sábado, 11 de julio de 2009

Un pouco de todo... ou de nada.

Despóis dunha semaniña bastante forte de traballo (cousa de agradecer nestes tempos) e líado cos torneos de fútbol sala de verán nos que estou a participar, pois non tiña moito tempo de escribir para o blog. Outro motivo que me fixo estar un pouco reticente co tema foi a entrada anterior tan etnográfica, e que tanto vos gustou (por certo, agradezo os vosos eloxios). E claro superar a anterior vai ser un pouco difícil, pero vamos alá. Esta non vai ser o caso, pero algunha tamén sairá.

No torneo de Guláns, parroquia veciña de Areas, fixemos un papel acepatable. No último partido da primeira fase, démolo todo pero non puidemos pasar do empate, resultado que non nos permite pasar ás rondas fináis. Outro ano será.

Grazas ó blog do torneo, algunha xente de Gulans coñeceu o meu, e parece ser que lle gustou. A min particularmente, gustáronme os comentarios de "Garganta profunda" (tamén menudo alcume...), que parece ser que se achega ós partidos e veme tódolos días, pero sen darse a coñecer e pagar a cerveciña que me prometeu, jeje. Xa lla tomarei. O máis sorprendente é que non so a mín me ten intrigado senón a toda a parroquia, xa que creou un blog para falar de Guláns, e as suás primeiras entradas están escritas con moito amor e cariño hacia a súa terra. Nun post que publicou, xa mo imaxino emocionado escribindo sobre o tema que trataba. Este post imprimíronno e colocaron no taboleiro de anuncios do torneo, motivo que fai que a xente especule sobre quen carallo é Garganta profunda.



O blog chámase Medialeva Guláns, se podedes botadelle unha ollada, sobre todo os que sexades de aquí, pode chegar a sorprendervos. Eu dende aquí quero animalo a que siga adiante, e non se quede estancado.

Aparte deste torneo, estou a xogar un en Mondariz, este para veteranos de 40 anos para riba, jeje, aquí síntome como un rapaz. Xa non sou dos abueletes. A ver ata donde chegamos, e se me toca xogar contra Gudelj, aquel xogador que admiraba cando xogaba no Celta.

Para rematar quería perdirvos unha opinión. Thiago, este galeguiño afincado en Madrid, que sempre sorprende polos seus post e ocurrencias, explicaba como colocar estes tres enlaces que veñen ó final de cada post. Paréceme interesante, xa que permite ver outros post antigos que quedaran no olvido, e sempre valen para recordalos. En teoría colócaos aleatoriamente segun as etiquetas, o que faría que fosen temas relacionados. Na práctica me parece que non é tan así, pero creo que non está mal. Ou polo contrario é cargar demasiado a páxina? A vos que vos parece?

O que queira instalalo so ten que pinchar en LinkWithin, que aparece debaixo dos enlaces e seguir as instrucción que explicou moi ben Thiaguiño.

17 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Ola, Carlos:

Non me parece mal "o tríptico aleatorio" que che aconsellou Thiago :-)

Sorte nos vindeiros partidos.

Unha aperta.

Antón.

Paz Zeltia dijo...

si, o dos enlaces se efectivamente van relacionados coa entrada, pode ser unha ferramenta útil no blog.

e xa vexo que entre blogueiros anda a cousa, con ese veciño, que, ainda que anónimante, e empezando, parece que vai coller carreiriña, polo menos po ti non axudar que non quede!
e moita sorte coa tua afición ó futbol sala, que chegues a xogar con ese xogador do celta que admirabas.

HADEX dijo...

Pois sí, é unha moi boa idea.....

HADEX dijo...

De feito, co teu permiso, voucha copiar, jijijijij


BICOSSSS moi grandes.

BRABIDO dijo...

Compañeiro cando tes pensado coller as vacans? entre ó curro,fubito,o meu e mailo blog.....


PAADIANTE

Thiago dijo...

jaja cari, GARGANTA PROFUNDA? Bueno, el nombre es bastante sugerente, no? En lo demás se parece a mi, todo el mundo quiere verme la geta, jaja pero mira, esto es libre, cada uno da lo que quiere...

