martes, 8 de septiembre de 2009

Outra de "austeridade"

Sempre dixen que non ía falar de relixión (como poño na parte esquerda na presentación do blog) pero dunha volta falen da austeridade do clero. Tamén dixen que non ía falar de política, pero se daquela o fixen co clero non vexo por que non vou a facelo agora sobre este tema. Así polo tanto vou dar a miña opinión sobre a "austeridade" das políticas da Xunta máila dos seus inquilinos.

Antes de meterme no tema que me interesa, quixera mencionar tamén a última metedura de pata do presidente da Xunta, con motivo do tirón de ourellas que lle mandou Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega (RAG) criticando claramente a súa política lingüística. Este tuvo que asistir atónito e descolocado ante as manifestación elocuentes (e cheas de lóxica) de Barreiro. Pero logo soltouse con que estaba respaldado polos seus votantes que así o quixeron, e polos resultados do famoso e triste referéndum ó cal fomos sometidos os pais dos alumnos en idade escolar e case que claramente manipulado (ou polo menos na forma). Polo tanto parece ser que a derogación do galego vai seguir adiante, pese ós aviso que lle veñen de tantos frentes, este último ben xustificado.

Pero neste momento o que máis me fastidia son algunhas das medidas tomadas, para nun principio, recortar gastos, á larga xa se verá. Unha delas é a supresión da gratuidade dos libros de texto. Unha medida claramente contraria ó interés popular, pero que, como sempre, esconden detrás duns razoamentos, deixando ver só o que lles interesa e enganando claramente ós interesados.

Segundo teño entendido, ata agora o modelo que tíñamos de gratuidade dos libros, estaba composto por un préstamo do libro que había que devolver o finalizar o curso escolar. Estes libros durarían un ciclo de catro anos, a partir dos cales renovaríase o material. A inversión nun principio poderíase considerar moi importante, pero habería que botarlle as contas ó tal ciclo, co cal o gasto veríase considerablemente reducido. Aparte disto, crearíase nos alumnos unhas costumes moi positivas, como é a de coidar o material e ser un pouco máis solidarios cos que veñen detrás. Viuse logrando o que se podería chamar un dereito cidadán.

Pois agora os da Xunta saen con que van recortar gastos e que non queren libros en préstamo senón libros en propiedade, para que o alumno poida facer anotacións neles. E como se poden reducir gastos con esta idea? Pois simplemente dándolle a opción a ter dereito destes libros o 22% do alumnado. Este 22% escollerase según os que menos ingresos teñan, coas conseguintes dúbidas sobre o baremo que utilizarán para medilo. Non quero pensar a cantidade de pais cuns ingresos bastantes baixos que se van quedar fóra da medida.

De momento a xente non pon moito o grito no ceo, xa que moitos aínda teñen dereito ós libros que non cumpriron o ciclo. Pero cando este se agote, darémonos conta do equivocada da medida. Veremos que non existe tal aforro e sobre todo que só se beneficiarán dela unha pequena minoría.

Pero tranquilos que ninguén se vai mobilizar, saben facela e teñen á xente moi "embobada" (non estou intentando insultar, simplemente quero dicir que lle comen moito o coco).

Esta é unha parodia do que pode chegar a convertirse esta medida:



Bueno, e como falén na entrada anterior o instituto novo está máis que no aire.

17 comentarios:

brabido dijo...

Cando eu estudiei,aunque che pareza estraño,si.Os libros non os regalaban nin os prestaban e non habia moitos ingresos xa que na casa só traballaba un ,o que si me fodia era que os libros do meu irma non valesen pa min,sorte se se pode decir sorte é que o Antonio deixou de estudiar en quinto un gasto menos je je je je e a dia de hoxe eche capataz "vivalaostiapues".Eu penso que chegara un dia en os libros seran sustituidos polos ordenadores,no colexio me refiro

Ana dijo...

Estou segura que non vas a estar dacordo coa minha ultima entrada (galicia bilingüe),mais tenho que darte a razón co tema dos libros.
Agora tenho sorte, que o 2º de ESO non tenque comprar oslibrso, como tu ben dis, nn acabou o ciclo.

O otro dia, unha nae queixabase, cos libros dos seus filhos, 2º e 5º de primaria, custaban 500 euros, e isto sen añadirle o gasto dos materiais.

Vamos de mal a peor...

Bicos y perdonar polo meu galego

HADEX dijo...

