sábado, 19 de septiembre de 2009

Víase vir, aquí non escomenzan as clases.

Na prensa viña unha noticia o venres de que os curso escolar escomenzara sen problemas. Pois así debeu ser donde de verdade escomenzaron, xa que en Ponteareas o novo instituto do Barral, aínda está, como xa contara, sen rematar.

Onte os pais dos rapaces ós que lle corresponde este centro, tivemos unha reunión, que nun principio pensamos que era para tratar o tema, pero atópamonos con que era simplemente a ordinaria que se adoita facer en calquer centro ó inicio do curso. Mal asunto, alí só estaban algúns profesores, nin rastro de algún representante do Concello ou da Consellería de Educación. A pobre directora (que xa se temía que a ían a tomar con ela) despóis das presentacións escomenza o seu informe. Cando comenta, que de maneira provisional, as clases impartiranse no Instituto Val do Tea en horario de tarde a partir das tres e media, empezou o follón. Protestas e preguntas sen xeito, todo o mundo falando ó mesmo tempo, descoordinación, en fin, unha feira... A directora segue a explicar que despóis haberá unha reunión entre os pais e as ANPAS para buscarlle unha solución, que ela non pode facer nada, que simplemente está alí para explicar as solucións que a Consellería creu convintes, pero nada, malamente pudo falar.

A seguir celebrouse dita reunión entre os pais, chegando a conclusión que o luns non se ían mandar ós fillos a clase, xa que aparte de ser nun horario contraproducente, afectaría ás actividades extraescolares, entre outros moitos problemas particulares. Outro dos motivos de tomar esta decisión, é que se se acepta ese horario "provisional", parecería que estábamos de acordo e o "provisional" podería chegar a convertirse en "eterno". Vaise crear unha plataforma para xestionar as medidas que se van a tomar, en forma de presión para que nos escoiten, na cal anoteime (visto que a maioría dos que nun principio estaban formando o follón non o facían).

As primeiras mostras de protesta, mentras non se consiguen os permisos para manifestacións, mobilizacións... serán sendas concentracións na esplanada do Val do Tea o luns e martes ás 8:30 da mañán, con "paseo" ata o Concello.

Para rematar quixera explicar por que se chegou ó principio do curso e o instituto segue sin ter accesos, agora xa me enterei ben. Intentarei ser breve (se son capaz)

Debe haber uns cinco anos, ante a necesidade dun novo instituto, o Concello conseguíu a cesión duns terrenos para tal fin. Logo virían as negociacions coa Consellería de Educación para consolidar o proxecto. Haberá dous ou tres anos que conseguiron chegar a un acordo. Este consistiría en que a Consellería executaría a construcción do centro e o Concello comprometeríase a garantizar que este dispuxese de servizos (tales como auga, luz e saneamento, aparte da súa lóxica entrada). Ata aí todo correcto, pero hai que voltar atrás no tempo para ver cal foi o acordo ou permuta que o Concello tuvo cos propietarios. Este era o seguinte, os propietarios dun terreno que hai ó carón da N-120, cedíanlle parte del coa condición de que lles recalificaran o resto (estamos falando dunha gran extensión), que parece ser era o que estaba previsto no PXOM. O Concello rexistrou o terreno cedido, pero aforrouse o gasto de rexistrar eses poucos metros, que en teoría estan afectados pola estrada nacional, pero que de facelo serían propios, polo que agora siguen pertencendo os anteriores propietarios.

Como este plan nunca chegou a aprovarse (como en tantos pobos), os antiguos propietarios nunca chegaron a sacar beneficio da cesión, e agora que o centro está totalmente rematado, non permiten que a entrada ó edificio, e as acometidas de auga, luz, e saneamento pasen pola súa propiedade. Algo aparentemente normal, por outra banda. E así, lévase un ano avisando da situación, e o Concello esperando ata o final para reabrir as negociacións cos propietarios, que agora ben podería decirse que teñen a sartén polo mango. Agora temos unhas novas instalacións modernas, que como se fora unha isla, están totalmente rodeadas de propiedades particulares.

