Nun comentario que me fixo Thiago no post anterior, dicíame que Gala na súa columna do periódico "El Mundo", chamáballe o idioma galego "dialecto". Fun buscar o artículo en cuestión, se queredes lelo, pinchar aquí.
Eu, non sou quen de cuestionar a Gala, está claro que é un gran escritor e non se arruga contra ninguén. Que o contido do articulo sexa razoable? pode ser, é unha opinión particular dél. Que houbo tempos que o catalán, o euskera e o galego non se falaban nas burguesías ou cidades? pois si que é verdade, o millor tamén hai que ver porque non se falaban.
Agora ben, que lle chame dialecto o noso idioma, iso si que non. É que nin se pode pensar que é unha opinión particular, xa que é algo incuestionable, está máis que demostrado que temos un idioma propio, que é común co castelan en que os dous proveñen do latín. Penso que é un tema de sobra coñecido, cando era pequeno aínda había quen che dicía aquilo de que viña derivado do castelán, pero hoxe en día non se lle pode permitir a Gala nin a ninguén.
Outra dúbida que teño, a min paréceme que quere decir que o catalán si é un idioma (fala de usar unha lengua paralela) e o galego non. Iso xa sería o colmo, como sempre os tercermundistas de España.
lunes, 12 de enero de 2009
O galego é un dialecto: por Antonio Gala.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
17 comentarios:
Creo que chamarlle dialecto o galego é algo erróneo, porque de todos é sabido que é unha lingua, que igual que o castelán, o catalán o portugues... ven ou deriva directamente do latín. Pero estou totalmente dacordo con Gala de que unha lingua hai que sentila e non falala simplemente por ser máis ou menos progres ou patrióticos e tampouco debe constituir unha barreira entre pobos. A diversificación linguística é cultura , pero non debe servir para separanos de nadie. Cantas máis linguas mellor , pero para facerse entender cos demáis hai que ser un pouco abertos falar a língua que sexa, mais aló de patriotismos absurdos.Non perdamos o noso idioma nin a nosa cultura, pero non nos pechemos a outras culturas simplemente por defender a nosa. É só a miña opinión
JAJA cari, como me gusta inspirar post.
La verdad es que yo no soy muy nacionalista, ya lo sabes. Y Gala no me gusta especialmente como escritor, pero es el únido que escribe en EL MUNDO que aguanto un poco. Me quedé pegado cuando lo leí. Yo no soy de los que va buscando el gazapo en la prensa, pero me extraña en Gala, pq yo lo tengo por un tipo culto. Creo que debe ser un error. No creo que tenga ganas de provocar; no sé. El caso es que me gustará ver si alguien mas se fija y escribe una carta al periodico, jaja.
Hoy mismo yo me cabree con EL MUNDO pq en un ejercicio de manipulación pone: DOS VISIONES DEL CONFLICO ISRAEL-GAZA, y enfrenta a la manifestación en Madrid con ¡¡¡la embajada israelí!!! ¡¡¡¡Una de las partes del conflicto.!!!! Yo me mondo, hay que ser ijoputas, pero que se va a esparar de PEDRO JOTA. Es el colmo de la manipulación y de la estupidez, jajaja Pa ver eso no me hace falta ni llegar a tercero de periodismo...
en fin, bezos.
Pedras pedras: Eu non me centro tanto no que di Gala nese artículo, máis ben me fastidia o desprecio co que trata a lingua galega. Estou dacordo contigo (non no de que cantas máis linguas millor), pero si, no de olvidarse de patriotismos e facernos entender, iso teño clarísimo.
Aparte diso, como xa debes saber, estou orgulloso de que teñamos a nosa propia lingua, e poidamos falala onde sexa e iso que eu falo castelán a menudo, pero me encanta chegar a calquer institución, comercio, etc. entrar en galego e que contesten en galego. E por desgracia iso non pasa en todolos lados.
Por outro lado espero que como di Thiago, se trate dun erro de Gala, un desliz deses que so poden ter os famosos. A explicación valeume, xa me extrañaba a min que leras "El mundo". Eu que te fago a ti escribindo en "El país" dentro duns anos.
Un saúdo os dous.
Hummmmm....cóstame crer que fora un erro......Gala é un home culto pero tamén o é George Stainer e mira as barbaridades que dixo no verán.....Pois nada, a protestar.Non queda outra.
home; dialecto si que é; dialecto do latín, como o catalán, castellano, frances ou italiano.
estes espanhois...
