viernes, 17 de octubre de 2008

Que facer si che morre unha árbore

Que farías si che secara unha árbore? Visto así é unha pregunta que pouca xente se plantexaría, xa que normalmente hai dúas opcións, ou cortalo polo pé para facer leña, ou deixalo ahí ata que un temporal tire con él.

Pois en Mondariz Balneario, por certo o Concello máis pequeno de Galicia (só ten sobre uns 700 habitantes, e 2.5 Km2), tiveron a brillante idea de facer unha escultura con un platanero que estaba seco ou morto. Xa fai bastante tempo, saíra a noticia no periódico, pero aínda non me cadrara velo e xa o tiña esquecido. A todo isto, alguen podería dicirme por qué lle chaman plataneros a este tipo de árbores?

Un domingo de mañán, marchei cos meus rapaces a dar unha volta polo río e a un parque que alí existe, e dinme de bruzos coa árbore-estatua (literalmente falando claro), e podo dicir que o resultado é impresionante. Non tanto pola escultura en sí, que eu de arte pouca idea teño, por non dicir ningunha, sinón polo material empregado e o entorno, coas outras árbores en perfecto estado.

O autor da obra é Perfecto Marcos Romero, un "rapaz" de 76 anos, que como se aprecia na foto, tivo que escomenzar usando a motoserra, para que fora tomando forma a escultura. Aparte de escultor, tamén é pintor e orfebre, e como lín nunha entrevista, quedou encantado có traballo e disfrutou moito a facelo.

Este é o resultado final:





19 comentarios:

lua dijo...

pois pareceme unha idea estupenda, amais e fermoso, bicos

HADEX dijo...

Buf...é unha pasada...e aquí en Lugo tiraron os da Plaza maior cando morreron....

En Baamonde, Lugo, hai unha cas museo dun escultor, Víctor Corral, onde teño entendido que hai unha capilla tallada dentro dunha árbore!!

Anónimo dijo...

Parabéns polo blogue: cun enfoque moi estimábel, atractivo... Alegroume atopalo. E máis con anotacións coma esta última.
Saúdos dun veciño de Areas en Compostela

paideleo dijo...

Preciosa figura. Eu xa a mirara a medio facer hai uns meses indo dar unha volta como fixeches ti.
Ah, os fillos son guapos.

Anónimo dijo...

Parece que paga a pena ir ver eses "plátanos". Se che interesa o traballo coa madeira bótalle un ollo ao último post de Aquam Latam.

Thiago dijo...

A ver, cari... esos dos que se ven en la foto son tus rapaces? pero no tenía ni idea, jajaja. Y por otra parte llamas rapaz al escultor tb... Así que me perdí, jajaja


El caso es que la idea está bastante bien, la verdad, auqneu si el municipio es tan pequeño, igual les hacía falta el sitio,jajaa

bezos.

Thiago dijo...

Cari, no me has contstado... son tus criaturitas? Bezos

Carlos Sousa dijo...

Thiago: sí, son as miñas "criaturitas", xa ves non hai como facelos así seguidiños, je,je.

Tamén che podo decir que Mondariz Balneario e un povo moi pequeno, pero nas décadas dos 50 ou 60, tiña gran esplendor polas súas augas e o Gran Hotel (aparte de 5 ou 6 hotelitos pequenos), ata tiñan previsto que chegara o tranvía dende Vigo. O final quedou en nada, non sei por qué motivos, o Gran Hotel ardeu, ou queimaronno, e o povo caíu no abandono. Hoxe en día está moi restaurado e conta con un Meliá de 4 ou 5 estrelas.

Dígovos a todos que de verdade choca cando ves a escultura, é unha pena que non o fagan en máis sitios.

Imaxínate, como di Hadex, a Praza Maior de Lugo, cós arbores-estatua, tiña que ser unha pasada.

Xano, gracias por aparecer por aquí, votarenlle unha ollada o teu blog, Alégrame saber que hai outro Areas en Santiago.

Thiago dijo...

si, desde luego la pequeña (o pequeño) parece un "ogino", nO? jaajaj Pero mira el mayor asi ya te ayuda. El mayoe es mucho mas guapo que tu, asi que de mi parte felicita a su madre, jaajajaj

Bezos.

Anónimo dijo...

Ola, Carlos
Non me expliquei ben. Se me alegrou tanto descubrir o voso blog é porque é unha ventá aberta ao que coñezo e non teño tan a man coma vós.
A ver agora: saúdos dun (ex)veciño do Picoto e mal xogador do Areas xuvenil.
Seguide así, afortalando esta rede de vivencias.

Carlos Sousa dijo...

Agora enténdote ben Xano, é que as veces móntome cada lío, xa ves ata te coñezo e todo. Toda unha sorpresa que nos vaias topar así de casualidade, e tentaremos seguir contándote como van as cousas por aquí, que supoño gustarache velas.

Bueno, entón só existen Areas de Ponteareas e Areas de Tui, quédome coas ganas de presumir de Areas de Santiago, je,je.

Un saúdo e disfrutar nesa cidade fermosa.

Suso Lista dijo...

Orixinal e bonito. Un artistazo

Thiago dijo...

jaja cari, que bueno tu comentario, la verdad es que mi blog hoy parece una MEMORIA HISTORICA levantada por Garzón. Igual es que le oi esa canción de bob marley a mi abuela mientras la llevaba a comprar sus leggins, jajaja

Bezos

fgul dijo...

Joder!!!

Fermosísima escultura!!! ...e feito dese xeito.

Vaites! Parabens ao escultor e aos promotores do proxecto.

Por certo; xa estou na casa

Saudíños!!

Anónimo dijo...

Mecajonaleche..., estando a metrosssssssssssssssssssss de Mondariz e no me enterei de esa maravilla. Prometo ir a mirala. Pareceme genial. Ricoesanto.

Raposo dijo...

Empezaria coa motoserra pero o resultado final é toda unha obra de arte.
Apertas.

Thiago dijo...

Buenas, gracias por tu ánimooooooooo, eh! Joer, tu eres de los que ayudas al suicida dandole una palmadita, jajajaaj

que no, que no, que no quiero que me salven, jajaaj Bezos

Anónimo dijo...

Un apunte pedante pero solicitado: 'Plataneiros' é unha forma de traducir o galego a forma castelá 'plátano', as dúas veñen do nome latino Platanus que é o nome científico e verdadeiro da árbore (hai polo menos dúas especies deste xénero: Platanus orientalis e Platanus occidentalis; hoxe en día a maioría son híbridos destes dous e son clones dalgún outro, xa que se reproducen por gallos -en castelán esquejes- e non por sementes. Nin o nome castelán nin o galego fan referencia ós plátanos que veñen de Canarias, estes en realidade deberían chamarse bananas.

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Pois alégrome moito de que petaras de narices co meu blog (¡Ben por Brabido!) porque gracias ó teu comentario din con esta maravilla de sitio.

Boa idea a da árbore pero hai que ter as mans que ten ese rapaz para convertir a leña en madeira.