miércoles, 26 de noviembre de 2008

Isto é o que hai

Vamos a ver, o anterior post xa me aburre un pouquiño, non en sí polo que escribín, senon porque levo unha semana sen publicar nada distinto, e o peor, é que non se me ocurre nada interesante que poida cadrar no noso blog. Si, "noso", porque somos dous, soamente basta con ver os retratos da marxe esquerda da bitácora. Con todo isto, non lle estou a botar a bronca a Beni (parece ser que ultimamente estou un pouco agresivo), simplemente estoulle recordando que non se esqueza, que isto está un pouco valeiro, e se lle bota de menos. A este blog faille falta ese toque que só sabe darllo el. Ou sexa, que xa sabes, ponte a currar e deixate de chorradas e escusas. (xa ves, dedicaronte unha poesía e todo, iso non llo fan a calquera)

Como me dixeron, máis ben recordoumo Thiago que puxera un post ou algo, pois aquí estou. Cando non sabes que dicir (adoita pasar cando colles un taxi, ou nun ascensor cando coincides con alguén, ou simplemente cando non tes nada que dicir) o normal é falar do tempo. Pois haberá que botar man da solución. Aquí en Areas escomenza a facer algo de frío, supoño que como en tantos lados, pero máis ou menos vaise levando, de momento aínda non neva, bueno, de feito debe levar como uns 15 anos (ou máis) sen facelo, pero xa que temos que aturar o frío, pois uns copiños de neve non viñan nada mal. A verdade que uns copiños, ou copiñas, sempre son de agradecer.


No fútbol sala, vainos bastante ben. Dende a nosa cena de confraternidade non perdemos partido, todo un logro, unha hazaña, a verdade é que só gañamos un e empatamos dous, pero creo que é a racha máis grande que levamos sen perder, iso para nos é moito. Xa temos os rivales tremendo e con medo de enfrentarse a nós. Na clasificación xa vamos novenos e subindo.

En fútbol, xa facía tempo que non falaba do Cultural Areas, caiu derrotado contra o Ourense B, e como poñía no Faro de Vigo, "El Cultural Areas baja de la nube", a verdade que unha aldea como esta tivera o seu equipo lider na Rexional Preferente era moito. Sobre a crónica do partidos dos cadetes que queden de facer, pois ahí tamén me quedo sen palabras, non sei moi ben como redactala, máis que nada porque non fun o partido, e o máis triste é que aínda non sei como quedaron. Terás que perdoarme Mer.

O que si fun a mirar, foi o partido do meu fillo, que xoga no Condado en categoría infantil. Iso sí que foi unha festa, victoria por tres a un, nada máis e nada menos que contra o Celta, o outro equipo meu de toda a vida. Malos tempos para o Celtiña, agardemos que veñan millores.

Vou rematar isto, que máis que tétrico estame a parecer patético, perdoarme, pero algo había que poñer. Polo menos a ver si a foto esta sacada no verán, do noso río Tea o seu paso pola ponte romana das Partidas vos gusta algo máis. Un saúdo a todos.

8 comentarios:

Lúa dijo...

boas, po eiqui as temperaturas baixando e as montañas cerquiña cheas de neve xa...fai un frio de "carallo", bicos!!

Mer dijo...

carai, como estás!!

Bueno, infórmoche de que o equipo do meu irmán gañou, non fai falta recochinarse pero gañaron por 5 a 1, síntoo polos vosos nenos, que seguro que tamén merecían a victoria.

Hai que ver estes rapaces que levan xogando tantos anos e loitan con toda a súa forza ata chegar a chorar de rabia cando comenten algún erro nun partido. E van entrenar baixo a chuvia, baixo un frío do demo ou baixo unha ola de calor que tén aos país suando mares nas gradas sen poder mover nin unha perna.

Un día terei que adicarlles un post a estes homiños que teñen moita máis disciplina que moitos adultos no seu traballo.

Saúdos.

Thiago dijo...

Pero mira, cari, pues este post está muy bien, si no haca falta mas, me encanta haberte animado.. Un post puede ser sobre cualquier cosa, como dicen en el cole, sobre una mosca que pasa, lo imporante es que es personal, y que te acerca a los que te leen... Es humano y tu blog es muy cercano, hablando de tu amor a tu mujer a tus hijos y a tu pueblo...

Y la foto es preciosa... ya ves. Asi que me ha encantado, aparte de lo mucho que me gsuta que me citen, jaajajaj

Le leiste a Beni mi poesía en el otro post? Me extraña que no venga a contestarme o darme una torta, jajaja

Bezos

paideleo dijo...

Sempre hai épocas baixas de inspiración; pero non pasa nada.
Un saúdo dende a veciñanza cun frío que lle chegha.

Anónimo dijo...

Acabo de botar unhas risas cun dos comentarios a esta entrada, ja ja ja. Sempre podes falar de política que tamén se che da moi ben... Por aquí hai muito cariño e amor, ja ja ja. E moito peloteo

Carlos Sousa dijo...

Lúa, dimo a mín se fai frío de carallo, que polas mañáns flipo no chollo.

Mer, moi bó comentario, como xa che dixen, a ver quen lle dedica un post a estes homiños.

Thiago, gracias polos ánimos e por lernos sempre, pero tampouco te pases que non é para tanto.

Paideleo, calro que hai épocas baixas de inspiración, termos que ilo superando con algunha chorrada como esta.

E Granitos e mármoles, pois que queres que che diga, aparte de suplantar unha identidade que coñezo perfectamente, o millor tes algo de razón, aínda penso que non tanta. Pero si botaches unhas risas, pois xa é algo. Alégrame que este blog polo menos vala para rir un pouquiño. E estou desconfíando quen eres, jaja.

Chousa da Alcandra dijo...

Había que pasarlle o voso remedio a D. Ramón Calderón para non perder partidos (él púxolles "algo máis" enriba da mesa aos seus pobriños traballadores para motivalos...)

No referente á inspiración para postear, tampouco te comas moito o coco. Non permitas que se convirta nunha obriga, senón vas mandar o blog ó carallo!.

Unha aperta dende Antas

Carlos Sousa dijo...

Chousa de Alcandra, deches no clavo, pobriños traballadores..., nunca millor dito. Que vida máis complicada levan nestes tempos de crise. Menos mal, que o elmento ese que teñen como presidente, vaille sacar as castañas do lume cunha boa prima, senon non chegarían a fin de mes.

E non me como o tarro para postear, eu era para estimular a Beni, o meu socio nisto. E deu resultado.