jueves, 30 de abril de 2009

A Romería da Picaraña

Xa falara fai tempo no post "Ruta dos Penedos" do monte da Picaraña, pero a cuestión de repetir tema ven dada porque este venres, festivo nacional, celébrase na súa cume a romería na honra da Santa Cruz, popularmente coñecida como romería da Picaraña.

No tema puramente relixioso, consistía na veneración da Santa Cruz. Pola mañan cedo, saían varias comitivas de distintas igrexas de Ponteareas e outros concellos cercanos, encabezadas polas súas correspondentes cruces e dirixíanse a pe hacia dito monte, para toparse na capela que alí existe (chamada, como non podía ser doutra forma, Capela da Santa Cruz). Alí sobre as doce do mediodía, tiñan lugar unhas reverencias entre as distintas cruces, e permanecían alí ata a tardiña, que era cando voltaban para as súas respectivas parroquias.

Pero a xente acudía alí en bastante número, máis ben a pasar un día de festa. Chegaban cargados con cestas cheas de empanadas, tortillas, e outros alimentos, e tamén como non, cos garrafóns de viño e as botellas de augardente, que xa se sabe, a festa sen viño, como que mitade de festa. Os máis privilexiados, ou máis madrugadores, conseguían atopar algunha das poucas mesas de pedra que ten o monte. O resto levaba a súa mantiña e mantel, e buscaba un sitio maís ou menos dereito para sentarse a comer no chan. Daquela as mesas plegables eran un artículo de luxo. Despóis da comida, unhas lareadas entre as distintas familias, unhas copichuelas, unhas partidas de cartas ou botar unha sestiña eran costumes típicas, había que aproveitar o tempo. Lémbrome de pequeno ir cos meus pais, e mentras eles tiñan a súas sobremesas (máis ben sobre mantéis) os rapaces dedicabámonos a brincar por alí e subir os penedos, como se fósemos uns aventureiros.

Tamén había quen xa ía de vispera, sobre todo a mocedade. Facían unhas chozas entre piñeiros e penedos, e durmían alí, ou iso decíase, porque de durmir, máis ben pouco. Xa se sabe.

Eu fun bastantes veces a pe coa pandilla. Era un día que esperabas con moita ilusión, e facías plans durante uns días antes. Xa subindo (que aínda hai que subir), botabas unhas risas, pero o millor viña estando na festa, a veces tíñamos que emparar de algún da pandilla para que non caíra a revolos (efectos colateráis da "comida"). E logo baixar cara a casa, todos feitiños unhas piltrafas, menos mal que o baixar tódolos santos axudan.

Agora os tempos van cambiando, xa non sei se subirán a mesma cantidade de cruces, supoño que non. Pero no que máis se nota o cambio e na xente que vai a festa. Agora xa non vai tanta xente maior como antes, está todo máis ocupado pola mocedade. Prohibiron a acampada no monte, pero habilitaron unha esplanada que debe estar a uns cen metros da cume, para facelo na víspera. Para máis sorte, este ano ata haberá un concerto a cargo de catro grupos de Rock, e varios Disjeis (ou como se escriba). Ou sexa que o macrobotellón na Piacaraña está garantido, o bo é que a poucos veciños poden molestar. No día seguinte, xa non sei...

Esta é a única foto que teño, a ver se mañan, subo ata o monte e saco algunhas, (subirei en coche)

ACTUALIZACIÓN

Como dixen, hoxe subín ata o monte para sacar as fotiños prometidas, e por desgraza, as miñas sospeitas cumpríronse. O ritual das cruces xa non se debe facer, xa que soamentes había unha na capela, e unhas 20 ou 30 persoas na misa. Algo que relativamente non é que me preocupe moito, pero algo quererá dicir.

O que si é chocante, é ver a pouca afluencia de xente, como pudo ir caíndo así unha festa tan tradicional. Na esplanada que comenten onte, instalaraon varios postos, un bar, un pulpeiro, venta de rosquillas... que me parece que non van facer moita venta. Aí é donde se atopa a mocedade de camping e algunhas familias preparándose para comer. Pero enriba é lamentable, pouco máis parece un domingo calquera do ano. Topeime con algún coñecido da miña época, e concidimos no mesmo, da pena ver todo tan valeiro, ata as mesas estaban desocupadas. E así entre comentarios, "Te acordas cando isto estaba a tope..." ou "E cando quedabas sen comida ou bebida, ías onde fulanito que sempre se poñía naquela esquina, e nos invitaba...", pois así pasoume a mañán e voltei para casa (en coche tamén, claro).

Aquí vos quedan algunhas fotos:





18 comentarios:

paidovento dijo...

O monte é ben bonito. A ver como queda despois do botellón.

Barreira dijo...

E ben raro que unha festa popular se vaia convertindo nun botellon. Ainda é o primeiro caso que vexo.
Por certo, a cruz esta nadiña que ver coa que ensinaches o outro dia.
Saudos e boa ponte.

