domingo, 22 de noviembre de 2009

Afán de protagonismo

Hoxe fai catro semanas que teño esta bitácora parada, cousa que me fastidia bastante. E non sería por non ter temas dos que falar, xa que nestas datas voltouse celebrar a Feira de Outono en Ponteareas, o Mes Cultural en Areas coas súas representación teatráis, coráis, grupos musicáis... e algún tema máis que tiven en mente, pero a falla de tempo ou poucas gañas de poñerme diante do ordenador, fixo que desistira ata de intentalo.

Pero un dos motivos que me ten ocupado estes días ten que ver con un problema recente que tivemos co novo instituto. Lémbradesvos cando vos contara aquelas manifestacións que fixemos para a posible apertura do centro, e o encerro e ocupación do Concello durante tres días ata que se solucionou o problema... Que ledicia cando todo se solucionou. Aquela frase da Consellería de Educación, "O centro está totalmente rematado, só lle faltan os accesos..." Como nos venderon a moto, novo engano. Un centro cunha biblioteca sen libros, un ximnasio sen colchonetas nin un simple balón, unha aula de tecnoloxía sen ferramentas, un laboratorio sin unha probeta ou calquera outro tipo de material... e un longo etc. máis.

Intentaren ser breve, pero o tema daría para moito. Ante estes defectos os que fóramos membros da Plataforma de pais afectados, sentímonos na obriga de volver a meternos no allo e dalos pasos para formar unha ANPA e comenzar a traballar para solucionar parte destes problemas. E dende aí comenzaron as reunións cos pais, coa directora do centro, co Concello... Canto máis avanzaba, máis problemas lle topabamos e o peor, non se lle vía solución. Á directora déranlle os cartos normáis coma a calquera outro centro, e con iso tiña que poñer o centro a andar, ata tivo que comprar material de oficina e limpeza, algo que non nos parece nada lóxico.

A ANPA xa creada, á cal lle puxemos o nome de Luis Pardo, na honra deste personaxe que tanto loitara para que o centro existise, esixíamoslle a directora que solicitara cousas para o centro, que estaba no seu deber, pero ou porque é novata no posto ou porque non quere molestar, practicamente non movía palleira. Escomenzamos a mandar faxes, correos electrónicos a Consellería de Educación para que nos recibisen, chamadas telefónicas sen resposta. E así pasaron 15 días sen contestación. Como xa estamos dispostos a ir adonde sexa, contactamos directamente cos de arriba (en Santiago), mandamos notas de prensa queixandonos do seu pasotismo. A medida deu os seus frutos, e os xefes de educación de Pontevedra duberon de levar un tirón de ourellas, xa que nos citaron para esta mesma semana.

Nesta reunión, víuselle a súa tensión e as gañas de sacarnos de diante, sobre todo ó Xefe Territorial e á inspectora de zona, que me pareceu unha auténtica maleducada, sempre tratándonos cun aire de superioridade, como se estivesemos un escalón por baixo. A primeira noticia que nos dan e que van a dotar ó centro dunha dotación especial para material de 10.000 €, soltáronno así de principio para ablandarnos, pero xa estamos curados de espanto, e seguimos coa mesma tensión e pasamos a examinar as queixas que levábamos punto por punto. Nalgúns saímos gañando nós e noutros non conseguimos o que queríamos, algo normal por outra parte. Non todo foi tan bonito como pon o Faro de Vigo.

E aquí chegou o punto culminante da reunión, o que de verdade me molestou bastante. Dixéronnos por varias veces que nós non podíamos actuar así, nós tíñamos que comunicarnos coa directora do centro e ela directamente con eles (notábase que estaban doídos), cando lle reprochen, que levábamos máis dun mes facendo iso, e que non víamos solución, que a vemos agora que nos movemos nós, o señorito este da foto, espétame sen deixarme acabar "Ah! vós o que buscades é protagonismo, non vos importa nada o centro..." quedeime de pedra, volvín a reprocharlle que non era así, pero como o señorito tiña que marchar a Santiago, deuse por zanxado o tema.



O xefe territorial de Pontevedra, César Pérez Ares e Dani e maís eu por parte da ANPA, a nosa actitude na foto pode parecer algo chulesca pero estamos fartos de que nos conten milongas.

Xa vedes este grupo leva un mes líado en reunións, visitas ó Concello, facenda, redactando estatutos (que ten a súa lata), etc. e o que busca é "afán de protagonismo..."

Así está a educación neste país.

19 comentarios:

BRABIDO dijo...

"Cun aire de superioridade",,que sepa esta inspectora que quen lle da de comer somos nos.

Unha pena ,por que,realmente o que o estan sufrindo son os nenos.

PRAADIANTE

Zeltia dijo...

bueno, pensa o ladrón que todos son da súa condición.
a sabiduría popular neste caso, da de pleno.

Maribel-bel dijo...

De primeira mán, vivín todo esto, como integrante de unha APA. Realmente foí agotador e sentinme unhas cantas veces a punto de tirar a toalla. Pero..é verdade que a loita é necesaria e non afundirse polos cativos. Biquiños

Thiago dijo...

que cabrones... Como quieran que se ponga un insti en marcha con la dotación normal? Se ve que lo que quieren es que los directores sean los pararrayos y que las quejas no lleguen a ellos. a una directora la saben manejar y tontear pq es funcionaria y menos que ellos.

