viernes, 17 de abril de 2009

Montes de Areas



Nesta pasada ponte da Semana Santa, decidinme a coller a bicicleta e ir co meu fillo a dar unha volta. Tíñamo pedido tantas veces como largas lle tiña dado, así que desta volta non puiden fallarlle, e ala fomos os dous.

Non fomos por unha ruta de asfalto, senón que decidimos tirar polo monte comunal que hai por riba do barrio de Agualevada e vai dar o barrio de Ganade. Esta idea foi por dous motivos; ir tranquilamente por camiños sen perigos e pudendo botar a lingua fora sen que nadie me mirara, e o segundo ver en que estado estaban aquelas pistas que facía anos que non pisaba. Para iso leven a miña cámara, a ver se xurdía algo interesante que plasmar.

Así que deixamos atrás a última casa, e xiramos a dereita onde empeza o camiño, pensei que me daba algo, topeime cunha costeira que parecía unha parede, dalle a baixar piñóns e o final o que tiven que baixar fun eu. Menuda vergoña, meu fillo escarallábase de risa. "Si tampouco é tanto" decíame él, mentras eu malamente lle podía contestar "A falta de costume de andar en bici, isto non é como o fútbol..." (Por non botarlle a culpa a outras cousas como a idade). Despóis desa primera costeira o camiño suavizouse un pouco, e xa fomos máis tranquilamente. Tentei buscar o campo de fútbol do Pardiguel, un campo que había antes de que construiran o da Lomba, e aínda botou uns anos para brincar os rapaces e botar partidos entre parroquias. Ó final quedou abandonado e dubo desaparecer. Non fun quen de topalo. Seguimos hacia a Cabada do Frade.




Nun cruce de varios camiños está esta pedra que sinala, ó parecer, o sitio onde morreu o tal frade, que lle da nome ós montes de ó redor. Tiña oído hai tempo a historia deste frade, pero agora tampouco me lembro (voltaremos botarlle a culpa a idade).



No seguinte cruce de camiños topámosnos con este monstruo de "cruceiro", por chamarlle así. Antigamente existira no lugar un cruceiro propiamente dito, pero fora destruído ou alagado. A Comunidade de Montes decidiu poñer un no sitio do anterior, e esta foi a burrada que se lles ocurríu. Grande si que é, e feo tamén, non ten xeito nin dereito.



Para máis desgraza, ou metedura de pata, aínda lle puxeron esta "lapidiña" conmemorando a súa hazaña.



O que máis me gustou desta pequena ruta, foi este exemplar de piñeiro, a beira do camiño, que saltandose as leis da natureza, decidíu darse un garbeos na súa infancia, para logo medrar dereito hacia ó ceo. Xa vemos que en todalas especies, sempre hai algún exemplar retorcido, aínda que polo menos despóis endereite o seu camiño (en resumen, vaia ó rego).

Rematamos voltando para a casa despóis dunha horiña de bici. Agora prometinlle que a seguinte sería un pouco máis longa, pero terei que ir primeiro co coche a inspeccionar a ruta. Non quero máis paredes desas.

12 comentarios:

BRABIDO dijo...

Xa non sei donde queda o campo ou o que queda del

O da bici e falta de costume eu despois de 25 aniños de nada,toca pedalear,as primeiras voltas sufres e muito,xa logo te vas adaptando

"Cruceiros" dis,eu chamolle postes dunha viña que aproveitaron do contorno,mellor era que non puxeran nada,non joderian a paixase

Ai quen sae retorcido e non endereita (noooooooooo,que tes,mira unha cousiña).

Pero a vida a veces ponte dereito, e se non preguntalle os verdes ja ja ja ja.

deica logo

Barreira dijo...

