martes, 8 de diciembre de 2009

A lenda do Fresco e a Quinta da Boa Vista

Sempre me interesou saber algo sobre "O Fresco", personaxe que viviu en Areas na Quinta da Boa Vista, agora chamada Granxa Escola, e que tivo que andar fuxido polos montes da comarca ata que o asesinaran. Parte da miña curiosidade viuse colmada este sábado o ler no "Especial Condado Paradanta" que ven no Faro de Vigo, un reportaxe de Xoan Xosé Pérez Labaca, titulado "A lenda do Fresco (1ª parte)".

Neste suplemento dos sábados, Este profesor e historiador das costumes da terra adoita facer uns reportaxes moi interesantes, e non perdo ocasión de botarlle unha ollada. Como digo, nesta ocasión fala da vida de Manuel González Fresco, o dono da extensión máis grande que temos en Areas, agora propiedade da Xunta de Galicia.

Pois ben, Fresco naceu en Vigo no ano 1886 no seu dunha familia pudente que poseía importantes propiedades das que disfrutou toda a vida. Tiña fama de ter unha excelente puntería, iso era debido a súa afición pola caza e torneos de tiro pichón nos que logrou numerosos trofeos. A súa estabilidade económica e situación social permitíalle practicar estas aficións e codearse co máis selecto da cidade. Asi mesmo era un gran deportista e chegou a ser campión de Galicia de ciclismo no ano 1903. Traballou como corredor de comercio, pero ós vinteoito anos, retírase a súa finca de Areas, a Quinta da boa Vista. Alí racha coa vida anterior e cásase con Nieves Souto Alfaya, muller dunha clase social moi inferior á súa. Este matrimonio nunca foi ben aceptado pola sociedade burguesa de Vigo nin pola súa familia.
Aparte de ser amigo das relacións sociáis, dos deportes, das viaxes, da caza... en fin da boa vida, tamén era moi extrovertido, cordial e xeneroso, virtude que lle acarrexou duras criticas do seu entorno. Converteuse nunha especie de "protector dos humildes" e "pai dos pobres", como aínda lle chaman hoxe en día as persoas que o trataron ou tiveron conciencia da súa vida.
Con trinta anos comenza a interesarse pola política e estivo relacionado coa organización sindical UGT. Despóis xunto con Benito Casanovas foi fundador local do Partido Socialista de Ponteareas, do que se separaría máis tarde por diferencias cos responsables. Conta del o seu biografo Victor Fernández Freixanes "Non era un home de grandes ideas políticas. Tampouco era un lider. A carisma popular que tiña viña dada pola súa xenerosidade sustentada na considerable fortuna que poseía e na práctica social entre os traballadores e labregos da comarca que o idolatraban".

Viaxou a Alemania, de donde regresou moi sensibilizado polos conflictos sociais que este país padecía. Logo viaxou a Brasil, xunto a uns irmáns que residían alí, voltou logo xa que non lle sentaba ben o clima. Nunha visita a Vigo entrou en contacto coas correntes galegas e, ó parecer, tamén con Castelao.

E así remata Labaca o séu reportaxe, deixando o final para o próximo número. Supoño que aí contaranos a súa andaina como fuxido, e o seu posterior asesinato. Tamén supoño que contará por qué a Quinta da Boa Vista pasou a poder do goberno. Según me contaron, o estado conseguiu o terreno en propiedade a cambio dunha irrisoria cantidade de diñeiro e a entrega do corpo á familia, para poder enterralo no cementerio de Areas. De non ser así, posiblemente estaría aínda nunha fosa común, coma tantos outros. Xa vedes, negocios...

Estas fotos sacámolas un sábado no verán saltando a valla, xa que alí non había nadie. Recordoume cando era pequeno e me mandaban ir buscar o leite, en vez de ir á volta polo portal, saltaba o muro que dividía a finca coa casa dos meus pais, sempre con coidado que non me pillase (a bronca era segura). Outras veces, cuns veciños entrábamos e facíamos de exploradores, xogábamos o tenis... É que daquela, aparte de ser centro de educación profesional agraria, dedicábase moito a ganadería. Tiñan un gran número de vacas e os terrenos eran sobre todo para pastoreo e para plantar millo para os silos. Hoxe en día a maior parte do terreno esta cultivado por viñedos e invernaderos, donde cultivan tanto frores como hortalizas, sempre basándose no estudio.


