jueves, 16 de julio de 2009

A Rianxeira

Quen non cantou algunha vez A Rianxeira? Case estaría por asegurar que a maioría dos que me ledes o fixestes algunha vez, ou non?

Pois isto ven ó caso por unha crónica que lin o sábado no Faro de Vigo, firmada por Xoan Xosé Pérez Labaca, veciño de Ponteareas, maestro e agora escritor que se dedica a recopilar tradicións da nosa zona, algunhas case que esquecidas. Esta ía sobre a historia da canción da Rianxeira, e descubrin algunhas cousas sobre ela que non coñecía e vos paso a resumir.

Esta canción, ó contrario do que eu pensaba e creo que bastante xente, non é popular, senón que foi creada en Bos Aires (sabíalo Antón?), fruto da emigración. O seu autor, ou máis ben autores, foron por unha parte Xesús Frieiro Dourado "Pinciñas", que creou un texto a partires das numerosas coplas que existían e se lle cantaban a Virxe da Guadalupe, en Rianxo. Este texto chamábase "Ondiñas da nosa ría". Logo máis tarde, no ano 1947, Anxo Romero Loxo, tamén de Rianxo, compúxolle a música e sería estreada un ano despóis tamén en Bos Aires polo Coro Castelao. Sería gravada polo selo discográfico RCA Victor en Montevideo no ano 1950. Nesa década sería popularizada en Galicia polo coro "Bernardo del Río".

O tema soou por primeira vez en Galicia no balcón do Bar Feliciano de Rianxo pois era o único que tiña gramófono. O disco fora envíado por barco dende Arxentina coa letra orixinal, que é a seguinte:

Moito me gustas rianxeira
que estás eiquí na Arxentina
verche cantar e beilar-e
coma alá na terra miña. (bis)

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear. (bis)

Que guapa estabas rapaza
cando che vín na ribeira,
tiñal-a cara morena
como a virxe rianxeira. (bis)

Ondiñas veñen...

A virxe de Guadalupe
vai no yate de Baltar,
lévana os rianxeiros
a remolque polo mar. (bis)

Ondiñas veñen...


Co tempo, iría mudando de letra, e nestos tempos son moitas as versións que hai. De feito en Rianxo fai uns anos, fíxose unha exposición sobre o tema e reuníu máis de 50 versións. Se ben a máis coñecida hoxe en día e a seguinte:

A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira. (bis)
descalciña pola area
parece unha Rianxeira.(bis)

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear. (bis)

A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo(bis)
a barquiña que a trouxo
era de pao de laranxo (bis)

Ondiñas veñen...

A virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña,(bis)
foi un raiño de sol
que entrou pola ventaniña. (bis)

Ondiñas veñen...


Esta canción pódese considerar unha das máis populares de Galicia, e como tal pódes escoitar en calquera farra, reunión de amigos... pero tamén cántase moito pola xente que está fora independentemente que sexa de Rianxo ou non. De feito é como un himno oficioso noso.

Unha anécdota, cando fomos a Barcelona co equipo de meu fillo, íamos polo centro e cecáis "dando a nota" (eu penso que non), sobre 50 nenos e 10 maiores cantando a Rianxeira, arrimáronse a nos un par de barceloneses a cantala. De feito eran galegos e levaban máis de 50 anos fora, ata se emocionaron un pouco. Penso que si lle pasa iso a xente de aquí cerquiña que lle pode pasar ós que estan en Sudamérica ou noutros sitios lonxanos.

Tamén fala Xoán Xosé, e diso dou fe xa que me lembro perfectamente, que esta canción entrou de cheo na vida do meu Celtiña, xa que cando triunfaba e bordaba o fútbol era coreada en Balaídos de cotío, e chegou a soar nos millores estadios de España e de Europa (caso de Anfield, estadio mítico do Liverpool).

Pero o que eu non sabía era que o motivo polo cal se cantaba nas gradas de Balaidos, era por "culpa" dunha xente de Ponteareas. Con motivo da refundación da Peña Celtista de Ponteareas, os membros repartiron entre os invitados unha letra propia (que se ben descalificaba ós contrarios) que coa música da Rianxeira foi cantada ó final do acto. Tanto lles gustou ós asistentes que decidiron cantala o domingo seguinte na grada de Marcador. Claro, como a música é tan coñecida, o resto dos afeccionados seguírona cantando pero coa letra de sempre, a propia que levaban os ponteareans foi quedando no olvido. O éxito foi tal que se convertíu tamén nunha especie de himno dentro do celtismo.

Agora, teño que recoñecer, que escoitala en Balaídos ben sendo, cando menos, case que un milagre.

Déixovos un vídeo de Youtube dunha farra desas que comenten. Que non se me enfade ninguén, jeje.



