O C.D.Cultural Areas, aparte de militar na Rexional Preferente e estar na parte alta da clasificación (como xa teño dito nalgunha ocasión) e tamén un clube con unha situación económica moi saneada.
Nos seus 41 anos de historia nunca deixou de existir, se ben case sempre xogando en categorías comarcáis, daquela mantiñase sobre todo dos socios que tiña (eran tempos que asistía moita xente da parroquia o fútbol) e de un par de empresas que colaboraban. Hoxe en día, os tempos cambiaron moito, os orzamentos multiplicáronse varias veces, de ahí que houbo que buscar novas formas de buscar os cartos. A opción dos socios hai que engadir a da publicidade, agora xa non son un par de empresas, polo menos no campo da Lomba deben de ter colocadas unhas duascentas chapas publicitarias, que xa xeneran pasta, máis debido a que non se escapa ningunha sen pagar (quen é a directiva para iso).
Outra forma de ingresos que teñen é a celebración do bingo. Este bingo vense a celebrar dende hai uns doce ou trece anos. Cando eu formei parte da directiva xa o facíamos, o sistema é o mesmo que un bingo normal, coa diferencia que se sortean productos alimenticios, tales como aceite, azucar, bacalao... e a veces ata unha toura. Ten cambiado de ubicación varias veces, sempre se busca unha nave que esté desaloxada para tentar pagar pouco alquiler. O mesmo tempo para a xente da parroquia é un pasatempo máis, xa que algunha non ten outra diversión, ou non acostuma a saír moito, sobre todo a máis maior. Que conste que é totalmente sen ánimo de lucro, de feito en Areas agora celébranse dous, un o sábado para o fútbol e outro o domingo para a comisión de festas do verán. O mesmo fan nalgunhas aldeas de ó redor.
Pois ben, esta fonte de ingresos deixou de selo, e con iso vese perigar a economía do clube. Fai unhas dúas semanas a Policía Autonómica intervíuno, si, así como soa. Primeiro entraron dous axentes de paísano disposto a xogar e tomar nota, así que un afortunado cantou bingo, dirixíronse a mesa e identificáronse. Coa mesma o local foi tomado por varios axentes, clausurando o xogo e sen deixar marchar a nadie ata tomar declaracións. Sacaron de ordenadores e impresoras (viñan preparados) e alí mesmo redáctaron o informe, incautaron toda a mercancía que tiñan para o sorteo e precintaron a nave. Algunha xentiña aínda dubo pasar un mal rato. Aparte disto multaron ó Cultural Areas con 18.000 Euros, case nada para un equipo de aldea.
Agora hai unha plataforma de varios bingos da provincia de Pontevedra a recoller firmas para que cambién a lei.
O que está claro que se é ilegal, pois igual actúaron ben, pero por qué non o fixeron noutros anos? Por qué non se meten noutro tipo de fraudes máis grandes que si que enriquecen a xente e estan na boca de todos? Non interesa, vale máis meterse con estes pequenos que o único que fan e traballar para sacar algo adiante.
Xa teño oído (non sei se será verdade) que ata é ilegal vender rifas para un sorteo ou rosquillas a saída de misa, como fan os rapaces para excursións.
A este paso os blogueiros que fixemos o meme do trasteo galego, teremos que ter conta que non nos incauten os nosos productos, ide con xeito.
domingo, 22 de febrero de 2009
O bingo do Cultural Areas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
13 comentarios:
¡que fuerte!! Es que el gremio del juego en este país da mucho dinero, y los que organizan estos sorteos tienen mucho poder.
Parece que no es tan grave como el dinero de las drogas pero debe haber una de negocios turbios que ni se sabe... SEguro que fue alguna denuncia de algun empresario del sector. NO te digo nada la que se monta con las maquinas tragaperras y que hay varios que llevan el monopolio. Y no pasa nada, todos tan contentos....
