Antía Lorenzo Garrote é unha rapaza de Areas que me sorprendeu o outro día cando me mostrou unhas fotos no móbil duns cadros que pintara. Como xa teño dito moitas veces, de arte non entendo nada, pero parecéronme bonitos e orixinales, máis que nada porque fora unha idea propia, non os copiara doutro cadro. E alá me fun coa miña cámara para retratalos e retratala (aínda que a ela non gusta sair nas fotos, eu inmortalicenna antes de que sexa famosa).
Alí contoume que tiña interés pola pintura dende moi pequena, sempre estaba garabateando, e por iso escomenzou a estudar pintura ós cinco anos. Sempre estivo namorada das obras de Van Gog, o cal e o seu pintor favorito, con moita diferencia. Del tomou a idea dun destes cadros que mostra. Estes dous exemplos están realizados en acrílico, aínda que agora xa se atreve con outros materiáis e con lienzos máis grandes. Cando o remate veremos o resultado.
Por outro lado, Antía ós seus quince anos, é unha razapa moi destes tempos modernos, moi comprometida coa sociedade e co medio ambiente, ata o punto que as veces considero senon lle vai dar un telele un día destes, xa que é moito. Cadrounos falar o outro día de todo isto un pouco, e quedei alucinado coas súas ideas, unhas ideas que o que máis e o que menos as comparte, pero que sabemos que realizar todo iso ven sendo pouco menos que unha utopía. Pois ela está seguriña que poderíase conseguir. Como lle dixen o final da conversa, a ver se cando sexas presidenta do goberno (porque iso e outra, métese en canta asociación hai, e foi elexida represante dos alumnos do consello escolar), logras poñer todo iso en práctica, sería unha marabilla.
Velaquí estes dous exemplos da súa obra que lle inmortalicen neste blog. Que se lembre cando sexa famosa que fomos os primeiros en falar das súas dotes.
martes, 2 de diciembre de 2008
Antía Lorenzo Garrote
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
12 comentarios:
Pois dille da miña parte que o fai mui ben e que precisamos de xente nova coma ela: con gañas de facer cousas. Exemplos como Antía fan que aínda crea na especie humana.
vaia!!! unha artistaza!!!encántanme os debuxos!!!!! e vexo que ten moitas cousas boas na cachola, os meus´ánimos e bicos a ela e a ti por presentala!!!!
Pues es verdad que son muy chulos, eso si, tiene que usar grandes formatos que es lo moderno y encontrar su propio camino, pq el segundo no se pero es "demasiado" Van Gogh!
Pero la cosa pinta bien, jajajaa. Tiene mucha gracia y estilo. Enhorabuena, y a ti tb. que vas a ser su descubridor y lanzador, jaaj
Bezos a ambos y ya puestos a Beni.
...non teñen mal ningún. A arte debería formar parte de todos nós, de toda a sociedade. Ninguén debe vivir sen arte.
Buf....que chulada!!! Noraboa a esa rapaza, unha artista!!
oes, pódeselle mercar o cadro da torre eiffel????bicos xa me diredes!
Con quince primaveras ten que crer nas utopías, se non botaríase a chorar direitamente. Pero como di Paideleo, cómprenos xente nova coma Antía, con ese nivel de compromiso e de implicación.
No dos pintura pásame como a ti. Son un analfabeto funcional. Pero tamén me atrae do da Torre Eiffel.
vaia é unha mágoa, inda que entendo que non queira desfacerse deles, un bico!
Beni, me parece a mi que tiene muxo cuento... No me creo que la tenga de 20, pero lo que si creo es que tiene unos cojones que ni el caballo de Espartero, que siempre dice que va a volver, a volver, pero yo aqui simpre lo espero, jajaja
Bezos
enhorabuena ANTI!!! sabiams q ibas a llegar mu lejos....si sigues x ese camino, acabarás siendo una artistaza...1 bso mu fuerte de cris y javi
te queremos!!!!!!!!
Ten madeira de artista. É orixinal e coida a estética. Dálle ánimos que ten futuro.
Saúdos
Publicar un comentario