten pacencia que igual calquera día fórmase un equipiño de calquer deporte.

biquiños.

Beni Lago dijo...

Boa reportaxe.. e "completita". A verdade é que nos últimos anos a Cultural (sobre todo a cantina), polo menos para nos, ven sendo un sitio obrigado donde nos reunimos para "tertulear" e "lerchear" un chisco.

Na miña opinión a cantina é donde máis cultura se percibe en todo o edificio, sobre todo nas lexendarias partidas de "Cabrón"; donde se pode aprender desde "literatura" (existen varios literatos afamados); "matemáticas" (aínda que algúns teñen problemas cos cálculos a hora de pasar pola barra, casi que todos xa fixeron as contas do que deben de cabeza"; tamén se pode empapar un de "Cultura Musical (hay algun que outro que adoita toca-la gaita, pero o que sen dúbida abunda más son os "cantantes"); e ata se poden obter coñecementos doctrinais cando xoga o cura. En fin, todo un compendio de sabiduría.

Únome a Carlos no desexo de que a devandita perdure cando menos outros 25 anos; non por nada xa é por meritos propios, como diría Nemesio, a mellor Casa de Cultura que temos en Areas.

Un saudiño, meu.

Maribel-bel dijo...

Oxalá non cesedes no empeño, as xuntanzas sempre traen aires novos, alegrías e compaña. Besiños e felicitacións.

zeltia dijo...

Eso, outros 25 e nós que o vexamos!
A túa entrada é ben compretiña, pero cos adobíos que lle meteu teu colega Beni, ainda nos facemos unha idea máis aproximada...
A ver as nóvas xeneracións que aportan!. En calquera caso, a vós vésevos un estilazo xogando ó futbolín. :D

LM dijo...

e esse tute! que nom se diga!
beijos e parabéns.

Thiago dijo...

... Y Beni ni me saluda ni nada, ¡qué "antipástico"! jaja.


Bezos.