lunes, 15 de junio de 2009

Actualización do Corpus 2009

Hoxe luns é festivo local en Ponteareas, o que se lle pode chamar un día para descansar e recuperarse un pouco de tanta festa. Así que parece que vou ter un tempiño para falar do que pasou este ano.

Por primeira vez, a festa do Corpus ten a categoría de Interese Internacional, concedida polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. É a quinta poboación galega que logra este distintivo, despóis das Festas do Apostol en Santiago, o Festival Celta de Ortigueira, a Romería Vikinga de Catoira e a Rapa das Bestas de Sabucedo. Hai que recoñecer que é todo un existo para Ponteareas, a festa poderase promocionar máis, se cabe. Agora ben, tamén terán que seguir a ofrecer máis variedade e non cair na monotonía, ano tras ano.

As alfombras, para os que somos de aquí, parécennos moi parecidas ás de anos anteriores, se ben agora búscanse máis motivos típicos, especies de muráis que teñan un sentido, un tema a tratar. Pero non toda a festa consiste nas alfombras floráis e o que iso conleva, este ano houbo festa para tódolos gustos.



O venres celebráronse varios conciertos de grupos de rock da zona no Parque da Concordia e nalgún pub da vila. Eu estiven vendo un pouquiño ós ponteareáns "Capitan Furilo", antes chamados "O caimán do río Tea".

O sábado, a noite longa da festa, aparte de executarse a confección das alfombras, tamén no Parque da Concordia, actuaron "U2" e "Ac/Dc". Si, non os publicitaron moito, pero soar, saoaban moi parecidos. Son este tipo de grupos que se adican a versionear cancións, e o fan bastante ben. Non son eles pero animan.

Domingo pola máñán, procesión polas rúas, moita sesión vermout, as cafeterías e terrazas a tope. Nada, que se vive moi ben. Pola tarde, carrozas con cativos disfrazados, por certo, moi logradas este ano. E a noite a II Gala Musical de Ponteareas, coa "estelar" actuación de "David Cibera", "La Decada Prodigiosa", na Praza Maior. Non é que sexa música do meu gusto, pero chamou a moita xente. Na praza, que non é pequena, non había un burato. As xovenciñas, e non tan xovenciñas tolas polo "Cibera". "A Decada" polo menos me fixo recordar música dos oitenta. E logo tirada de fogos artificiáis de lucería. En resumen, non estivo nada mal.

E como non, jeje, un pase de fotos das alfombras feito por mín. A música de Lúar na Lubre.

7 comentarios:

paidovento dijo...

Eu non che son moito de alfombras, pero recoñezo o mérito que teñen as da túa terra. A miña muller foi velas e dixo que eran fantásticas. Ademais, as túas fotos non menten.
Un saúdo.

Paz Zeltia dijo...

pois agora sí que traballaches!
;-)
dando conta polo miudo das festas da túa vila.
a min as alfombras parecenme de moito mérito. (non me gusta o tono relixioso, pero sí o estético e festivo)
grazas!

Thiago dijo...

jaja estas hecho un artista multimedia, pero cuántas fotos has hecho? jaja está genial, ehhhhh, hasta la música me encanta.

Tb. entiendo que la gente fuera a ver a David y a la Década, son d elos que animan las fiestas, jajaaj y la gente con tanta crisis tiene ganas de caxondeo

viste a Beni? Bezos.

Paco Penas dijo...

É unha desas festas que sempre quixen ir. Non perderei a esperanza, anque agora o almanaque non me deixa cadrar as contas. Outro ano será...
Xeneroso reportaxe onde se demostra unha vez máis, que a arte non é propiedade duns poucos, o povo tamén ten dereito a manifestarse através dela...

abueloscrisytoño dijo...

Preciosas as alfombras como sempre, o que máis me chama a atención é a cruz cos lagartos e din que tamén ha serpes é certo?
A.Cris

garganta profunda dijo...

¡¡¡ Carliños ¡¡¡....acabo de atoparte¡...mira por onde que vendo o bolgg que teñen os do torneo de futbol sala de Guláns lein un comentario teu....."pinchei", e topei este blogg....QUE CURRADO.

Ánimo

Carlos Sousa dijo...

Paidovento, para o ano que ven non podes faltar. Para os de aquí, xa están máis que vistas, pero sempre me gusta botarlle unha ollada, a ver que innovacións buscan.

Zeltia, é que te me adiantaras. A parte relixiosa eu tampouco lle fago caso, polo de pronto nin me decato dela, ata cando pasa a procesión non lle dou ese sentido.

Thiago, artista multimedia? Cada vez que fago unha corradiña desas, non sabes o traballo que me da. E xa que me deu curre, pois saia ben ou mal, teño que poñelo.

Paco Penas, non perdas a esperanza que o almanaque xa che cadrará. Aí tamén tedes as da Orotava, que é unha vila hermanada con Ponteareas. Eles veñen aquí a confeccionar unha, e os de Ponteareas fan o propio alá. Por certo que os tapices que fan con area do Teide son moi fermosos.

Abuelos Cris y Toño, no cruceiro adoitaban a poñer tamén serpes, pero este ano non vin ningunha, so unhas camisas desas que cambian. Os lagartos que se ven no vídeo tan tranquiliños son de verdade, pero tampouco había ningún que fora dun tamaño xeitoso. Esta tradición ten unha razón de ser, pero agora non me lembro, hei de rebuscala.

Garganta profunda?, para chamarme Carliños, debes coñecerme ben, jeje, xa me contarás que eres, polo de pronto debes xogar en Guláns, non? A ver se nos enfrentamos, aínda que o outro día saín tocado dun pe. O meu curre me da o blog, pero vaise andando.

Saúdos