martes, 29 de septiembre de 2009

A toma do Concello

A foto o dice todo. Vendo que non nos dan moitas solucións decidimos tomar o Concello. Como se fósemos revolucionarios, ás 8 da mañán entramos como se nada e instalámonos no salón de plenos do Concello. Agora, cando xa van para as 4 da madrugada, e despóis de turnarnos durante o día, algúns xa cairon a durmir, outros teclean no portátil (caso dun coma min, que xa tiña mono de "intrenete" despóis de tantos días sen usalo) e os rapaces tómanno como un día de festa. Non hai quen os cale, dame que non van a doblar tan cedo.

Hoxe, en palabras do alcalde, parece ser que o tema vaise solucionar, chegou a un preacordo cos donos do terreno colindante co instituto. Pero nós, que xa estamos curados de espanto, non nos fíamos e vamos a seguir co noso encerro ata que nos presenten documentos firmados e empecen a traballar nos accesos, cousa que parece será alá cara ó xoves.

Esperemos que sexa así e terminar dunha vez con esta situación, que isto non hai corpo que o aguante.

Deixovos varias mostras do encerro.







Perdoarme que non pase moito polos vosos blogs, pero voltaremos a normalidade. Ou espero...

11 comentarios:

Thiago dijo...

Joer, Carlos que putada, lo siento... Vaya lio, y vaya medida. Esperemos que sea cierto lo de que se ha llegado a un acuerdo, que mal. Pobres chicos.

Ya sé que no es el momento, pero quería preguntarte, además, como se dice en Gallego la expresión en castellano "o sea", sabes? Eso que yo pongo tanto en mi blog de "osea, eu" Tendria que ponerlo "o sexa eu" o "osexa eu" o cómo?

Pero vamos, si no puedes nada, lo primero es lo primero, jajaja

Venga, un abrazo solidario. Bezos.

Ana dijo...

E unha pena, que teñamos sempre que chegar a estos extremos. Mais, si e a única maneira de que fagan caso,non queda mais collóns!

Quizás nun par de semanas os cativos podan comenzar de unha puta vez o ano lectivo.

Bicos e forza!

Artabria dijo...

A ver se pronto se arranxa todo, mirao polo lado positivo, vades gardar o recordo do encerro toda a vida.....

Iso non quere dicir que non se teña que acabar pronto eh, oxalá mañán poidades durmir na casa.

Artabria dijo...

O que di Tihiado é "ou sexa"??? jejeje

Nunca se me dira por pensalo. :-S

zeltia dijo...

vin a noticia e fotos no periódico.
que non decaia a loita!

Barreira dijo...

E triste ter que chegar a estes extremos para poder conquerir algo que é xusto, e que debería sair dos que nos governan.
Pero bueno, é así!!.
Saudos.

Mer dijo...

Vino na tele e mesmo esta mañán na Voz de Galicia (edición Compostela). Moita sorte e FORZA!!

busto.agolada dijo...

Se pretendiades eco para o voso encerro, de certo que o conseguistes. Eu tamén vos vin na prensa. E por aí empezan as solucións, pois por desgraza neste país as autoridades espabilan en canto saben que as demandas se lles fan públicas e incontrolables.
Que teñades o éxito para unha demanda tan xusta.
Apertas

paideleo dijo...

Parece que toparon solución.
É a do sempre: quen non chora, non mama.
Que todo remate ben.

aquí estamos dijo...

Iso de encerrarse no concello da moito de si. Esa confraternidade, esas risas ..Eu creo que todos os colectivos de vez en cando deberíamos encerrarnos nun concello ou sitio similar para potenciar o bo rollo entre nos. Todo ten o seu lado bo. Seguro que dese encerro xurden amistades duradeiras e as veces moito mais. Creo que xa acabou non? Pois nada,a esperar outra razón para encerrarse en algún sitio

paidovento dijo...

Déixoche este comentario cando xa rematou o encerro. Quero que saibas que vos apoiei moralmente e que penso que foi unha decisión acertada. Xunta e Concello emprenderon un pique a ver quen era máis incompetente. E, mentres, os rapaces na rúa. Ogallá se solucione axiña.
Un saúdo.