Isto ven a raíz do que pasou o martes en Ponteareas, nunhas obras da N-120, no chamado cruce de Canedo. A situación é a seguinte, dende hai dous anos está proxectada e escomenzada unha rotonda en dito cruce. Levaba parada unha chea de tempo, xa que hai uns problemas cun regato que pasa ó lado e que queren entubar de calquera maneira. Outro problema ven sendo o trazado que queren facer e sobre todo o acceso a ela dende Canedo.
Pois ben, os veciños levan manifestandose bastante tempo, os venres acostuman a facer algún corte de tráfico na estrada, sin de momento ter moitos problemas e sin que fomento sexa capaz de darlle unha solución. (A obra pertence ó Ministerio de Fomento, e entra dentro dun programa de seguridade víal da N-120, o Concello non ten competencia)
Fai un par de semanas retomaron as obras, os veciños seguiron a manifestarse esta vez ata levaron un burro, e deixaronno as súas anchas a ver que trazado marcaba o animaliño, clara burla hacia os tecnicos que fixeron o proxecto. Ameazaron con parar as obras este martes, e así foi. As oito e media da mañán habería unha vintena de veciños no lugar en cuestión (a maioría entrados en anos), e uns oito ou nove coches da Guardia Civil. "A que se pode montar aquí", pensei, pero quedeime corto. Aproveitando a presenza na zona de patrullas antidisturbios, polo tema da folga do metal (que esa é outra...), algún mando ou mandamáis, requiríu a súa presenza. En nada presentáronse no lugar e sen mediar palabras escomenzaron a cargar e a desaloxar a xente, sen tan siquera fixarse na idade que tiñan, nin na resistencia que poñían. Claro, coser e cantar, nun instantiño desaloxaron todo, co resultado de varios feridos e un par de detidos. Aínda por riba, esíxenlles o pago dos danos causados no material policial. Vamos, para botarse a rir.
Ás veces vese nos telexornáis imaxes de altercados, na maioría dos casos estes elementos agardan ata o límite ou máis do límite para actúar, e teñen que aguantar as súas, casos da violencia no fútbol, folgas,etc. Non quero dicir con isto que os veciños teñan razón, cousa que non sei, pero paréceme un escándalo, algo inxustificable, nin chegaron a medir as forzas, ata debían ser máis que os propios veciños.
Nas foto vese uns claros exemplos da "igualdade" existente.
jueves, 18 de junio de 2009
Antidisturbios? ou máis ben folloneros?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
En vez de ir pradiante vamos pa tras,xa parecen terroristas.
estas cosas me indignan. Los antidisturbios deberían estar para defender al pueblo, no para atacarlo.... ultimamente asistimos cada vez mas a episodios asi, en todas partes y lo peor, es que igual sea que partido gobierne... Malo es cuando alguien se defiende con la violencia.... mira Irán.
Y dios te libre que empiecen con las rotondas.... por donde vivo yo son la plaga, una peste.
bezos
Se fose en Irán, estaría toda a sociedade indignada. Saúdo
Así calquera. Como teñen medo aos do metal van de valentes contra catro paisanos. Enfin...
O perxoaxe mais mediatico, o que más tunda levou..., mirar o Faro de Vigo, foi un fraile, franciscano pa mais detalles... Asombrame que non o lembres e que non salja en ninguja foto cando no faro de Vijo, no mismo episodio, todo eran fotos de él..., pobriñoooooo..., parecia morto, menos mal que recuperou...
Claro que lembrei ó fraile, pero non o menciono porque me parece a parte sensacionalista da noticia.
Non sei se me explico ben, para min o fraile ven sendo unha persoa máis, vamos, que dame máis pena a muller que sae na foto cun ataque de histeria que él mesmo.
A foto que saía no Faro de Vigo era moi boa, pena que non fun capaz de topala, tamén me parece que actuaba un pouquiño, non sei...
buf!!! Son a ostia....reparten estopa a todo lo que se mueve....Eu teño experiencias aló no País Vasco onde como toparas cunha manifestación xa podías saír correndo porque daba igual que tiveras 16 ou 78 anos.....alí levaba todo Diosssss
Bicossssss
P.D. Se algún día ves por Lugo invitareite a ese licor de color.....
Isto é intolerable!!!!!
Preguntome eu se eso que se esconde debaixo de tanto chaleco, casco, porra e demais parafernaria.... se pode chamar persoa, xa que, é o meu pensar, que a unha persoa que se atopa no chan como algún de estes veciños non é necesario seguir aporreando..... non somos animais que pelexan ata a morte por un anaco de carne........
Pareceme triste que a estas alturas as ¨forzas públicas do estado¨ sexan cans de presa a os que seu amo di: ATACA! e ala van, sin pensar nin no que teñen diante.
É que estes forman parte dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
SEGURIDADE DO ESTADO, non dos cidadáns.
Queda claro, non. Pois eso.
Antes de ler, boteille un vistazo ás fotos, e cando lin e vin que eran "reais", quedei alucinada. Como as gastan algúns.
CARLOS, te puedo hacer una pregunta? Tu que programa usas para hacer esos videos con fotos y musica? se lo preguntaria a Beni, pero me esta estudianto tanto, jajaja. El caso es que tengo unas fotos que hice algo con ellas en el WINDOWS MOVIE MAKER y queria ponerle un sonido que grabé con el movi, pero me pide un codec, que no encuentro y me bajé un programa para hacer "videos con fotos y musica" y ya me han timado 3 euros... jajja
Si me puedes ayudar... Bezos.
Parece ser que se vai a chegar a unha solución. Despóis de este martes os veciños volveran a acampar pola tarde no sitio das obras, un diputado deulle garantías de que ían modificar o entubado do regato. Mesmo así os veciños non se fían e deronlle 48 horas para que llo notifiquen por escrito cun proxecto que os convenza, senón volatrán a paralizar as obras.
A ver se non se volven a ver estas escenas pasadas.
Por outra banda, alégrame verte por aquí Marga, Xa temos algún veciño máis de Areas que nos siga. Xa te invitaren a unha cerveciña, jeje.
Son os de Valladolid. E que non saben facer outra cousa.
"Vapordiós"
Saudos.
!Que pena!Estes non son máis que pequenos grandes homes, tan pequenos que se arrestan polo chan baixo unhas ordenes e sen control
Publicar un comentario