24 comentarios:

Thiago dijo...

Parece chula la casa, no tanto como un pazo, pero bueno, tiene esa pinta de casa de indiano, no? de rico del pueblo....

Eso si, dices que fueron cosas de "negocios" cuando fue un robo y un crimen político, no? fue una expropiación injusta, jajaj Ya sabes como cuando dicen que los gallegos "regalaron" el pazo de Meirás a los Franco.


Bezos.

Carlos Sousa dijo...

Algo así Thiago. Foi todo un "negocio" de aqueles tempos, xogando coa vontade e dignidade da familia.

Zeltia dijo...

carallopáfinca!!!!

a min tamén me gusta moito saber da historia e as historias que están sempre sobre os lugares, casas, nomes...

moi interesante a entrada esta.

Marga dijo...

Existe un libro sobre a historia de este home: "memorias dun fuxido" editorial xerais.

Eu tiven a sorte de lelo cando tiña uns 15 anos.

A quinta da boa vista antes de pasar a mans da Xunta de Galicia e converterse na primeira granxa escola de Galicia foi unha fábrica de fariñas e chocolates.

O corpo do Fresco antes de ser enterrado no cemiterio de Areas foi enterrado noutro co seu posterior traslado a Areas donde as suas fillas se encargan tódalas semanas da limpeza e coidados da súa tumba.

Segun os veciños que oi coñeceron entre eles a miña tia avoa, matárono porque un veciño do lado que o axudou a escapar, delatouno máis tarde, quero pensar que foi por medo a que o mataran e non outra cousa......

Todo isto e máis no libro recomendo a súa lectura.

Un saúdo e segue escribindo.

BRABIDO dijo...

Se non e medio Areas pouco menos,un feixe de Hectareas.Polo que levo escuitado quitaronlle a finquiña por ideas politicas,non sei moito mais,si,como dice Marga esta ese libro que conta a vida do fresco.

Vemonos

Maribel-bel dijo...

Cáusame sorpresa a vida de un home,como o fresco,que podendo alcanzar todo pola súa posición, acabe sensibilizándose coa outra parte do mundo. Oxalá servise de exemplo..ainda que só sexa un recordo. Bicos

paideleo dijo...

Curiosa a historia que descoñecía totalmente.
E ti non te arrisques para regalarnos estes posteos: entrar nunha propiedade allea e con cámara e todo !.

Eva G. Rei dijo...

Moi interesante a historia deste home altruista e benefactor. Mágoa que o mataran.
Por certo, que ao falar da Granxa Escola tamén lembrei cando eu ía alí ao leite, case sempre en bicicleta dende Ponteareas, onde vivía de pequena. Lembro tamén ver as vacas nos establos coas muxidoras postas mentres agardaba a que me encheran a garrafa que levaba. Iso si, eu non saltaba o valo; subía pola estrada que vai á Lomba, pasando por diante do Pousada, e un pouco máis arriba collía á esquerda. Que tempos...

HADEX dijo...

Que interesante historia....e que casona máis chuli!!!

Suso Lista dijo...

Vendo falar a algún político, parece que podería volver a pasar no futuro. Esperemos que non. Apertas

Stultifer dijo...

Los ladrones a veces somos buena gente. Me llevé tu escalera.

Thiago dijo...

jajs ya sabía yo que a Stultifer le gustaría tu escalera, cari, jaja


Bezos.

Carlos Sousa dijo...

Zeltia, pois eche un carallodefinca de 170.000 m2, casená!!

Marga, grazas pola información e polas correccións. Se xa digo, é unha historia tan cercana a nós, e que pouco coñecida é. Tiña que falar un día con túa Tía Lisa, cantas historias me podería contar daquela época.

Brabido, case medio Areas, xa daba para uns chalecitos... non? Vémonos (esta noite pode ser un gran día...eh meu!)

Maribel-bel, se cadra eran uns tempos máis románticos, ou máis duros que daban para o romanticismo.

Paideleo, propiedade allea? Se de pequeno, case que era o dono, moitas horas pasei aí dentro, era moi amigo dos que cuidaban ás vacas.