Vaia.... eses paseos son sempre especiais, porque son moi relaxantes e porque che fan voltar anos atras. Felicidades.
Por certo, o cruceiro tes razón que é terrible. Quen tivera que levar esa cruz ás costas xa morria solo de vela. Velai a diferenza do bon gusto da arquitectura de tempos atras (e que debemos conservar) e os mamotretos que se fan dende que se inventou o cemento.
En fin, ao mellor deica uns anos igual ten moito mérito.
Saudos

Raposo dijo...

Ti tranquilo, unhas cuantas saídas mais e xa estás para ir a volta ciclista.

Beni Lago dijo...

E sen facer ningunha parada no camiño para almorzar, nin nada jejeje. Unha saidiña cada semana non che ven nada mal. Agora que escomenzaches, persiste; elimínanse moitas toxinas do corpo.

...será esta a primeira acción para sobrelevar a crise dos cuarenta... é broma, jejeje.

Un saudiño, brother.

HADEX dijo...

Ostras!!! Que chulada o piñeiro!!

Deambulando con Artabria dijo...

Bueno, eu comprei un bici a semana pasada para facer este tipo de cousas, a ver que me encontro eu.....

Pau dijo...

A idade non perdoa!
O do cruceiro ten toda a pina de ser feito para "chupar unha subvención".

Thiago dijo...

olassss cari, jaja me ha encantado tu descripción del paseo con tu hijo, jaja Y lo de "escarállabase" jajaaj Bueno, desde luego como eres, tienes que salir mas con el en bici, y no solo por tu salud, es que hay que estar mas cerca de los jovenes, jajaj que carallo. Me gusta esa escena familiar de tu hijo y tu paseando en bici por los montes....

Lo que pasa es que nos dejas intrigado, a ver ahora quién carallo era el Frade Groba, ese... no sería uno que hacía algo de música, me suena algo del Maestro Groba, pero igual es de la televisión, jajaja yo que sé.

Y el pino genial, lo que hay que retorcer el alma pa sobrevivir, eh? Quién te verá de turista con la bici, la cámara, y seguro que las bermudas y la visera, jajaaja

Bezos.

Chousa da Alcandra dijo...

E, ademáis da chulada de piñeiro que atopaches, tamén che se nota entre liñas o ben que o pasaches co rapas; á que si?
(Eso si, fas moi ben inspeccionar previamente o percorrido, que amola moito que se rían de que xa non che quedan piñóns que baixar...jajajaja)

Unha aperta

Mer dijo...

Parece unha rutiña ben fermosa.

A árbore torta, estupenda, sempre é mellor o que fai a natureza que o que fan as mans dos homes.

Unha aperta e a seguir pedaleando.

Carlos Sousa dijo...

Brabido A ti pásache como a min, aínda dubeches de ir ó campo do Pardiguel, pero xa non o ubicas ben. Ti siguel pedaleando, xa botaremos unha carreira un día destes.

Barreira Esa cruz había que poñerlla ó lombo a algún que eu sei.

Raposo Que vaian temblando Contador e Amstrong

Beni Cando queiras vamos nos a dar unha voltiña, xa case que podemos escomenzar almorzando, paréceche?

Hadex Máis que chulada é impactante, ata che da un susto ó velo.

Artabria Pois ó chollo, xa nos mostrarás os teus "deambulamentos". Anímate.

Pau Ben seguro que cobraron a subvención, boas pezas son eses.

Thiago Polo menos soache, o maestro Groba e un compositor de Ponteareas, pero é destes tempos, non de hai cento e pico de anos.

ChousaNotábaseme tanto que o pasara ben? Pois sufrín de lo lindo. Menos mal que cando me deu a páxara non me vira nadie.

Mer A natureza supéranos con creces.

Veña, a seguir pedaleando entón.

Anónimo dijo...

Menuda obra arquitectonica o do cruceiriño ese, menos mal que o puxeron no medio do monte iso parece unha burla dos cruceiros de verdade.
Esta moi ben a maneira de contar o teu paseo en bici.
unha aperta de un de Agualevada