jueves, 14 de agosto de 2008

Festa do 15 de Agosto


Xa vamos a entrar na segunda quincena de Agosto, sabemos que o pasar o día 15, o verán casi que vai rematando, pero o 15 na parroquia de Areas é o día da festa patronal, na honra da Asunción da Virxe María, unhas festas que posiblemente van indo a menos có paso dos anos, ou polo menos iso é unha impresión miña.

Cando éramos máis pequenos, esperabamos ese día con gran impaciencia, era o día (xunto có Natal) de estrear algunha peza de roupa, e ir todos chulitos a Misa de 12, despois xantar coa familia onde sempre viña alguén de fora, pola tarde íamos o partido de fútbol, onde nunca faltaba a Banda de Música que antes de escomenzar o partido e no descanso, amenizaba a tarde coas súas pezas. Logo a noite, a verbena, para mín as orquestas dabanme igual (ainda me siguen dando), o importante era pásalo ben.

Recórdome as diferente formas de actúar segun a idade; estaba a xente xa máis maior (da chamada terceira idade), adoitaban sentarse no muro, e non perder detalle do que alí acontecía. Despois os matrimonios bailando os seus pasodobres e rancheras, sempre e cando non tivesen unha filla adolescente, entón disimulaban pero dedicábanse a vixíala, non fora ser o caso... Despois os adolescentes, as rapazas en grupos bailando, e os rapaces dando voltas polo medio da festa, enchendo o peito, a ver cando chegaba a música romántica para pedirlles un baile, e apretarse un pouquiño. E faltabamos os máis pequenos, sempre a correr polo medio e de paso a estorbar as parexas, se tiñas a sorte de ter unha irmán maior, e a pillabas con algún rapaz, sempre podías chantaxeala un pouco, malicia que tiñamos algúns.Según íamos medrando, fomos pasando un pouco da festa, preferíamos marchar a praia ou a outros lados.

Agora doume conta que teñen que seguir estas festas de aldea, para moita xente é unha ilusión, e para a comisión un traballo de coidado, xa que sexa millor ou peor, eles fanno con todas as ganas posibles, buscando cartos onde sexa, traballando todo un ano para dous días de celebracións, aturando críticas, en fin, "chapó" para todalas directivas.

A foto foi tomada no ano 1973 (por mín non, claro) topeina na casa dos meus pais, rebuscando nun mueble cheo de fotos antigas, pasas un rato agradable e ainda te ríes un pouco vendo as pintas da xente e o que cambiaron. Nesta o rapaciño que aparece a esquerda, é o porteiro e presidente do Areas F.S., tamén é o presidente da comisión de festas deste ano (moi polifacético el),para os que o coñezan vese que é igualiño ó seu fillo pequeno. Esas árbores que se miran, xa non existen, talláronos para facer unha pista de deportes, aínda que se usa de aparcadoiro, unha mágoa.

Nada máis, a disfrutalo.

4 comentarios:

Thiago dijo...

jaja, cari, Y cuando dices que va rematando el verano? pero si aún no ha empezado.... jajaja pero es verdad, a partir del dia 15 ya el mar ni el sol es el mismo...

A mi me encanta esta fiesta, mi abuela dice que es "Santa María de todo el mundo", pero claro, mi abuela es un fantasma, para ella decir lo de todo el mundo es fácil, jajaja

Otra cosa curiosa que he descubierto ahora que vivo en Madrid, es que mientras este dia se hacen las 1ª Comuniones, en Madrid se hacen en Mayo, ¿será por el tiempo tb.? pues será.

Bezos pa ti y pa Beni, jajaja

paideleo dijo...

Eu tamén lembro as festas como dis ti. Tamén engadiría o momento das pelexas onde estiven unhas cantas veces.

Lúa dijo...

siiiiiiii aoi fin!!! eu estiven nesa festa ainda que fai moitos anos, recordo que namorei perdidamente dun rapaz de ali, que regaloume unha flor....que tempos!!!!!saudos

tertulias para perogrullos dijo...

Pois non coñecía esa festa, igual para o ano... Saúdos