Bueno, chegou o momento de falar dun lugar fermoso e emblemático da vila; e iso que xa fai un par de anos que deixa bastante que desexar, polo menos xa non van tantos noivos o día da boda a sacarse fotos. Estoume referindo, como non, a praia fluvial de "A Freixa". Lémbrome que de pequeno era un dos meus sitios favoritos para pasar as calurosas tardes estivais. Tamén me lembro de ir polas noites despois de sair de marcha a bañarnos en pelotas; non sei se hoxe en día se seguirá mantendo esta peculiar tradición, pero coido que sí. Imaxínome tamén que moitas parellas "estreáronse" nos seus arredores, xa que ó longo das riveiras do río (que sempre foron de especial atractivo para as xentes de Ponteareas) están establecidos varios "picadeiros oficiais.
Teño entendido que o río Tea (responsable da praia fluvial) está incluido na rede "Natura 2000" da Unión Europea, que destaca os principais enclaves con valor ecolóxico e medioambiental.
Dende principios dos anos setenta a zona da Freixa foi centro de atracción para veciños e visitantes, no sólo pola creación dunha ampla urbanización que lles ofreceu a posibilidade dunha segunda residencia a moitos veciños de Vigo, senón tamén pola creación dun lugar de acampada que acolle nos meses de verán ós amantes do crsosampismo.
A verdade é que se está moi a gusto de baixo das árbores e sentados nas terrazas dos varios "chiringos" que bordean a praia.
Ó longo do río hai máis sitios fermosos, pero de iso falareivos noutro post, polo de pronto disfrutade das fotos, entre as cales, e como non podía ser doutro xeito, está a ponte que cruza a praia, a cal, e como dixen ó principio é escollida como fondo para moitas fotos de boda.
viernes, 1 de agosto de 2008
A Praia Fluvial de "A Freixa"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Eu tamén pasei os meus bos momentos na Freixa.
E increible..., e pido disculpas a todos. Teño 23 anos e o meu primero polvo foi ahí, na Freixa.
antes era "A praia fluvial da freixa " no seculo XXI chamase "Alcantarillado funcional da freixa" O mellor e ir de noite "Ollos que non miran corazon que non sinte"
Pois eu creo que ata estiven nela, non me lembro ben, pero diria que si, en calquer caso nótase que en lugar moi bonito. Saúdos
Pues si que es un sitio precioso, de esos que hay en galicia. En la zona de Betanzos hay uno que se llama Chelo, que me recordó mucho a este.
Bezos.
O paraxe onde se atopa sigue sendo moi fermoso. Vale, xa non está tan limpa coma antes, pero ainda así ten o seu encanto.
Anónimo, non pidas disculpas, é unha sorte para ti, que o disfrutaras.
Reconozo que en Galicia temos moitos paraxes fluviales preciosos, non solo praias.
a merdiña de ponteareas vai toda ao tea esta asqueroso.
Publicar un comentario