Por certo; Gala di:
"La lengua es una emanación natural -se habla como se respira- o no es nada.Una obligación que se impone, desde luego no es".
Tengo en conta que o Castellano (lingua das terras orixinarias de Castela) foi imposto pola forza en certas zonas como Galiza ou Euskadi, por exemplo... Poderíamos chegar à conclusión de que o Castellano ("una obligación que se impone") non é un idioma porque "no es nada".
Tocáchesme a fibra sensible, ese tema ponme os pelos de punta, antes de despotricar, dicir que a min tamén me gusta o teu blog, asi que agregareino para ver as túas actualizacións, agora xa podo....penso que deberíamos sentirnos afortunados por ter unha LINGUA (non dialecto) propia,unha cultura, unha vexetación, unha gastronomía...propias, moi pero que moi afortunados, e moita xente non comprende esta situación, unha vez vin na tele a unha señora de Ourense que ameazaba con levar ó seu fillo ó cole de Ponferrada porque aqui ensinabanlle galego, e iso era de pailáns.
Para empezar tiñades que escoitar como esa señora castrapeaba e esnaquizaba o seu tan apreciado castelán, pero bueno iso é o de menos.
Esta señora pensaba que ser bilingüe, saber falar e pensar en galego e castelán era de pailáns´...¿é mellor saber falar só unha lingua e mal ou ter a riqueza que nós temos?
Bueno, yo tengo que decir en favor de Gala que me encantó el otro día cuando se cabreó con el tonto de Jaime Peñafiel, y le echó un rapapolvo que me mondaba de risa...
bueno, no he leído si ha habido cartas al director o si Gala ha rectificado, jaja
Bezos.
De dialecto nada, e pode que fora unha expresión mal usada sen intencionalidade.
E como xa dixo Manuel L. Rodrigues e dixo ben si algo se impuxo aquí foi o castelán, lingua foránea e que nola foron metendo pola forza e con calzador durante séculos.
E agora andan os de galicia bilingue coas lerias esas de que se reprime o castelán e tumba que dalle, e tal que sei eu.
Manda carallo!
en fin de "gran escritor" ahora sólo me queda "escritor"...y eso lo hace cualquiera.
Biquiños meu.
Isto debe ser iso que chaman Imperialismo dialéctico ;)
Un biquiño
Estades todos errados. Gala fala do " touriñés ", dialecto ( máis ben idiolecto ) do presidente da Xunta.
Ummmmm, non che sei se falaría do touriñés ou non (que se así fose...léveme o diaño se a rango de dialecto chegaría); pero moito me temo que tamén Gala ten necesidade de polémica para estar no candeleiro.
Pois xa se pode poñer o andaluz co cú revirado e darlle outras tantas voltas aos mil bastóns que seica ten, que o galego é unha lingua tan propia, tan digna e tan igual que o español. E se lle pesa por non ter él máis que unha...que se amole e rille un anaco de perexil, que seica é bo para a dentadura!
Ala, xa me quedei máis acougado.
Qué tal caris? Me ha gustado lo que cuentas de las exposición de "canes" pintados, jaj Había oido del Festival de Cine es que dices tu que van en carros de vacas y tractores, jaaj
A ver si lo contais.. ¿qué tal Beni, ni con wifi ni sin el, eh! Este se nos ha enamorau.
Bezos.
Galego, idioma meu, forever malgré lui (mister Gala).
Estamos coa leria de sempre. Creo que só buscan a polémica gratuíta pois para os filólogos o asunto está clarexado abondo.
Saúdos
Por sorte, que o galego sexa un idioma non depende nin da opinión de Antonio Gala nin da de Steiner, ningunha das dúas son criterios necesarios para considerar idioma a unha língua. Hai factores máis obxectivos e incuestionables, que ambos parecen descoñecer.
Particularmente admiro algunhas das obras de Gala, pero nunca soportei escoitalo falar, así que a súa opinión non é relevante para min, anque me
parece mentira que amose tal grao de ignorancia con respecto á consideración do noso idioma (que falamos e escribimos porque nos peta, por suposto)
Hai xente que pode saber facer un verso ou expresar moi ben as súas verbas nun idioma concreto pero non teñen nin idea de historia, non saben qué é ser bilingüe nin o valiosísimo que é selo.
En fin... non vou discutir nada do que dí este señor porque non hai discusión válida.
A condición do galego de ser idioma, non é algo subxetivo, é o que é, igual que a auga é H2O, e que bata a cabeza contra a parede o quen queira.
Publicar un comentario