En fin, como siempre jodiendo a los modestos. No estoy seguro pero creo que los grande siguen teniendo sus bingos en sus estadios. Cualquier dia vienen a por el parchis de mi abuela, jajaaj
Bezos
Xa o teño lido nos xornais nos últimos tempos. Hai varios meses que se comenta isto.
A mín paréceme aberrante.
Na festa do meu barrio subastan prantas para axudar a pagar ás orquestas, tamén fan un bingo na asociación de veciños (que penso que este ano xa non o fixeron).
A policía está onde menos se precisa, dende logo. Van precintar un bingo veciñal pero non se presentan de igual maneira nun botellón e sen deixar marchar a ninguén interrogan e tómanlle os datos a todo o mundo.
Todo isto é burlarse da xente.
Dentro de pouco tempo, cando nos veñan os das comisión de festas pola porta, haberá que pedirlles unha factura polos cartos entregados para a realización das mesmas, tendo que pagar o IVE e demáis.
Coma sempre, mátase ao peixe cativo porque o grande é o que manda no río.
Podían poñer a mesma dilixencia en actuar contra o narcotráfico, a prevaricación nos concellos, os chanchullos urbanísticos, o blanqueo de diñeiro, os paraisos fiscais.
O final os peixes gordos nunca lles pasa nada.
Y el Beni ya no anda por aquí... en qué estará tan ocupado este hombre...que siempre dice lo mismo, cuando tenga tiempo, cuando no sé que....
Siempre me dice lo mismo y ya no sé si creerle... que me va a hacer un dibujo, que va a volver a postear, todo eso... pero nah, lo dice pa mentenernos contentos... jjaa
Bezo
A min os bingos non me gustan, nin con ánimo nin sen ánimo de lucro. De calquera xeito, síntoo polo Areas, que certamente o vai notar.
Un saúdo.
legal o ilegal,vai ser que vivimos nun mundo corrupto e cada ves mais,ou entras dentro do aro ou estas jodido,e certo como ti ben dis, que sin animo de lucro,que eu sepa polos alrededores non hai bingos nin algo que se lle asemelle que esten legales e abelos ailos,campeonatos de tute,talleres de coches,bingos,peluquerias,talleres del metal a gran escala(destes que fan moiños do vento)empresas que se meten dentro dos rios,fabricas de cortar pedra que votan u lodo ,a saber donde .Pois en resumen que si andas ilegal algun dia pode tocarhe unha visitiña inesperada,pero agora depende claro o "pesado" que sea o padriño . Espero que o do bingo do areas e cristiñade que quede en augas de bacayou.E VIVA A CORRUPCION
ostris, parece un episodio de "the wire"
Buf, cando topas coa lei......teliña!!!
Gustoume moito o teu comentario acerca de Binta!!!
Biquiños!!
¿como vai ser que non coñezas a serie? (non sei se a deron na tv, a min pasaronma) tivo varios premios.
http://www.thewire.es/
manda carallo, non o podo crer!!! dende logo, xa dixen eu que os cidadas normais somola pita dos ovos de ouro!!! ladrons!!!
Outra vaca no mainzo,metense cos pequenos e deixan facer das súas aos grandes,andan mal de cartos e ppor eso poñen multas tan altas..
saúdos.
Cari y ahor que vas a hacer que o Benitiño abandonouche...? jajaja A revitalizado el blog arrumakos, jaaj que tio, no será pq no lo animamos... Ya rompió con su novio o que? jajaja
Bueno, como dices tu me debe mi dibuxo.
Bezos.
Thiago, cari, te equivocas... No abandoné para nada a Carlos; más bién será él quien me de la patada a mí, a tenor de la cantidad de post que subo a este blog, jejeje.
De todas formas, las entradas de Carlos son magníficas y tiene una gran complicidad con todos los comentaristas (esto no es peloteo, es cierto), así es que en mi próximo post (allá para el siglo que viene, jejeje), temo no estar a la altura.
Unha aperta, Carlos.
...e un saudiño a todos, gracias por seguir visitándonos. Cada día somos máis.
Publicar un comentario