Fai unhas fechas parte da miña familia foi andando ata o Santuario da Franqueira. Non coincidía coas fechas das romerías que alí se fan, unha a das Pascuillas, que cae sobre Mayo e outra na honra da Virxe en Setembro. Nese día cantidade de xente vai en peregrinación a pé. Dende Ponteareas o percorrido dura entre catro e cinco horas, pero hai quen ven de máis lonxe, Vigo e arredores. Eu fun o mediodía a buscalos co coche (parece que me levou algo menos que esas catro ou cinco horas), chamarédesme vago, pero non podía ese día. Cando sexa a fecha en sí, irei seguro, non polo acto relixioso que iso conmigo casi que non comulga, se non por coñecer o percorrido e ver un pouco a parafernalia que alí se monta. Dixéronme que fan unhas ceremonias moi bonitas entre as distintas comitivas que se achegan coas súas vírxenes e cruces.
Pero hoxe quería comentarvos un pouco algúns detalles que vín na igrexa (moi bonita por certo), pero que me chocaron un pouco. Nestes tempos en que se está poñendo tan de moda a palabra "austeridade", escoitámola en tódolos lados, pois o clero ten instaladas unhas modernidades na igrexa que nin eu no meu salón da casa.
Xa de primeiro é chocante o dos cepillos estes que antes eran de veliñas e prendíanse previo pago dunha limosna, cada un daba o que quería. Pois no, estes modernos, de luceciñas ó introducir a moeda encende as que lle corresponde. Iso sí, non admite billetes, ¡xa era o que faltaba!. Esta historia dos cepillos xa a vira no blog de picota y cepo, donde comenta moitas burradas que se fan coas igrexas románicas e outros feísmos.
O confesionario-semáforo, supoño que terá un pouco de lóxica, cando algún cura estea confesando, estará en verde, e si está durmindo ou descansando dentro estárá bermello.
Estes dous exemplo, dende logo, non os quero para o meu salón da casa, estes seguintes non me importaría nada telos:
Nunha parede do interior, topámonos con este pedazo de televisión de plasma, non entendo o motivo polo que está ahí, xa que a igrexa non é tan grande e está situado a escasos metros do altar. A non ser que a usen para ver algúns partidos ou telenovelas para maior afluencia de xente as misas.
Co reproductor este pasa outro tanto, este debe ser para que o cura mentras da misa poida ver algo, xa que a pantalla está dirixida hacia él.
O máximo, un ordenador en pleno altar, ó lado do púlpito. Se aínda fose na sacristía ou nunha oficina, tería un pase, pero no medio e medio da igrexa, xa me diredes que pinta.
E claro con tantos aparellos dentro, hai que poñerlle unha alarma, e non tiñan millor sitio para poñer este carteliño tan bonito, tan típico de chalés e empresas, que a fachada principal da igrexa. Se o importante debe ser darlle un toque de modernidade.
Pois xa vedes, estes son algúns exemplos da vida austera do clero e achegados.
A próxima entrada da Franqueira, irá sobre outros temas, que hai unhas esculturas de pedra moi fermosas.
sábado, 15 de noviembre de 2008
O Santuario da Franqueira: A austeridade do clero
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
10 comentarios:
ja, jaa, está genial, se ve que esta parroquia tiene dinero... que modernidad. Mira dile a Beni que se vaya allí a chatear "con todo dios", jajajaa
El caso es que espero que los de Securitas Direct vayan en coche pq si van a pie, cuando lleguen alli los chorizos ya se llevaron todo, jaja
Bezos.
Y el Beni ha dado señales de vida, mira tu, jajaja
manda carallo, niso si modernizan, diaños...ah! miña nai deu clase en Ponteareas fai anos de mecanografía...bueno, bicos.
Acabo de pasmar co post. ¡MANDA CARALLO!... Agora si que sinto pena de non aproveitar aquela beca que chegou á minha casa do "colega" Suquía cando era arzobispo de Compostela. Entón si que ía ter tempo para postear cada día e disfrutar do blogomillo.
Unha aperta e Grazas CARLOS polas visitas.
Acabo de flipar, sobre todo co do pc ahí no medio, no altar, e o confesionario con semáforo, miña nai querida!!
O demáis bueno, pode ter a súa explicación, a tv e o reproductor para as misas moi concurridas e que a xente de atrás a poi ver, tal e como se fai nos concertos, e o da alarma para preservar as modernidades dos ladróns.
Saúdos
Carlos, eres un encanto y esto no es por tirarte los tejos que no tengo nada que hacer contig, pero felicita a tu mujer de mis partes... jajaj Es que no dejas ni un post sin comentar, siempre poniendo un punto de vista moderno pero sin acritud.
Me da envidia tu hijo - y espero que sepa la suerte que tiene- que se criara en un ambiente tan tolerante con un padre tan enrrollao, ajaja salvo que seas como dice mi madre de mi padre: "muy simpatico fuera pero en casa..." jajajaaja
Bezos.
Queda claro que o párroco desa Igrexa é un vangardista total.
O do semáforo no confesonario é tremendo!
Co ordenata no altar o cura parecerá un dos presentadores do telexornal jajaja
Flipando quedei tamén.
Unha aperta dende a Chousa
Xa vedes, moi moderno e vangardista. Cumpre o millor unha explicación para que non se enfade ninguén. Poreina dentro de un ratiño, cando teña algún momento libre.
Thiago, Beni debe de andar por alá por riba, a ver si da chateado (non sei se con todo Dios ou con quen), xa que o teño desaparecido outra vez.
E non coñecía esa faceta túa de adivino, pregúntalle a miña muller e o millor contéstate como dí túa nai, jaja. Vaia risas se botou onte cando leu o teu comentario.
Gracias a todos, saúdos.
Alucino!! :OOOOOOOO
¡Buena tropa de "irmandiños"! ¿A todos los llevaste en tu coche? ¿No sería una "fragoneta"? Pues que a virxe da Franqueira te bendiga rapaz...
Sobre el clero y sus "miserias", ¿qué me vas a contar, que yo no sepa? Pero de todos modos, tu reportaje me deja pasmado. Cuando ya creía que la Iglesia no podía sorprenderme, va y se supera. Lo del ordenador y la pantalla de plasma... Tal vez lo próximo, sea la "misa digital" por Internet, y los donativos: "se admite VISA".
¿No era el hijo de su Dios, que a la vez era Dios mismo, el que arrojó a los mercaderes del Templo?
Visto lo visto, y lo que todavía nos tocará ver, me quedo con las "meigas".
Salud y fraternidad.
Eso é equipamento como Deus manda. Claro que, o cartel da alarma pretende espantar aos pecadores que rouban. E non deberían ir á igrexa confesarse, logo???. Claro que con un semáforo no confesionario non sei eu.
Saudos.
Publicar un comentario