A ver en que queda o tema, non me gustaría ter que escribir moito sobre isto, pero me da que vai ser que si.

18 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

É o de sempre; mesmo semella que a improvisación é o lema fundamental e básico dos políticos. E pasa todos os anos en varios centros de ensino.

A algúns había que apretarlles as caravillas de moito carallo!!

Ana dijo...

Vaya pandilla de inútiles, (non sei a expresión en galego)coma sempre, agora paga xusto por pecador.
Menudo follón.

Otra cousa, os que falan moito, son os primeiros a deitar a trás.

Bicos, xa nos contarás como acaba todo...

Artabria dijo...

Pos a ver se é a última vez que escribes sobre esto.......xa é o colmo que os rapaces non poidan ir ás clases.

Manuel L. Rodrigues dijo...

tampouco se agarba outra cousa non?? ...coido que é un problema de todo Galiza. Enfin...

vintxuca dijo...

Non aprenderán dunha vez por todas a non deixar todo para o último momento...a verdade é que si que é un atraso a maneira que teñen de facer as cousas.

brabido dijo...

Que espropien,non?

Ana dijo...

Que ollo tens,jeje

O equipo do meu fillo e o Candean, e o partido das fotos e no campo do Chapela.
Mais vai a ser dificil cuadrar, xa que o teu esta en cadetes e o meu en 2º de infantiles. O milor o ano que ven,non?

Bicos

Anónimo dijo...

A nota sobre o novo IES demostra unha vez mais ,que os que gobernan neste concello non tratan a educación de maneira prioritaria.E non me gustaria que meteramos a todos os grupos politicos no mesmo saco ,pois tamen me consta que no pleno oubo iniciativas o respecto pero o goberno non fixo ningun caso. Creo que xa está ben de disculpas e que asuman responsabilidades

Thiago dijo...

Todo el asunto es penoso... La directora podia hacer algo, creo yo: dimitir. Todo antes que dar la cara por unasa autoridades impotentes...

y decir que empezaron las clases sin problemas es todo un ejercicio de cinismo... que morro.

Bezos

Thiago dijo...

Y hablando de Benito, pq no le dices que me escriba un ratito, una pequeña cartita donde me mande un bezito, jajaj

Bezos, cari.

Barreira dijo...

Sempre se fan as cousas sen xeito nin cabeza e teñen que sair mal a narices.
Pois nada.... paciencia!!
Saudos.

Zeltia dijo...

nada novo.
o pior, coma sempre, é para os que padecen as consecuencias dos que fan mal o seu traballo.
en todos os eidos.

paz.zeltia dijo...

ánimo coa plataforma reivindicativa. a única maneira de facerse escoitar, de acadar algo, é facendo a forza de moitos orientada a consecución de un fin. se non, falar e berrar moito non serve de nada.
orjanisasión (coma no chiste)

Raposo dijo...

Non sei como se arreglan pero parece que tódolos inútiles están nos concellos e despois as cousas saen asi, ó vaiche boa.
Agora ben, tamén me lembro agora dos meus tempos de rapaz e o que me prestaba que non houbera escola ou que esta empezara mais tarde.
Conclusión: nunca chove o gusto de todos.

paideleo dijo...

Tamén lle están facendo un cole novo a Leo no patio do vello. Tiña que estar inaugurado este curso pero polo de agora non teñen cole novo nin patio. A ver se para o ano...

sigo aquí dijo...

tí mentras tanto facéndote famoso, que si televisión, que si faro de vigho... mi ma...

Anónimo dijo...

Rajoi a anonimo,que razon lleva usted,es dificil meternos a todos en el mismo saco,gracias a Dios,pero tranquilo que ya esta avisado SUPER ZP.

Y viene con su talante.

abueloscrisytoño dijo...

Nos vendría bien tu voto, ¿puedes pasar por mi blog?
Gracias, un saludo A.Cris