Eva G. Rei, eres un cúmulo de sorpresas. Ou sexa que tamén ías alí a polo leite e pasabas por diante da tenda de miñas primas, a de Pousada. Estudaches no mesmo instituto ca min. Debería coñecerte a forza, e non me lembro. Debe ser a idade...

Hadex, estou esperando pola segunda parte da historia, seguro que será tan interesante coma esta.

Suso Lista, se cadra xa pasa, non con corpos polo medio, pero pasar, pasa.

Stultifer, anda! o rei das escaleiras por aquí? É todo un pracer, roubos así valen a pena. Un saúdiño galego.

Este sábado, a ver se sou capaz de ler a segunda parte (é que esta noite teño cea cos colegas, jeje.)

Grazas a todos.

Thiago dijo...

Bueno, sabía que le iba a gustar, pq es una escalera y una leyenda muy chula...

Bezos

Beni Lago dijo...

¡Vaites!, xa chego tarde para que contestes o meu comentario en conxunto (un que anda liadillo, jeje). En fin, xa sabes que a min me gusta bastante o que agora é (despois da morte do devandito) a granxa escola, non en vano tirámoslle unhas instantaneas non fai moito tempo (xa perdemos a práctica de saltar balados, jejeje). Realmente non sei a razón de porqué pasou a mans públicas o patrimonio deste señor nomeado hasta a saciedade na nosa parroquia (espero ansiosamente a segunda parte do conto), pero algo de roubo tivo que haber. Como xa coñeces os meus ideais políticos, nada vou a comentar ó respecto, tan só decirche que me encantaría poder ter unhas verbas con éste "altruista"; máis que nada por saber si realmente e merecedor da etiqueta de "mito". Xa se sabe que a xente rica é a que máis mortos no armario ten; en fin, se (como din) tivo que esconderse nun panteón, xa ten o meu respeto incondicional. Un saiduño meu, a ver na cea desta noite que tal o pasamos. Lémbrate que este ano tamen temos que facer a segunda parte de "algo surje". A mamala.

Carlos Sousa dijo...

Tes razón, que traballiño pasamos para saltar o balado, eh Beni!, debe ser o que dis ti. Entón, mirarémonos a noite, pero con xeitiño, que mañán teño que axudar na matanza do porco de meu tío. Bueno, enténdese que o porco non é meu tío, non vaia a ser...

Chousa da Alcandra dijo...

Eu digo o mesmo que Zeltia: carallopafinca!

Unknown dijo...

Non sei como te perdi, mais xa teñote de novo fichado,jeje

Pareceme moi interesante a lenda que contas, e espero ansiosa a ver que pasou.
Bicos

Cuspedepita dijo...

Polo que conta a reportaxe, parece que O Fresco seguiu unha traxectoria na vida abondo coherente, ¿verdade? empezando polo seu matrimonio "pouco convinte" seguindo por esa figura de protector dos humildes, pola súa vida sindical e política... Estaba visto que alguén así non ía rematar ben naqueles tempos.

Moi interesante. Agardo a segunda entrega :-)

fgul dijo...

uhhhhh. Quedo coa imaxe do cruceiro. Impresionante!!

Thiago dijo...

Dios, que galego tan fluido tiene mi Beni, que listo es para su edad, jajaj

Bezos, caris a los dos.

Thiago dijo...

Bah, cari, pero mi Beni me prometió que ahora que tendría tiempo me daría más gusto... ¡con su pluma, claro! jaja perno nada, esta impotente e inescribiente, jajaja

Bezos.

Raposo dijo...

Semella que esa azarosa vida daba ben para unha película.
Apertas.

paidovento dijo...

A este paso, non atopo xa sitio para facer comentarios. Ben é certo que estás feito un vago, case tanto coma min (hai que actualizar o blog).
Eu fun algunha vez á Granxa a por viño, que por certo facíano ben bo (aínda lembro un experimento que fixeron un ano: condado de barrica, que daba gusto saborealo).
Con respecto ao Fresco, debía ser todo un personaxe e, polo que dis, coincidía con Castelao polo menos en dúas cousas: estaban comprometidos cos pobres e naceron no mesmo ano.
Un saúdo.