domingo, 4 de octubre de 2009

Fumata branca

Este xoves pasado, despóis do pleno extraordinario donde se revocou a decisión de expropiación forzosa aprobada no anterior pleno extraordinario, agardábamos con impaciencia a noticia de que o Alcalde máis os propietarios dos terrenos firmaran o acordo. Despóis de 75 horas pechados no salón de plenos, estas dúas últimas fixéronse un pouco máis longas do habitual. Sabíamos que estabo todo encarrilado, pero faltábanos a puntilla, ese papeliño firmado e que as máquinas escomenzacen. Cando nos deron a noticia invadiunos unha gran ledicia. Un dase conta do traballiño que pasamos (que non tiña que haber existido nunca) e que todo o que fixemos deu os seus frutos. Foi un momento emocionante.

O venres reunímonos en Pontevedra co Xefe Territorial de Educación (saíron fotos miñas na prensa reunido con esa banda de chupópteros, jeje, pouco a pouco estoume a facer "famoso"...) e fixouse como día de comenzo das clase o mércores día 7.

Penso tomar unhas fotos ese día, pareceranos un logro do cal participamos, e despóis o domingo nunha xuntanza-comida que teremos os pais para celebralo. Espero que sexan os últimos actos que organice a Plataforma, e que poidamos voltar a normalidade e a nosa rutina que se bota moito en falta. Entre as mobilizacións, reunións, o traballo (teño que agradecer o meu xefe que me permitira compaxinalo un pouco), a falta de sono e demáis inconvintes, o corpo pide un pouco de tranquilidade que un xa non sabe nin a cantas anda.

Á conclusión que tamén se pode chegar, e que xuntándose varia xente normal, sen ter postos importantes na sociedade e traballando, pódese chegar a conseguir uns resultados cando a razón nos acompaña, non fai falta ser ningún letrado ou diplomado. Con esforzo consíguense obxetivos. E neste caso foi todo un exemplo de manifestacións pacíficas, non houbo nin un só problema nestes case que 15 días que durou o conflicto.

Se alguén quere ver como foi o día a día deste problema, pode consultalo neste blog creado para a ocasión: plataformaies.blogspot.com

Estas son imaxes no Novo IES do Barral, que ten moi boa pinta:



Polo tanto intentaren seguir co blog, tal cual o levaba antes, non todo son desgrazas na miña terra. Polo de pronto, estes días perdinme as festas de San Miguel. Acerqueime un momento á tirada de globos de papel, aquela que falara o ano pasado, non levaba cámara e non puiden tomar ningunha foto. Estas son da edición anterior:



Tamén quero comentar que este sábado pasado empezou a liga nosa de Fútbol sala, e como case sempre perdemos o primeiro partido, teremos que coller a forma que este verán atípico fixo estragos...

Bueno, a ver se me poño ó día cos blogs amigos (grazas polo apoio e polas mostras de comprensión que tivestes con este problema, que non tiña pes nin cabeza).

19 comentarios:

HADEX dijo...

Benvido de novo....estiven seguindo o encerro pola Voz De Galicia...noraboa a todos por loitar dese xeito!!

Unknown dijo...

Alegrome un montón, co final premanecera a razón.E que os rapaces teñan por fin clases.
"O povo unido nunca sera vencido"

Bicos

Deambulando con Artabria dijo...

O outro día viña na portada de La Voz de Galicia virtual que xa se iba firmar o do terreo........Xa vez, aínda que temos edicións distintas na prensa, ocupachedes un lugar privilexiado. Bo traballo!!!

Thiago dijo...

jjaaj genial, jajaj cari, ahora ha quedado un insti chulísimo, ehhhhh, que bueno que se arregló todo, y ya ves, ahora eres un lider vecinal, jajaj Y por dios, cari, dime a quién salio tu hijo que esta guapisimo, jaja seguro que a su madre, jajaja

Bueno, que empiece bien el curso, luego.

Bezos

abueloscrisytoño dijo...

Noraboa a todos.
Un saudo
A.Cris

paideleo dijo...

Alédome de que todo remate ben !.
Tendo razón e insistindo parece que se amaña o amañable.

Raposo dijo...

Noraboa, alégrome que o final todo saíra ben. A forza dun pobo unido e cheo de razón pode superar moitos atrancos.
Apertas.

Eva G. Rei dijo...

Parabéns Carlos. Tiñádelo merecido.
Oxalá comecen as clases o día 7 sen ningún atanco máis.

Barreira dijo...

Alégrome ben oh!!!!. Todos os traballos que pasastes deron os seus froitos. I eso debe ser un exemplo do que se debe facer ante calquer desgoverno por parte da nosa clase política (que, dito sea depaso, soen ser moi habituais).
Saudos.

Mer dijo...

menos mal que se solucionou axiña, porque xa se sabe que cando a administración anda polo medio malo, supoño que mellorou o conto facendo que fose un problema público e aparecese nos medios

o importante é que MAÑÁN haberá "clase"... eu tamén, comezo mañán as clases pre-parto, a ver qué tal

unha aperta

Paz Zeltia dijo...

o outro día vinvos na prensa, falaban abondosamente do voso problema, do que eu, grazas ó teu blog xa estaba enterada.
teño que felicitart por duas cousas:
polo resultado
e polo esforzo.

en canto ó futbol... jajaja, paciencia!

Antón de Muros dijo...

Moi ben, Carlos.
Agora desexovos un bo tempo por diante.
E boa sorte co fútbol tamén ;-)

Unha aperta.

Antón.

busto.agolada dijo...

Noraboa. Quen se molla e se implica sempre consegue algo. Agora que estreedes ben o instituto e que os rapaces correspondan estudando aos vosos esforzos.
Apertas.

Paz Zeltia dijo...

agora quedarías con algo máis de tempo; xa vin que tentas poñerte ó día en todos os blogs que les
;-)

esta finde ¡a actualizar o blog!

paidovento dijo...

Pois si que te estás a facer famoso. O outro día escoiteite pola radio e falabas con sentidiño, como escribes. Parabéns por conseguir aquilo ao que tiñades dereito. Por certo, o instituto ten unha pintaza, hei pasar un día a botarlle un ollo.

Chousa da Alcandra dijo...

Tamén dende Antas seguimos a noticia ("coñecerte" fainos copartícipes das vosas inquedanzas).
Parabéns polo éxito acadado. Outros, en algunhas outras guerras xa pasadas non conquerimos o obxectivo e agora...andamos pagando as consecuencias.

Unha aperta

Thiago dijo...

jaja cari, ahora que eres un lider ciudadano y sindical te echo de menos, jajaja. El otro día me hubirea gustado saber si te gustó mi versito en el post de MI NOVIO ME CABAlGA y si es correcto mi galego (pa inventarme yo el versito no está mal, creo, jaja).

todo bien por el insti entonces ya sin problemas o ahora no hay profesora de Inglés? jajja

bezos

Marga dijo...

Noraboa pola vitoria!!!

Despois de tantos anos de loita, ben merecida era.....

Un saudiño

BRABIDO dijo...

Non todos estaran alegres non me gustou nada como acabou,posta que tiñan que rodar cabezas,que carallo.

Sa culpa fose nosa, pasaban por encima coma merda o fin e o cabo quen paga sempre, somos nós.

Que sepas que non che dou os parabens nin a noraboa nin ostias xa que te coñezo e seguro que non estas o cen por cen da acordo co resultado.

3 por 1 igual a.............