A ver, quen foi o que non a cantou nunca?

Xa que isto vai de música da terra, resaltar que este sábado actúa na Praza Maior de Ponteareas, a gaiteira Susana Seivane. Para que logo non me digades que non aviso con tempo.

18 comentarios:

Thiago dijo...

jaja yo había oído algo de que, en realidad, era una canción creada "en la emigración". A mi siempre me ha llamado la atención lo de "ondiñas" pq que son las ondiñas? En Ferrol, mucha gente que canta: "Oliñas".

Y el caso es que ahora no sé que es lo correcto, a las olas en Galicia le llamamos Ondiñas u Oliñas?

Bezos

BRABIDO dijo...

Don Xoan foi mestre do que escribe,teño que decir que con el sempre sacaba de notables o más,xa que era educacion fisica é cando se facian campeonatos de baloncesto sempre me escollia,era unha honra representar a villa polo condado,o dia de oxe nin pa recollepelotas.

Andando por eses mundos de a saber de quen,non sen certo donde o escuitei pero si podo decir que me causou morriña é foi o pasodoble de ponteareas .Nos por donde pasamos sempre damos o cante,tedes que facer unha cancion pa o AREAS.F.S

Deambulando con Artabria dijo...

Lo de los ferrolanos no tiene nombre, que es eso de "oliñas" (ains, ahora recuerdo mis tres años en Ferrol..........)????

Quen non a cantou, verdade? Esta e a de Miudiño son típicos de toda festa......

HADEX dijo...

Pois sí, quen non a cantou algunha vez....É curiosos como enraízan algunhas músicas, que fai que parezan de toda a vida....¿Sabes a música de Zorba el Griego? Pois moitos estarían dispostos a xurar que é unha danza tradicional e non, foi composta en exclusiva para a película.....Pois coa Rianxeira pasa o mesmo.....

Bicossss

Antón de Muros dijo...

Ola, Carlos e xente do blog!

Claro que sabía o da Rianxeira ;-)

Galicia e Bos Aires (e outros lugares de Arxentina) están irmandadas dende sempre e por iso estou aquí jajaja

Grazas por lembrarte de min nesta entrada, Carlos.

Unha aperta forte nesta noite de inverno.

Antón.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois, ainda que porsupostísimo que a teño cantado (unhas veces con máis afinación que outras, todo hai que dicilo); descoñecía a historia tan interesante que tiña. Por elo graciñas pola ilustración musical.

E mando un aturuxo para as rianxeiras do mundo enteiro!!!

Thiago dijo...

jaja BRABIDO, por alusiones... Bueno, yo me limito a contar mis recuedos. Yo, la verdad, ya ni ferrolano soy, pues con 20 años llevo ya casi 5 en Madrid.

Bien es verdad que Ferrol es, posiblemente, la ciudad menos gallega de Galicia, y la gente se cree que es la polla, que se caen de un guindo, jaja Pero yo de todas maneras, no lo digo por los de Ferrol. Yo pasaba el verano en un pueblo de pescadores que esta cerca. Y los paisanos, marineros, mariscadores, hablan de olas, no de ondas, te lo digo ocmo lo siento.... nunca, nunca, jamás he oído a un pescador gallego hablar de que "viño unha onda e moxoume todo". Siempre he oído "ola".

No sé tierra adentro.... ¡Toma! (jajajaj).

Carlos, bezos.

vintxuca dijo...

como o pasades condenados!!!! hehehe!!! claro que todos cantamos a rianxeira o miudiño e incluso esa que di " a miña casa non quero que veñas..."que sería das nosas romarías sen eses "greatest hits"

Carlos Sousa dijo...

Vamos a ver Thiago, en realidade creo que no "normativo" dise ondas, se ben nos por aquí o normal é dicir olas. E cando se nos da por cantar a canción, a cousa está repartida, aínda que ó final acaban todos dicindo "ondiñas". E por certo, o das alusións iría por Artabria, e non por Brabido, que bastante tiña el con facerlle a pelota a Don Xoan, jeje. Mira que sacar notables en ximnasia, quen o diría.

E non te me enfades Artabria, me imaxino que o de Ferrol, como dicides, non ten nome, pero por aquí máis ou menos pasa outro tanto.

Hadex, as túas reflexións sempre moi interesantes, non coñezo a de Zorba, pero se ti dis ten por seguro que non o dubido.

Normal que ti o superas Antón, e supoño que che recordará moito. Non pases moito frío.

Chousa, sobre a afinación, cal é o motivo que non sexa igual sempre... non sei cal será, pero a min pásame o mesmo.

Ah!! gustoume moito esa frase que escribiches ó final Thiago, "viño unha onda e moxoume todo" jeje, moi boa, en que estarías a pensar.