Pois tiñas que oílo no radio o outro día......demagoxia pura....."Cando eu ía ao instituto había xente que ía en coche porque tiña moitos cartos....eu non podo permitir que a xente que ten cartos non pague os libros".....É que ten tela....buuffffff

Ana dijo...

.....e mais cos baremos que poñen.

Ana dijo...

Jajajajaaa..non me extrana, o final con precio que teñen, acabaremos mercando os libros no top manta.
Moi bon,jejeje

Bicos

paidovento dijo...

"Gratuidade solidaria" chámanlle. Solidaria con quen? Coas arcas da Xunta, supoño. A este paso servizos básicos coma o sanitario tamén van ser así, e se te pasas da renda mándante á privada.
Estamos apañados!

vermella dijo...

Iste tema alporizame de máis,o meu fillo pequeno foi o segundo usuario dos libros de 6ª de primaria,istes libros xa non van a estar en uso este curso si non que os que veñen detrás teñen que compralos,así que eu pregúntome quen é o listiño de turno que predica austeridade e fai o contrario!!
Tés razón que este ano a xente aínda non está ao loro porque na "eso" siguen co préstamo pero todo se andará...........
bicos.

Thiago dijo...

ya, si ya me llamó la atención lo del cambio de diseño de las galegoescolas.... de una casa a un pollo, azul claro.

Y pa ahorrar van a vender el coche del presi a mitad de precio, pa comparar otros.... Es de risa sino fuera trágico.

Bezo

Artabria dijo...

A min nunca me valeron os libros das miñas irmás, pero sen embargo os meus eran utilizados polos meus curmáns.

Aparte do tema da gratuidade ou non, non entendo por qué teñen que cambiar o temario dun ano para outro. Así todos perdemos e as editoriais gañan e gañan.

Por certo, estou desexando que haxa eleccións....

Thiago dijo...

jajaa cari, el video esta muy divertido, mira que le plumier de regalo, jajaja

Te gustó el video de coruña entonces? jaja pero cari, si hace poco me estabas enseñando tu a mi.. Yo lo hago ocn el windows media maker, que es muy sencillito y el truco esta en darle uniformidad a las transiciones (que sea siempre igual que sino queda hortera) y usar lo de ALEJAR Y ACERCAR que queda muy bonito,jaja

bezos.

zeltia dijo...

Si no cambiasen el temario todos los años, los libros siempre los podría aprovechar alguien, aunque hubiese que pagarlos. (Si no tienes dinero "los heredas") Pero bueno, yo digo que si la enseñanza es obligatoria y gratuíta´, pues TIENE que ser GRATUÍTA.
aunque eso que leí por ahí de los 500 euros, a veeeeeeeeeeeeeer, tampoco vamos a exagerar.

A lareira de Santiso dijo...

Todo o EGB estudie cos libros dos veciños, nun ciclo de catro, cinco, seis ou non sei cantos anos. E non che me foi tan mal.
Gustoume a túa entrada.
Apertas.

Manuel L. Rodrigues dijo...

Sabes Carlos? ...e nunca me cansarei de dicilo!! A mellor normalización da lingua faise faladoa... O que compre é falarlle sempre 100% aos nosos fillos en galego (o castelán xa o aprenden por outros medios), e tamén aos nenos que estén ao noso alcance.

...e é que xa non é somentes unha cuestión lingüistica; tamén é polo ben dos nosos fillos. Evidentemente mañá agradecerannos moitísimo o feito de terlles ensinado a amar a lingua do país no canto de falarlle no idioma lerdo que nos queren impoñer os bífidos. Un saúdo.

vintxuca dijo...

Carlos moi ben escollido o de "vaya semanita" a verdade e que son boísimos.
Son uns trapalleiros agora pretenden recortar gastos???? e os gastos que conleva tirar todo o material das galescolas porque as novas guardes non poden levar bandeira e teñen que levar unha merda de galo azul ou galiña ou o que sexa....buuufffff!!!!!

paideleo dijo...

A min non me enganan. Eu sei que o PP é un club de ricos e mentres eu non o sexa que non conten comigo.

abueloscrisytoño dijo...

Tes razón co que custan os libros, coa cantidade de impostos que se pagan e sendo un material non de luxo e tan necesario xa podían ser gratis dunha... vez.

Lúa dijo...

oes!!!sabes que nesta paxina saeme a opcion de traducila ao castelan porque segun pon esta escrita en portugues????hehehehehe estes do google....bicos