martes, 19 de agosto de 2008

Fin de Festas

Xa nos remataron as festas do 15 de Agosto, despois de un fin de semana largo e intenso, voltamos a rutina, bueno ainda nos queda pendente a festa do pito a brasa , entón si que poderemos dicir que rematou de verdade, e haberá que votar unha temporadiña a coidarse un pouco.

Para Beni e para mín, as festas xa nos comenzaron o mércores, pois trasladamos a nosa tertulia a casa do "noso amigo Manolo", que nos convidou a unhas tapiñas de xamón, queixo e pementos de piquillo; e como bó anfitrión non se quedou corto, da bebida mellor nin falar, os "refrescos" estaban de vicio. Tamén estiveron Suso máis o seu fillo, os típicos turistas madrileños que pasan os agostos en Galicia cós familiares, pasamos un rato agradable, lareando e lercheando un pouco (por qué non decilo), a sobremesa rematámola con unha partida de tute, como ten que ser, pobre Beni e Manolo, vaia tunda levaron.



O día 15 ó mediodía no torreiro da Igrexa, o de sempre, a xente toda emperifollada, a procesión cos nenos da comunión, a banda de música có seu concerto e o grupo de gaitas e baile, polo menos isto segue igual. O que tampouco cambia é a "capilla" da Casa Cultural, pois ahí si que corren vermús e cervexas, todo é ledicia nese día, a comida na casa dos pais, os fillos e sobriños coas súas discusións correpondentes, un descansiño pola tarde para ver a Nadal, e a noite a verbena (ainda que solo fora para decir que estiven). No fondo como diría Julio Iglesias "La vida sigue igual".

Esperemos que para o ano siga sendo así, unha festa de aldea, para os da aldea e achegados.

As fotos son da tertulia, da festa non puiden tomar ningunha.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu pregúntome ás veces, ¿e se nos quitan eses días de festa que nos queda?
Tamén é certo que despois dun bo xantar perder ao tute non importa. O espíritu olímpico de participar xa nos fai felices.
Un saúdo e grazas pola visita.

fgul dijo...

...vaia pintaza que teñen eses pementos.

Thiago dijo...

Ay, ahora que teño una cagalera no vexo mais que comidas polos blogs todos...

bicos, cari, a ti y a Beni

Kike dijo...

bueno beni.
sera coincidencia o no esque no me esplico como es que siempre que te veo estas con el vaso en la mano jajaja