Canto tempo Vintxuca, e que estes "Greatest hits" son o máximo, e cunha queimadiña ou algo polo estilo, que ben soan...

Un saúdo a todos.

Thiago dijo...

jajaaj cari, lo siento... siento la confusión y que mi gallego sea tan penoso, pero a ver... doctores tiene la ley, y auqneu pa mi carrera de periodista nacional ya no se si me vai facer moita falta, dime como se diría la frase correcta en galego, anda... Un poco de caridad, jajaja

Si te digo la verdad, en Ferrol, diriíamos, "viño unha ola e me moxou todo·" que yo creo que es peor, jajaj

Bezos, coño, pero iluminar al que no sabe, jajaja

Barreira dijo...

Si, si. Nos tamén a cantamos ao rematar coa queimada.
E que ben soaba.
Saudos.

paidovento dijo...

Grazas pola información! Isto lémbrame un caso semellante no que a cancións se refire:
"Unha noite na eira do trigo" é en realidade unha versión dunha poesía de Curros Enríquez, á que lle cambiaron o 1º verso ("No xardín unha noite sentada")

Alkaest dijo...

Bueno, como soy celtíbero de mas abajo do Cebreiro estoy exento de esas disputas "filológicas".
Así que me contento con recordar la de veces que, de jovencillo, habré cantado esas letras, en juergas y farras variadas, sin saber de que iba la cosa, pero más alegre que unas pascuas.
Es misterioso el mundo de la música popular, unas canciones se enraizan de tal modo que, nacidas anteayer, parecen "de toda la vida", y creadas por un grupo reducido parecen después "de todo el mundo"; luego otras, que tenían vocación de fama, pasan sin pena ni gloria.
En fin, alegrías de la nostalgia, ¿o se dice morriña?

Salud y fraternidad.

Thiago dijo...

JAJA CARLOS, no, no.... no estoy de acuerdo, al menos en la zona de Ferrol- Coruña, se dice mucho "viño" o se dive "veu" por el pasado de venir, Asi: "vino Juan", se dice "viño Xoan" o "veu Xoan". jajaja Eso es seguro. Se dice de las dos formas, según el galego-parlante hable mejor el galego o peor (castellanizado).

Pero eso de "viu" yo creo que es del verbo ver, no de venir, jajaja "Non ó viu" se dice cuando "No lo vió", jajja Bueno, eso al menos en mi zona

Ya digo que el gallego se habla de muchas maneras. Es lo que yo estudié en gallego "zonas dialectais" que decian, jajaj

Bueno, entonces se dice OLAS Y NO ONDAS, tb. por ahi que es a lo que ibámos y por lo que me llamaron la atención, jajaa.

El caso, es que por ser gallego y ser surfeiro, mi saludo siempre es: Olassssssssssssssss sin h, y no es por que no sepa que la lleva, jajaj Es por el mar.

Bezos

Carlos Sousa dijo...

A ver Thiaguiño en cada zona fálase de distinta maneira, a nosa dende logo no é perfecta, nin por asomo. Para dicir "vino" o normativo e "veu" pero nos dicimos "viu", para o verbo ver, aquí simplemente dicimos "mirou" e non nos complicamos, jaja.
E "Hola" en galego é "ola" sen H, ou sexa que iso dícelo Ben.

Barreira, ou sexa que destes conta da queimada, non? Dende logo, como insinúa Chousa, así sae máis afinada.

Paidovento, pois iso tampouco o sabía. As veces facemos de conta que algo é así, e non chegamos a descubrir por qué é así. Despóis ó sabelo xa lle topamos a lóxica.

Alkaest que tal vamos? Así que tamén cantaruxaches a Rianxeira? É o que temos os galegos, somos a "leche". O outro día vin un reportaxe na tele sobre igrexas e monasterios en ruinas de Burgos, é para alucinar.

Saúdos a todos.

vermella dijo...

Que oportuno es,acabo de voltar de vacacións e unha noite saímos cuns ouresáns que coñecimos no hotel e acabamos nun pub cantando a Rianxeira,e ollo que nos estábamos demasiado bébedos era que o sitio estaba cheo de alemáns e demáis fauna e botábamos de menos o noso.
Por certo podo xurar que na Coruña nunca escoitei decir olas a non ser cando saúdan os adolescentes castelán falantes.
saúdos veñen e van.

fgul dijo...

home; a rianxeira eche unha das "nosas" por excelencia.
Quen non a coñece???

Raposo dijo...

Cantar téñoa cantado moitas veces, sempre desafinando pero poñéndolle moito interés, eh!
O que non sabía eu eran todos eses datos que nos aportas e que che agradezo.
Unha aperta.