martes, 15 de septiembre de 2009

Primeiro día de escola

Como xa sabedes este xoves pasado escomenzou a escola para os nenos de primaria. Para algúns era o primeiro día que ían, entre eles a miña pequena que aí a vedes toda sonrinte. É unha data desas sinaladas que un sempre recorda, pasarán os anos e lembrarémonos de como actuaron e a cariña de satisfacción por un lado e de pena polo outro, que nos queda.

No meu caso tíñamos un medo terrible a ver como reaccionaba, xa que é unha nena moi apegada ós páis. Cando estamos na casa é un encanto, fala, ríe, inventa historias da televisión, fai diálogos ela soa facendo de dous persoaxes... o típico nos nenos desa idade. Pero cando saímos da casa, nun principio vai toda contenta, pero así que se lle arrima alguén a falar con ela, aínda que sexa coñecido, bufff! "la cagamos", entrálle un medo e agárrase as pernas da nai ou as miñas e non hai forma de que levante a cabeza. Terrible, parece como se nunca saíra da casa. Bueno, pouco a pouco vai cambiando.

Pois o caso é que estaba bastante concienciada e tiña gañas de ir, a víspera estaba toda nerviosa, pero nunca se sabe. Para a nosa sorpresa, foi todo o contrario do que pensábamos, quedou alí moi contenta, un pouco cortada pero contenta. A escola é unha unitaria de aldea (aquela que como vos conten querían pechar e non foron capaces), e non ten eses período de adaptación por horas, polo que houbo que ir buscala a unha. Aí si que viu a sorpresa! Empezou a chorar como unha descosida, que non quería voltar para casa... se as veces non hai que os entenda...

E así xa van catro días, e segue indo contenta, polo menos xa non chora ó voltar. Na foto podedes ver a miña "prinsesita" cunha sonrisa de ourella a ourella, co seu mandilón rosa, a súa mochila de Winnie Pooh (non tiñan de princesita, que é a que quería ela) ó saír da casa.

O seu irmán, o meu pequeno (buff! como medra) saíu a despedila pola mañan, a el tocaríalle escomenzar este xoves, pero como se vía vir, non vai ser así. Polo de pronto este venres os pais temos unha reunión pola tarde para ver como queda a cousa do instituto. Unha das opcións que barallan pode ser a de dar clases pola tarde no outro instituto. O que faltaba xa, por culpa de un mal proxecto e unha mala planificación que teñan que pagalas os de sempre

16 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Pois sí que tivestes sorte coa pitufa. O primeiro día adoita ser xornada de bágoas de moitos nenos (e algúns que outros papis tamén!).

zeltia dijo...

que fillos mais ghuapiños tés!

e unha sorte o da nena, porque, como di chousa, pásase mal cando se aferran a un e despois quedan alí chorando...

e iso que dis das sorpresas, que nunca sabes por onde che han sair os pequenos, ¡estás empezando! jajaja

Antón de Muros dijo...

Parabéns polos teus fillos!

Unha forte aperta.

Antón.

Ana dijo...

Bos días,termino de levantarme e baixar a cafetería.

Os meus fillos, sempre foran dos que "non querían volver a casa", o pasan pipa na escola. A pequena ( 5 anos) xa levaba dias contando, pra ver cando comenzaba,jeje

E si, tens un rapaz e una moza guapísimos.Noraboa.

Bicos
(volto a minha cadeira hositalaria...)

Thiago dijo...

jaja que rica tu hija, cari.. me alegro que vaya contenta... ¡Y tiene unos zapatos mas bonitos y más pijos que las sandalias que usan las infantas de Leti, que son mas horteras, jajajaja Oye, si dices que escribe historias y tal pq no le empiezas un blog y le puedes enseñar el mio... jajaj A la peke de "Polbo con cachelos" le encantaba "el nene del bo naranja" jajajaja

Bueno, eso si, que sepas que Belén Esteban te ha denunciado al Defensor del Menor por hablar de tus hijos en tus post, jajaja

Tu hijo está guapísimo, te lo dice un gay. Espero que estes muy orgulloso de él, jajaja y si sigue con el futbol se pondrá como... como... Casillas, jajaja

Bezos.

busto.agolada dijo...

É unha sorte que empecen con alegría e que se sintan felices. Eu sufrín bastante coa miña pequena, pois quedaba sempre chorando. Duroulle meses. e a nós producíanos remordementos deixala alí ollándonos a través da fiestra. Así que un comezo coma o da túa "princesita" é unha bendición.
Saúdos.

Barreira dijo...

Vaia sorte se non che chorou. Agora xa ano tras outro e medrarán á velocidade da luz. Vaia par, eh!!!.
Saudos.

brabido dijo...

Que fillos mais fermosos tes,bo veña vale,que fillos mais fermosos. Polo que lin Aniña debe sair mais a nai,digo isto polo de ir o "cole".je je je je je.

Vemonos no TEU quen chege ultimo paga unha ronda.

P.D:Se che sobra comida,levalle algo pa cadela (BENI)

PRAADIANTE

abueloscrisytoño dijo...

Tes uns principes ben xeitosos.
Un abrazo. A.Cris

HADEX dijo...

Alaaaa.....sí que son ghuapos ghuaposssss......hehehe...saíron ao pai? ou a nai?


Bicossss

Artabria dijo...

Os teus fillos van romper uns cantos corazóns cando medren eh.....

Como sabes, teño 4 sobriños. O maior, de 15, comeza mañá, e non está moi contento.

O mediano leva xa unha semana e vai super contento, xa é o segundo ano que vai (ten 4 anos) e as xemelas empezaron a semana pasada, pero como cumplen os 3 o mes que ven, van día si dia non. O dia que non van, teñen que levalas igual só para que vexan o cole. Pásanno en grande.

joer, que me lio cos meus sobris, que nada, que mellor así, non??

paideleo dijo...

Pois que sigas con esa sorte de que non chore.

vermella dijo...

Os nenos guapos de verdade,ai unha neniña!!que envexa eu quedeime sin ela...

Thiago dijo...

que se resuelve lo del tutuo del chaval u qué? jaja

Bezos

Carlos Sousa dijo...

A verdade que si, que tiven sorte, sobre todo mirando casos como o de Busto.agolada, iso si que ten que ser matador.

De si saen ó "pai" ou a nai, pois os que me coñecen saben de sobra que son clavadiños a min, jeje... Xa en serio, sorte que se parecen a nai, que senón... (aínda que eu de pequeno era juapiño, a ver se eles non perden cos anos coma min).

E vermella aínda estás a tempo de buscar a neniña, ou non?

O do "tutuo" do meu fillo, como me pregunta Thiago, está máis que no aire, aínda non empezaron as clases, e hoxe temos unha reunión para ver que solución lle dan. A opción que se rumorea é a de facelas polas tardes. Xa vos contaren.

vintxuca dijo...

Unha belesa de princesa si señor.... e ademáis ben valiente porque como di chousa moitos nenos quedan alí chorando a pleno pulmón!!!! A gracia do asunto é que o debeu pasar de coña cando non querá volver...quen sabe ó mellor levades unha sorpresa e de grande entralle a vocación de ser mestra, directora ou incluso de arranxar o mundo, e nos soluciona o problema das escolas. hehehe...nunca se sabe!!!!!!