Hombre, una biblioteca no se crea en un día, pero los libros y el material de laboratorio y el deportivo tenddrían que pesnar en ello antes de arrancar.

Pêro vamos que lo que dices al final es bien cierto, que en este pais (en Galicia y en España, cada una gobernada por un partido pero en eso es igual) la educación no les importa un pijo, y lo peor es que luego les gusta decir que los jovenes de hoy en dia son unos maleducados y unos burros.. ¡asi poder decir aquello de "en mis tiempos..."!.

En fin, penoso, cari. Y loita. TE disculpamos de tu larga ausencia, que por otra parte ya me tenía extrañado, jaja

Bezos.

Deambulando con Artabria dijo...

Claro que tés afán de protagonismo, por iso tes un blog e contas todo isto nel....(tono sarcástico)

Manda carallo!! Vos loitade e oxalá consigades algo.

paidovento dijo...

O outro día deime unha volta polo novo instituto e, a verdade, fáltanlle un feixe de cousas. Non vin todo, pero a biblioteca, por exemplo, daba pena, con todos aqueles andeis baleiros...
Deixaches sen nomear o patio cuberto, no que se forman "piscinas" por non desaugar ben.
En fin, tirade para adiante, que o que non chora non mama.

paideleo dijo...

Aquí queren que todo o mundo apande e estea calado pero hai que pór a funcionar a quen faga falla.
Vós actuades de forma totalmente correcta e lóxica e non tendes que achantar ante ninguén.

Barreira dijo...

Facedes ben carallo!!!. Tiñamonos que levantar todos un dia con ese afan de protagonismo que tendes vos e facerllelo comer. Que vergoña!!
Parece que xestionan cartos que lles caeron do ceo. Hai que joderse.
Eu tamen lles direi aos de Facenda, cando me veñan reclamar algo, que teñen un afan de protagonismo do carallo.
Saudos.

HADEX dijo...

Facedes moi ben, aínda que entendería que este tipo de aduntos acaba por desanimar a calquera....


Bicossssss e benvido!!! (Eu botábate de menos!!)

Suso Lista dijo...

A miña solidadridade. Xa ves a que te tes que enfrentar, cando todos tiñan que axudar aos nenos. Aperta

Thiago dijo...

cari, me encanta verte en esa foto, no he visto mejor plasmación de la desesperación, pareciera que vas, de un momento a otro, a morderle un ojo al .... ¿qué era..? ¿inspector de zona? ¿delegado de Educación? Ay por dios, un personaje, ehhh. que gente tan estupida que les dan una corbata y ya se creen algo...

¿Ellos no tienen hijos estudiando? Ah si, claro, los tendrá estudiando en un colegio de curas subvencionado...

Bezos.

Eva G. Rei dijo...

A razón está da vosa parte, así que non deixedes de reclamar o que é de xustiza.
A descrición do centro que fas lémbrame eses "polígonos industriais" fantasmas, que a Xunta fai por todas partes, que teñen beirarrúas, farolas e rotondas, pero ningunha empresa funcionando...
Os meus parabéns polo voso traballo. Non baixedes a garda.

Carli Sousa dijo...

¿Y yo no puedo ir a alguna reunión de esas? En plan testigo, para demostrarles que el instituto va muy mal (aunque me iban a hacer menos caso que vosotros)
Ellos como ganan su dinero fiesta pero nosotros a cargar con los problemas.

fgul dijo...

Ánimo Carlos!! Xa ti sabes como funcionan estas cousas. ...eles... son eles os que non teñen afán de protagonismo, por suposto!!

Mer dijo...

¿ con superioridade alguén que fai mal o seu traballo? aínda por riba!! se adicaran eses aires en proveito de todos, as cousas irían moito mellor

FORZA!! e a por todas

Raposo dijo...

O que hai é moito mangante en postos de responsabilidade os que lle importa un carallo todo.
Aínda que as veces un teña a tentación de tirar a toalla, ánimo e a seguir loitando!
Apertas.

Chousa da Alcandra dijo...

Moito ánimo. Estas cousas necesitan xente con voluntade e moita paciencia para lograr o que é xusto.
Tede en conta que para os responsables políticos reunirse con vós, escoitar as vosas queixas i esixencias é o seu traballo; así que teñen que aturarvos e atendervos. Claro que queren canalizar o "diálogo" a través do equipo directivo do Centro, xa que para eles é máis doado así. Nin caso. Vos ao voso sempre!
Unha aperta

Carlos Sousa dijo...

Grazas a todos, entendo que compartades e apoiedes a nosa opinión e forma de actúar. Que sepan que non nos vamos a rendir tan facilmente. Xa bastante temos conseguido, pero estaremos atentos e seguiremos a romperlles a cabeza. Polo menos que fagan algo, xa que se calamos, non virá nada para o instituto ata o ano que ven, iso seguro.
Apertas.

mais mais dijo...

como che gusta a popularidade!!!, por certo nesa foto casi non te recoñezo, non sei por que