Yo te di la idea de los linkwithin. La verdad es que al principio es muy llamativo y queda muy bien. No retrasa la apertura de los blogs ni la complica. Desde luego es aleatorio, aunque alguna relación busca: nombre del post, otros links a otros blogs, etc... Lo único es que cuando lo teníamos unos pocos era mas llamativo, ahora lo va poniendo todo el mundo y pierde eficacia. Creo que solo tu, o tu y otro, ha pinchado en un enlace en mi blog para ir a ver un post antiguo, jjaja. Lo que pasa es que una imagen -ya sabes- vale mas que mil palabras, y a veces, alguno puede picar, jajaja

Bezos

Thiago dijo...

... Y Beni qué dice de todo esto? jajaj

garganta profunda dijo...

Ay, o meu Carlos ¡¡¡. Gracias pola propaganda que me estas a facer, ademais falando ben do meu blog....iso si é un amigo¡¡¡-

Pola cervexa non te preocupes, ben de seguro que a tomaremos, pero o seu debido tempo. Ademais coa propaganda que me fas, e non só no teu blog senon alí pola Cultural....que xa me comentaron a min, imos ter que tomar unha caixa....jeje.

Inda que quedarades eliminados ( os anos é o que teñen) non deixes de ir por alí..

Saudiños meu amigo.

chema dijo...

pois si carlos (sousa) como eu te coñezo foi unha pena pero creo que non esperabamos tanto nivel do acadado.
nos tamen o pasamos bastante ben e de feito creo que vamos a ir a mais campionatos,espero que con mais sorte.
bueno un saudiño.

Deambulando con Artabria dijo...

Vas xogar contra un ex xogador profesional?? Que non che temblen as pernas, jejejej.

Barreira dijo...

Eu vexo ben o tema do linkwithin. E un xeito de recordar como ti ben dis.
E claro que lle hemos de botar un ollo a eses blogues, porque nos é ao que nos adicamos. Temos fame de relacionarnos.
Saudos e sorte no campionato.

Raposo dijo...

Eu pensei que esta era a época das vacacións, como os xogadores da primeira división, he,he!
O de Linkwithin pode ser interesante, o mellor decídome a poñelo.
Grazas por informarnos.

paideleo dijo...

Gustoume o blogo de Guláns.
Cada parroquia debería ter un polo menos para conservar o noso pasado.

Carlos Sousa dijo...

Antón, A ver se temos sorte neses partidos, que xa vexo que ti a tiveches no sorteo do viño...

Zeltia, que menos que axudar a un "amigo", que diso non teño dúbidas. Ai se podo xogar contra Gudelj!!, que se prepare...

Hadex, copia, copia, sen problemas, pero de momento non cho vexo por ningún lado.

Brabido, que é iso de vacans?? xa non me lembro. En serio, cun pouco de sorte, me parece que están a caír. E líado?, tampouco e para tanto, curro, futbito, o blog... pero que é iso do teu? jeje.

Thiago, Xa vin que lle comentaches a Medialeva, pena porque agora ten un post moi orixinal. E Beni? Xa sabes a súa bola, estudios, traballo... xa non lle boto máis a bronca.

Garganta profunda, que menos, no? Se aparte me gusta como escribes. Deixaremos o tema nun par de cervexas, a caixa pode chegar a ser perigosa.

Chema, Home Chema! Grazas por pasarte por aquí, espero que non desistas e me sigas visitando e lendo as miñas chrradas. No torneo hai que recoñecer que había moito nivel.

Artabria, Millor que non lle temblen as pernas a él, jeje, son un pouco leñero.

Raposo, Vacacións os profesionales, nos no verán e cando máis xogamos. Agora non (outra vez a idade) pero antes era unha burrada.

Paideleo, Iso mesmo, cada parroquia un blog, e este de Guláns ten boa pinta.

Un saúdo a todos.

Thiago dijo...

Qué has sacado en limpio de tu encuesta, jajaja Parece que la gente no se moja, pero mira, lo de tener ahi esos enlaces tienes su gracia. Yo hoy mismo he leido dos post mios que ni me acordaba de ellos, jajaj Y me he reido, que es lo peor, jaja

Bezos

garganta profunda dijo...

Meu Carlos...como é que che vai?. Voteite de menos onte polo torneo de Guláns...non estarás maliño, verdade???........si necesitas unhas fretas, xa sabes, avísame meu rei.

Por si non te enterache, creo que a directiva da Cultural está pensando en por uns pinchos para todos os participantes no torneo o sábado despois da final........QUÉROTE VER POR ALÍ MEU REI¡¡¡¡

Bueno ata pronto....é póñame os pes da súa señora¡¡¡...je, je

violeta♥♥♥ dijo...

PASA POR MI BLOG SI.