Alá pola década dos setenta varios granxeiros que xa existían, nunha iniciativa arriesgada xuntáronse e fundaron unha cooperativa co fin de intentar traballar todo o ramo do pito eles sos, sen ter que pagar a outras empresas do sector.
Os principios seica foron complicados, tiveron que facer fortes aportacións a capital, pero seguiron adiante. Crearon o seu propio matadeiro, despois a fábrica de pensos, a encubadora e granxas sofisticadas para a reproduccións dos pitos. Lograron así o círculo pechado que ansiaban nos principios, producindo eles todo sen axudas externas.
A empresa subíu como a espuma, podíase considerar unha das máis grandes do territorio nacional no sector do pito, (daquela Coren estaba moito por detrás e xa se ve a donde chegou hoxe). Chegou a ter sobre uns 150 empregados, traballar en Avigan era sinónimo de ter bo traballo e bos sueldos.
Pero sempre hai problemas dentro dunha empresa grande. Un cúmulo de circunstancias fixo que as cousas empezaran a andar un pouco para atrás. A morte daqueles peixes gordos con iniciativa empresarial, foi un caso. Os socios sucesores miraban as inversións con medo e non arriscaban tanto. Outro factor foi a mala xerencia, os novos xerentes que foron pasando polo posto nunca deron coa tecla adecuada para saír da crise na que se estaba a meter a cooperativa. Outro dato negativo foi a parte técnica en sí, chegou unha época que gastaban demasíado en cada pito que saía a venta, sobre todo nos medicamentos, debido a opinión de un so veterinario que non se quería xubilar nin deixar que nadie lle axudase a buscar solucións ó problema.
E así escomenzaron os problemas. No ano 2004 decláranse en suspensión de pagos seguindo coa actividade. Os obreros, loxicamente escomenzan a facer folgas, protestas no concello, cortes da estrada...
Total para nada. En xulio de 2004 a empresa pecha definitivamente. Xa se vía vir. Os obreros empezan a facer guardias nas naves para que non retiren nada da maquinaria mentras no cobren os seus atrasos. Ante a tardanza, son eles mesmos os que empezan a desvalixar as naves e vender todo o que pode ser aproveitable, dende unha simple caixa de enchufes, ata vigas completas do teito, pasando por portas, mesas... todo o imaxinable.
Co tempo cobraron dos fondos do estado, e deixaron de facer guardias. Se algo quedaba por destruir encargaronse os vándalos, ata houbo un incendio, e o pillaxe xa foi desmesurado.
O outro día decidín entrar nas "ruinas" a comprobar o seu estado. Quedei verdadeiramente alucinado e aquí volo mostro:
Xa vedes, nin os baños se salvaron. A ver para que vale agora esta nave, se queren facer algo no sitio, supoño que terán que tirar todo e escomenzar de cero. Cantidade de millóns tirados. É o que hai, a natureza humana...
lunes, 6 de abril de 2009
Isto era Avigan
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
16 comentarios:
E o que hai. Malos xestores poden tirar por terra en pouco tempo os soños e esforzos de moita xente.
Saudos.
BUuuufffff!! Qué desastre!!
Pois gracias por acercarnos este cachiño de "historia", non tiña nin idea desto....
Do principio ó final, leváchelo a feitiño. As fotos non teñen desperdicio, e a historia galopante da evolución "capitalista" tampouco...
Apertas.
Mágoa que unha vez máis se cumprira aquelo de "besta de todos..." Pouco éxito teñen en Galicia as inciativas colectivas. É unha asignatura pendente que temos os galegos. Mentres teñamos que ir sempre "por libre" para facer algo, nunca nada é.
Montar unha empresa e dificil,oxe en dia case mposible,teño que reconocer o entusiasmo e ganas dos granxeiros pa unirse e formala cooperativa.
Tiña muitos amigo/as en avigan que se lle podian chamar afortunados xa que daquela era do mellorciño do condado.
Que dificil e construir e que facil e desfacer todo
Se non nos vemos que pases unha boa semana santa,disque, mantido.
Refugallos da derrota. Unha mágoa!
Xa non deixa de ser máis que unha lembranza, pero triste para os destiños dun povo.
Apertas, Carlos.
Triste realidade a de moitos proxectos que empezaron ben e acabaron como ti amosas...
saúdos.
Sempre se nos encolle algo no peito ante as ruinas.
Pero nada é para sempre... Os primeiros xestores viviron para saborear o éxito, pois xa serviu para algo.
e, que queres, eu detesto as granxas avícolas; se ese abaratamento servira para que os que morren de fame comesen, ainda bueno, pero útilizar ós animais dese xeito para que gastemos os cartos noutras cousas innecesarias, non ho non, aprecio a iniciativa empresarial, pero non por riba de calquera cousa!
Xa virán outros que atoparán que facer co solar. e os millóns non foron tirados, non, estou ben certa, que varios millóns foron ás contas de algúns.
Esta vez non experimentei un sentimento semellante ó teu cando escribiches. Claro que a mín, fáltanme as túas vivencias.
Comezar cun proxecto non é doado, mais perseverar e mantelo no tempo moitas veces é imposible...
A ver cómo sigue a historia do solar.
Unha aperta.
Antón.
Boa reportaxe, si señor. Desgraciadamente moi apropiada para estes tempos de crise.
mira que somos animais os humanos... que ganariam com destrozar todo assim?
beijos
joer, cari.... es todo un documento gráfico que podía ser una metáfora de la crisis actual. Todo tirado, hecho una mierda, desvalijado por los mismos vándalos que lo levantaron.... No actúan igual los empresario que se dejan llevar por la rapiña?
Eso si, desde luego, como tu dices, estas cosas se deberían aprovechar para otras cosas, aunqu sea para albergues para la gente que no tiene ni un techo donde meterse... En fin, deprimente.
Bueno, cari, pues nada, aquí estamos ya de vuelta pa lo que pueda pasar, jajaj
Bezos
Xa rematou a semana "Santa" e a ver se voltamos a coller un pouco o ritmo blogueiro, que xa vai sendo hora.
Como nota destes comentarios que me fixestes, quédome coa frase de A lareira de Santiso, "a historia galopante da evolución capitalista...", moi boa definición que cadra para os días de hoxe.
Por contra, Zeltia ten bastante razón, pero as granxas de pitos non creo que sexa a cousa máis cruel que existe. Xa non son como antes, os que seguiron adiante cando Avigan estaba a piques de pechar, tiveron que invertir millóns para non quedarse atrás e seguir producindo aínda que agora para empresas como Coren.
Se todolos abaratamentos se usasen para evitar a fome, sería caralludo, niso si que estou dacordo contigo.
Vamos a ver que se me ocurre para a seguinte.
Publicar un comentario