BRABIDO dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
BRABIDO dijo...

No clero xa estan pensando en facer un ERE,visto que a sua empresa esta perdendo clientes.
E co dia cojonudo que temos.

Anónimo dijo...

Brabido, falas por falar, e que conste asistete a Constitucion, pero pasa por Angoares e veras como cambias de opinion, penso que hasta alucinas, e veras como a empresa medra mais ca nunca. O dito, pasa por Angoares e despois fala, xa esta ben de falar por falar.

Chousa da Alcandra dijo...

A perda da influencia da relixión, unida á grande oferta de diversión noutros ámbitos que existe hoxendía, fixo que se perdesen tradicións que -ademáis do matiz relixioso- tiñas unha clarísima vertente festivo-pagana-gastronómica.

En Antas tamén había algunhas festas dese tipo que actualmente xa non teñen nin a escasa afluencia que ti amosas que ten a Romería da Picaraña.
E si, eu tamén lembro algunhas con certa ledicia, como a do Cristo de Santa Mariña.

Apertas

HADEX dijo...

Hai anos que non acudo a unha romería...ten razón Chousa, pola zona de onde son eu sucede o mesmo, aínda que recordo algunha, nos Ancares, absolutamente pagana, (como que era en honra dunha fonte) sendo eu pequena...

Fermosas fotos.
Bicossss

BRABIDO dijo...

Anonimo, bonito nome,non é falar por falar, é escribir por escribir.e de momento que eu sepa temos liberta de expresion.
En vez de poñerlle tanto interes e criticar os comentarios dos demais, limitate a facer un sobre o asunto en cuestion.
Vai pensando en cambiar de nome, eses son os que falan por falar,porque nunca sabes quen fala.
Se non che gustan os meus comentarios no nos leas,e punto pa gustos colores
E logo ¿non seras do clero?

pradiante

paideleo dijo...

Mui boas fotos e o sitio é precioso.
Tan cerca como estou e só lembro de ir nunha ocasión á Picaraña e non de romería.

Thiago dijo...

joer, cari, que animación hay por aquí, con polémica incluida. Bueno, yo no me meto. Pero si que parece lógico ver que las maneras de divertirse han cambiado. Que antes era un dia especial una romería cuando no habia tele ni discotecas ni nada de eso, supongo. Eso si, me gustaría saber donde meabais y cagabais, jaajaj que eso te faltó explicarlo. Al fin y al cabo esto que cuentas de las romerias es que eran como los botellones de ahora que no nos dejan hacer a los jovenes pq ponemos todo perdido, por lo visto, jajaa.

Las fotos son muy bonitas y hay unas escaleras que le gustarian mucho a Stultifer, jaja

Bezos.

Uxio Fernández Martínez dijo...

moi bo sitio, moi interesante...felicidades , excelente traballo!!

Thiago dijo...

Cari, he visto con preocupación que ha habido un accidente donde viajaban niños que jugaban voley de Ponteareas, no? Y que había muerto uno, me parece, no?
Bezos.

Anónimo dijo...

Bueno Carlos, bueno. En esta ocasión, sin que sirva de precedente, no le voy a dejar unas rosas con espinas. Me gustó la manera como enfoco usted los azotes que le di a Chousa, ese reprimido picaruelo. Pero no se fié, en cualquier momento, puedo aparecer de nuevo para decirle unas cosillas que de momento quedan solo como apuntes en mi libreta privada. Siga usted así de alegre, que la sonrisa es muy sana.

Lúa dijo...

me encantan las fotos!!!bicos.

vermella dijo...

é unha pena que se perdan estas tradicións,acordeí a romeria de san Adrián do mar en Malpica e tereime que informar da data para poder ir este ano,cando era pequena íamos toda a familia,pais,fillos e avós e co xantar nas cestas pásabamos un día estupendo..xenial traballo este que fás para dar a coñecer un lugar tan bonito..
bicos.

Unknown dijo...

mi primera impresion fue impresionante como si fuera en vivo y directo recordando viejos tiempos ya que ahoraestan cambiando las cosas

busto.agolada dijo...

Impresiónanme as rochas tan enormes e non me extraña que vaia esmorecendo a tradición. A xente de agora somos menos crentes que as de antano. Cremos máis no mercado, no consumismo... Os templos de agora son os hipermercados e as zonas de marcha.
Saúdos e unha aperta.

Thiago dijo...

Bueno, veo que las cosas se han apaciguado y han vuelto a sus cauces, al cauce del río y de la puente, jaja.

Es verda que es una pena que se pierdan estas tradiciones, aunque sean religiosas, pero yo casi prefiero que se pierdan a ver esas lamentables escenas del Rocío, p.e. con la gente matándose por tocar a la virgen...

fiestas si, pero laicas, jajaaj

Bezos